Actualidade Parlamentaria do Parlamento de Galicia
Noticias do Parlamento de Galicia
2019-02-24T06:39:40Z http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/Contenidogal/rss/AnunciosRss.aspx Copyright (c) Parlamento de Galicia Sharepoint generator Parlamento de Galicia webmaster@parlamentodegalicia.gal Participantes nun intercambio europeo impulsado polo Concello de Melide visitan o Parlamento de Galicia


 
• Foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira

Santiago, 21 de febreiro de 2019.- As persoas participantes no proxecto de irmandamento “Igualdade e desigualdade de xénero na Europa da Conciliación”, impulsado polo Concello de Melide visitaron esta tarde o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Participan nesta iniciativa arredor de 40 persoas procedentes de 6 localidades de outros tantos países europeos: Portugal, Eslovaquia, Polonia, Italia, Letonia e Hungría.
 
Durante o encontro, Santalices explicou a historia e funcionamento do Parlamento de Galicia e respondeu ás cuestións que lle foron plantexadas polos visitantes.
 
Participaron tamén na visita a alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, e a directora xeral de Xuventude da Xunta, Cristina Pichel Toimil.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-21T18:28:00Z 2019-02-21T18:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2852/
Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos celebrada o día 21-02-2019

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 21 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 44217 (10/PNC-003541)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Moreira Ferro, Jacobo e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación coa definición do trazado do treito A Ermida-Pilarteiros da autovía A-57 e coa tramitación do expediente para a execución do proxecto
BOPG n.º 422, do 30.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Fomento que defina o trazado do treito da A-57 entre A Ermida-Pilarteiros tendo en conta o diálogo cos afectados, a fin de que se adopte unha solución que sexa socialmente asumible e na que se teñan en conta as reivindicacións veciñais que sexan técnicamente viables. E unha vez sexa acordado o trazado cos colectivos afectados, axilice a tramitación administrativa necesaria para levar adiante o proxecto”
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-21T14:16:00Z 2019-02-21T14:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2851/
Acordo da Comisión 1ª. Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o día 20-02-2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 20 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40175 (10/PNC-003243)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa revisión da Lei de Demarcación e de Planta Xudicial co fin de ampliar o número de xulgados exclusivos en materia de violencia sobre a muller, o incremento de especialización na materia no resto dos xulgados e o impulso da especialización por agrupación de varios partidos xudiciais lindeiros
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 "O Parlamento insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado co fin de:
 
1.- Incrementar a especialización nos xulgados non exclusivos en materia de violencia sobre a muller, reforzando a formación do funcionariado estatal nos xulgdos con competencias sobre a materia.
 
2.-Promover a especialización por agrupación de varios partidos xudiciais lindeiros onde non se dificulte o acceso por razón de distancia á xurisdición promovendo a comarcalización dos servizos especializados na loita contra a violencia machista, tales como o Imelga (especialmente as unidades de valoración forense), as Oficinas de Atención ás Vítimas e a Policia Xudicial, de xeito consensuado coa Comisión Mixta que existe co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-21T09:10:00Z 2019-02-21T09:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2850/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 20-02-2019

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 45399 (10/PNC-003654)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego en relación coa negociación dun novo convenio colectivo polo Grupo Endesa
BOPG n.º 430, do 13.02.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitarlle ao Goberno de España:
 
1) Que exixa ao Grupo Endesa retomar a negociación dun novo convenio marco, respectando a actual mesa negociadora, e mentres este non se formalice, manter activas as condicións establecidas no IV Convenio Marco.
 
2) Aplicar o disposto no IV Acordo Marco para o Emprego e a Negociación Colectiva 2018-2020 asinado en xullo de 2018 co consenso dos axentes sociais."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-20T14:52:00Z 2019-02-20T14:52:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2849/
Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada o 19-02-2019

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 19 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 45335 (10/PNC-003644)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre a realización dun estudo respecto do impacto do deseño na economía galega. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo sobre o impacto do deseño na economía galega para coñecer con detalle a súa dimensión e, a ser posible, establecer unha comparativa co resto das comunidades autónomas”.

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 38709 (10/PNC-003093)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a competitividade das empresas do sector turístico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1º) Financiar programas de investigación, desenvolvemento, innovación e tecnoloxía (I+D+i+T) que faciliten a incorporación das empresas turísticas galegas á sociedade do coñecemento.
 
2º) Promover accións que doten ao sector turístico, conxuntamente coa Administración autonómica, a un papel protagonista no establecemento de estratexias e accións turísticas.
 
