Lexisla con Nós

Proposición de Lei para a modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

04/11/2018 12:32
Proposición de Lei para a modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. (10/PPL-000017)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por JuliaSuárez-Vence o 29/11/2018 12:14

A Proposta de Lei cumpre cos requisitos do artigo 122 do Regulamento da Cámara para a presentación das proposicións de leis. Neste caso é un unha proposta para a modificación da Lei 2/2015 do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Para analizar se a proposta segue os criterios de técnicas normativas, pode ser analizada en distintas partes. Comenzando polo título podemos comprobar que se específica o tipo disposición; proposta de lei neste caso. Especifícase que a proposición busca modificar unha lei, cítase o título completo desta e despois se fai referencia ao obxecto do que trata: o emprego público. O obxecto podería levar a confusión con outras normas, xa que unicamente se pretende modificar unha materia neste ámbito; os permisos en relación coa conciliación familiar. Ao comezar a parte expositiva, dado que non se trata dun anteproxecto de lei, non é necesario que figure a expresión “exposición de motivos” en maiúsculas, como sucede no texto. A parte expositiva establece as competencias que exercita a disposición, e as normas nas que ven habilitada, facendo referencia aos artigos 39 e 14 da Constitución, e o 1, 4, 28 39 do Estatuto de Autonomía. Nestas normas se recollen a protección a infancia, a igualdade ante a lei, e a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para establecer unha normativa propia nestas cuestións. Tamén se fai referencia ao Decreto Lexislativo 2/2015 e o VII Plan Estratéxico de Galicia, tratando ambos a igualdade entre xéneros e a conciliación familiar e laboral. Unha vez sinalada a competencia e a habilitación da mesma, o que debe figurar na parte expositiva na que nos atopamos, pásase a determinar os aspectos da lei que se queren cambiar, e cal cales son as formas de facelo que se establecen na proposta de reforma. Así na parte expositiva figuran o obxecto e a finalidade da proposta. O texto queda dividido en números romanos, o que é indicado cando resulta longo, aínda que figuran no lateral en lugar de centrados. Na parte dispositiva non se especifica que modelo de de modificación se está a seguir, nin se marca cal é o texto modificado. No articulado atopamos o obxecto que se está a regular, o ámbito de aplicación e unha parte substantiva que se prescriben dereitos, aínda que non figuren neste orden. Os artigos están correctamente numerados con cardinais arábigos e un título que resume brevemente o seu contido, e os seus subapartados están separados por letras. Non hai marcas de texto fora de lugar, e o contido é o correspondente a parte dispositiva, non aparecendo nela explicacións correspondentes a parte expositiva. A parte final conta con tres disposicións transitorias, unha derogatoria e dúas derradeiras, figurando neste orden, que é o correspondente. As disposicións transitorias teñen un carácter restritivo. As tres que figuran no texto facilitan a transitoriedade, recolléndose nelas a regulación provisional de certas situacións, neste caso o réxime de transitoriedade ata o ano 2022, certas particularidades na aplicación do novo sistema durante a equiparación das suspensións e na ampliación dos permisos recollidos na lei 2/2015. Están redactadas dun xeito preciso no que non se atopan formulas demasiado vagas. Na disposición derogatoria se limita a incluír a cláusula xeral, na que se establece que quedarán derogadas todas as normas que de rango inferior que se opoñan a esta. Non atopamos polo tanto unha lista precisa das disposicións que son derogadas por esta normativa, o que é recomendable para evitar que existan varias normas diferentes cun mesmo ámbito. Nas disposicións derradeiras atopamos un mandato ao goberno para ditar as normas de desenvolvemento da modificación da lei, e o o día da súa entrada en vigor. No seu conxunto, a información que atopamos na parte final correspóndese co que debería aparecer nela. En xeral a redacción resulta clara e comprensible, utilizando un léxico común que resulta sinxelo, o que é recomendable para que resulte accesible a toda a cidadanía. Non se utilizan latinismos, que deben empregarse só cando sexan necesarios, nin estranxeirismos o construcións lingüísticas inusuais. O texto é preciso, e os signos ortográficos o longo deste están correctamente empregados e separados, o tempo que se respecta a concordancia de xénero e número. Tamén podemos sinalar que se cumpre cos requisitos do artigo 11 do Decreto Lexislativo 12/2015 en canto ao uso non sexista da linguaxe.