3º) Favorecer a introdución nas empresas turísticas das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
4º) O uso de accións de marketing online para a promoción e mellora turística.”
 
5º) Cumprir as actuacións previstas ao abeiro da Estratexia de Turismo de Galiza 2020."
 
- 43931 (10/PNC-003512)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre o impulso da Xunta de Galicia para apoiar o proceso de implantación e desenvolvemento do novo polo tecnolóxico da Coruña "Cidade das TIC"
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a apoiar de forma activa o proceso de implantación e desenvolvemento do novo polo tecnolóxico da Coruña Cidade das Tic, impulsada polo clúster TIC Galicia en colaboración coa Universidade da Coruña, debéndose acadar o maior apoio institucional para esta iniciativa estratéxica."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 45296 (10/PNC-003642)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para corrixir as deficiencias detectadas no procedemento de concesión do bono social. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para:
 
1.- Adoptar  medidas  que  resolvan  as  deficiencias  apreciadas  no  procedemento  de concesión do bono social para evitar a denegación do bono social ás persoas que teñen dereito ao mesmo, polo mero feito de trabucarse ao cumprimentar a solicitude.
 
2.- Garantir  a  concesión  automática  con  efectos  retroactivos  dende  o  momento  da primeira solicitude no caso de que se aprecie algún erro destas características, sen que se esixa ningunha actuación posterior por parte da persoa interesada.
 
3.- Levar a cabo as actuacións que permitan acceder ao bono social a aquelas persoas que tendo dereito ao mesmo non podan demostrar os seus ingresos por non estar obrigados a realizar a declaración de IRPF, nin percibir pensión, así como a aquelas persoas que non poidan acceder á titularidade dun contrato de enerxía eléctrica, pero si estean a se facer cargo do importe derivado do consumo en virtude dun contrato de arrendamento”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-20T09:55:00Z 2019-02-20T10:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2848/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 26 de febreiro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 19 de febreiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1.  Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (doc. núm, 44223, 10/PL-000012)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 431, do 14.02.2019
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, orgánica de transferencias complementarias a Galicia en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguranza viaria (doc. núm. 44486, 10/PPLC-000012)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 424, do 01.02.2019
 
Punto 2. Comparecencia
 
 37714 (10/CPP-000080)
 Da Sra. conselleira de Política Social, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 46358 (10/MOC-000127)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación da sanidade pública en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 43841, publicada no BOPG n.º 417, do 23.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.02.2019)
 
3.2 46415 (10/MOC-000128)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación do servizo de pediatría no Sistema galego de Saúde. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 41288, publicada no BOPG n.º 397, do 13.12.2018, e debatida na sesión plenaria do 12.02.2019)

Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 41015 (10/PNP-003097)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a atención á saúde das mulleres con perspectiva de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
4.2 41203 (10/PNP-003113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas peaxes das autoestradas autonómicas AG-57, Puxeiros-Val Miñor, e AG-55, A Coruña-Carballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
4.3 41848 (10/PNP-003169)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a reducir o tempo de emisión dos informes das unidades de valoración do Imelga, así como respecto da dotación dos equipos de Pontevedra e da Coruña con máis profesionais e da creación dun equipo exclusivo de unidades de valoración integral do Imelga en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
4.4 44588 (10/PNP-003333)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e a demanda que debe realizar ao Goberno central respecto das propostas de legalización e de normalización da práctica dos ventres de alugueiro ou xestación subrogada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.5 44792 (10/PNP-003349)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 15 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa decisión da empresa Naturgy de pechar a central térmica de Meirama e construír nos seus terreos un parque eólico e unha central de biogás.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.6 45617 (10/PNP-003423)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co feminismo galego e as convocatorias de folga de mulleres de marzo de 2019, así como as demandas que debe realizar á Xunta de Galicia ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
4.7 45754 (10/PNP-003436)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para mellorar as condicións das traballadoras de servizos no fogar e solicitar do Goberno de España a inclusión destas no Réxime Xeral da Seguridade Social e no Estatuto do Traballador, así como que se asine o Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
4.8 45756 (10/PNP-003437)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 7 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia e demandar ao Goberno do Estado para o fomento da inserción laboral das mulleres en condicións de igualdade e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 43899 (10/INT-001440)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
 Sobre o incremento da mortalidade nas estradas galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
5.2 25183 (10/INT-000821)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia para a igualdade laboral e salarial entre mulleres e homes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 14.02.2018
 
5.3 44014 (10/INT-001442)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre o tratamento das informacións en materia de igualdade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
5.4 44310 (10/INT-001449)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre as medidas que debe executar e impulsar a Xunta de Galicia para a mellora da formación continua do persoal dos centros de información ás mulleres
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 46484 (10/POPX-000130)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego de respectar as mulleres que defenden a igualdade cunha folga o 8 de marzo de 2019
 
6.2 46485 (10/POPX-000131)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da necesidade de enfrontar a crise de natalidade que experimenta Galicia
 
6.3 46486 (10/POPX-000132)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación co exercicio por parte das mulleres do dereito á folga o día 8 de marzo de 2019
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 46451 (10/PUP-000225)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as razóns da Xunta de Galicia para pagar os gastos xerados pola vivenda do fiscal xefe da Audiencia Provincial de Ourense
 
7.2 45329 (10/PUP-000221)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto das execucións orzamentarias do Ministerio de Fomento na comunidade autónoma de Galicia nos anos 2015, 2016 e 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
7.3 46428 (10/PUP-000224)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para rectificar a cronificación da precariedade laboral, da temporalidade e da fenda salarial das mulleres
 
7.4 42110 (10/POP-004879)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
 Sobre a valoración pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Estratexia galega de convivencia-Educonvives 2015-2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
7.5 44402 (10/POP-005302)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e 2 máis
 Sobre a avaliación que fai a Xunta de Galicia respecto da educación afectivo-sexual que está a recibir a mocidade galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
7.6 45504 (10/POP-005425)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación da afectividade e da educación sexual en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
7.7 45585 (10/POP-005435)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación da atención primaria na Mariña lucense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
7.8 46483 (10/PUP-000226)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e 7 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da garantía dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
 
7.9 44888 (10/POP-005358)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre o aumento do número de persoas usuarias de comedores sociais ao longo de 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
7.10 45252 (10/POP-005416)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da visita a Vigo realizada pola ministra de Sanidade o día 28 de xaneiro de 2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-19T19:00:00Z 2019-02-19T19:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2847/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de febreiro de 2019

4.2 41431 (10/PNP-003132)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central relativa á defensa da  inclusión  da conexión Vigo-Oporto  no Corredor  Atlántico,  dentro  do Proceso  de  reforma  dos  regulamentos    UE  1315/2013  e  1316/2013  do Parlamento e do Consello Europeo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018

 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia  a que inste ao Goberno  español á defensa  da  inclusión  da  conexión  Vigo-Porto  no  Corredor  Atlántico  dentro  do proceso   de   reforma   regulamentaria   dos   Regulamentos   UE   1315/2013   do Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de  decembro  de  2013  sobre  as orientacións   da   Unión   para   o   desenvolvemento   da   Rede   Transeuropea   de Transporte,  e  1316/2013  do  Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de decembro de 2013 polo que se crea o Mecanismo `Conectar Europa´”.

4.6 44345 (10/PNP-003308)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 19 máis
Sobre o posicionamento do Parlamento de Galicia respecto ao Proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para o 2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda:
 
1. Manifestar  o  rexeitamento  do  Parlamento  de  Galicia  ao  proxecto  de  lei  de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 presentado polo Goberno  de España, por ser uns orzamentos irreais e absolutamente discriminatorios para Galicia.
 
2. Solicitar da Xunta de Galicia que se dirixa aos  grupos  parlamentarios  do  Congreso  dos  Deputados  e  do  Senado para solicitarlles a modificación destes Orzamentos Xerais do Estado para 2019 de tal xeito que, cando menos, se manteña o nivel de investimento para Galicia recollido  na  Lei  de  Presupostos  Xerais  do  Estado  de  2018  e  se  inclúan  as partidas  suficientes  para  iniciar,  continuar  ou  rematar  as  obras  en  ferrocarrís, autovías,  estradas  e  outros  proxectos  comprometidos  e  orzamentados  polo anterior Goberno do Estado.
 
3. Dar   traslado   destes   acordos   ao   Goberno,   aos   grupos   parlamentarios   do Congreso  dos  Deputados,  do  Senado  e  do  Parlamento  de  Galicia,  así  como  á Xunta de Galicia”.
 
4.8 44787 (10/PNP-003348)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Feijóo, Alberto e 40 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa situación de Venezuela.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda declarar a súa solidariedade e o seu apoio ao pobo de Venezuela,   co   que   temos   tantos   vínculos   familiares,   e   ás   súas   institucións lexitimamente constituídas,  nos seguintes termos:
 
1. Que  é  necesario  que  se  tomen  medidas  para  actuar  de  forma  urxente  ante  a situación de emerxencia humanitaria que vive o pais por estes anos de sometemento a un réxime socialista bolivariano que só trouxo pobreza, falta de alimentos e medicinas e unha violencia extrema que xera unha inseguridade permanente con risco cotián para o dereito fundamental á vida.
 
2. Que  apoia  á  Asemblea  Nacional  lexítima  democraticamente  elixida  polo  pobo venezolano.
 
3. Que apoia ao Presidente da Asemblea tamén lexítimo e elixido democraticamente.
 
4. Que  en  Venezuela  debe  iniciarse  un  proceso  de  normalización  democrática,  dando paso  a  unhas  eleccións  libres  con  todas  as  garantías  que  exixe  a  comunidade internacional,  que  poña fin  a  este  proceso  de  réxime  autoritario  que  conculca  de  xeito cotián os dereitos individuais, sociais e políticos dos cidadáns venezolanos; e que dito proceso  debe  facerse  de  acordo  co  que  estableza  a  Asemblea  Nacional  e  o  seu Presidente como representantes lexítimos do pobo venezolano.
 
5. Que  Galicia  asume  o  compromiso,  como  fixo  ata  agora,  de  axudar  aos  galegos  de Venezuela  para  saír  desta  difícil  situación  na  que  se  encontran  e  avanzar  cara  o camiño  da  prosperidade  e  do  benestar,  como  achega  á  recuperación  do  conxunto  do pobo venezolano”.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-13T15:28:00Z 2019-02-13T15:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2846/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de febreiro de 2019


3.3 45124 (10/MOC-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de violencia de xénero. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 39868, publicada no BOPG nº 383, do 14.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“Por eso hoxe solicitamos ao Parlamento de Galicia a que reafirme o  seu  compromiso  coa  igualdade  e  contra  a violencia machista así como coa consecución inmediata dun Pacto galego contra a violencia machista, e insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Impulsar decididamente as medidas contidas no Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero de Congreso e Senado co obxectivo de  combater  o  terrorismo  machista, que  ten  o  seu  caldo  de  cultivo  nunha cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da superioridade do home sobre a muller.
 
1.1. Para isto a Xunta de Galicia comprométese a remitir, ou incorporar como addenda no vindeiro informe anual que se elabora ao abeiro da Disposición Adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, información detallada sobre a concreción das actuacións financiadas polo Estado, de forma que se poida avaliar o alcance da aplicación do Pacto Estatal por parte dos ámbitos implicados na prevención e no tratamento da violencia machista.
 
2. Manifestar a súa repulsa a todas as manifestacións da devandita violencia, o    seu    compromiso    coas    vítimas    e    declarar    tolerancia    cero    cos maltratadores
 
3. Expresar  o  seu   rexeitamento  a   calquera  posicionamento  político  que propugne  a  eliminación  ou  minoración  das  medidas  de  protección  das mulleres  fronte  á  violencia  machista,  así  como  o  drama  social  e  as consecuencias que ten para as vítimas.
 
4. A  rexeitar  a  adopción  de  calquera  tipo  de  acordo,  explícito  ou implícito,  con  formacións  que plantexan a  supresión  ou  redución  das medidas  de  protección  das  mulleres,  dando  así  cobertura  a  políticas irresponsables que levan un altísimo risco de agravar o problema.
 
5. No   marco   do   reforzo   das   iniciativas   para   combater   esta   secuela, a comprometerse  a  impulsar  a  aplicación  da  Lei Orgánica  de  Medidas  de Protección  Integral  contra  a  Violencia  de  Xénero  e  a  Lei 12/2016, do  22  de  xullo, de  modificación da  Lei  11/2007,  do  27  de  xullo,  galega para  a prevención  e  o  tratamento  Integral  da  violencia  de  xénero,  en coordinación    con    todos    os    poderes    públicos,    tanto    locais   como  autonómicos e estatais.
 
6. Para o seguimento por parte do Parlamento Galego, a Xunta de Galicia comprométese a facilitar o punto 1.1. así como un debate anual ao respecto, conforme o comprometido verbalmente polo vicepresidente da Xunta de Galicia.
 
7. Garantir  o  cumprimento   do  Convenio  do  Consello  de   Europa   sobre prevención  e  loita contra  a  violencia  contra  as  mulleres  e  a  violencia doméstica,   coñecido  como  o  Convenio  de  Estambul.
 
8. Iniciar, durante o primeiro semestre do ano 2019, a posta en marcha dos acordos parlamentarios tomados o 12 de abril e o 11 de setembro de 2018, acerca da elaboración dunha macroenquisa galega sobre a incidencia das violencias machistas ao longo do ciclo de vida das mulleres, e dar conta e facer partícipe da elaboración desta á Comisión Permanente de Estudo para a Igualdade e para os dereitos das Mulleres”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-12T20:31:00Z 2019-02-12T20:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2845/
Presidente e vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias efectúan unha visita de cortesía ao Parlamento


 

Santiago, 11 de febreiro de 2019.- O presidente e a vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema Rodicio e Alicia Estévez Toranzo, efectuaron esta tarde unha visita de cortesía ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira.

A visita ao Parlamento enmárcase na rolda de contactos que a nova directiva da Academia Galega de Ciencias está a celebrar logo da súa toma de posesión, celebrada o pasado 20 de xaneiro.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-11T17:17:00Z 2019-02-11T17:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2844/
O viceministro polaco de Emprendemento e Tecnoloxía interésase polo funcionamento do Parlamento de Galicia

• Santalices explícalle os mecanismo de participación cidadá habilitados pola Cámara galega e que se poden facer efectivos a través da sede electrónica, pioneira nos lexislativos autonómicos

Santiago, 11 de febreiro de 2019.- O viceministro polaco de Emprendemento e Tecnoloxía, Macin Michal Ociepa, visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde foi recibido e mantivo unha entrevista co titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita responde ao interese do viceministro por coñecer o funcionamento da Cámara galega, no marco dunha viaxe a Galicia.
 
Santalices Vieira explicoulle a historia, o funcionamento e a composición do Parlamento de Galicia. Detívose especialmente nos mecanismos de participación cidadá habilitados polo Parlamento de Galicia, boa parte dos cales se poden facer efectivos a través da sede electrónica habilitada a finais do pasado ano pola Administración parlamentaria, converténdose así no primeiro lexislativo autonómico en dispor cun servizo destas características. O ministerio polaco de Emprendemento e Tecnoloxía é o competente en materia de dixitalización.
 
O viceministro acudiu acompañado pola embaixadora da República de Polonia en España. Marzenna Adamczyk, e polo cónsul honorario de Polonia en Galicia, Juan M. Vieites Baptista de Sousa.
 
O alto funcionario polaco foi convidado a asinar no libro de honra do Parlamento de Galicia e coñeceu o edificio acompañado polo presidente do Parlamento.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-11T12:30:00Z 2019-02-11T12:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2843/
Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 06-02-2019

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 6 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións

- 42305 (10/PNC-003431)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 6 máis
Sobre as medidas para mellorar o acollemento familiar dos nenos e nenas e adolescentes e o acollemento familiar de menores estranxeiros non acompañados
BOPG n.º 410, do 14.01.2019

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a seguir apostando polo acollemento familiar dos nenos, nenas e adolescentes que estean baixo o sistema de protección co fin de acadar máis do 60% e de impulsar o acollemento familiar de menores estranxeiros non acompañados."

Aprobación con modificacións

- 41353 (10/PNC-003362)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para mellorar as condicións de vida das persoas xordocegas
BOPG n.º 397, do 13.12.2018

Sométese a votación por puntos a transacción coa emenda do G. P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 45461, cos resultados seguintes:

Puntos 1 e 2, aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

Puntos 3, 4, 5 e 6: rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:

" O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Colaborar co Goberno do Estado para a realización dun censo efectivo e real das persoas xordocegas.
2. Dirixirse ao Goberno do Estado para regular, en colaboración coas entidades sociais, a aplicación de todos os productos dun sistema de identificación en sistema braille que indique o contido do produto, así como a instalación de códigos e lectores dos mesmos que indiquen mediante sons de que productos se trata."

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 41230 (10/PNC-003353)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia ao novo centro de saúde da Estrada dunha base para a ambulancia do 061, así como dun lugar de descanso para os traballadores
BOPG n.º 397, do 13.12.2018

Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia, doc. núm. 45485, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar os trámites necesarios, en colaboración co concello, para a ubicación anexa ao novo centro de saúde da Estrada, dunha base para a ambulancia do 061 e para os seus traballadores."

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 42683 (10/PNC-003449)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a exixencia do cumprimento da normativa e dos estándares de calidade exixidos para os centros residenciais e do funcionamento da residencia de maiores de Trives (Ourense)
BOPG n.º 414, do 18.01.2019

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Realizar una inspección de maneira urxente na residencia de maiores de Trives (Ourense), para comprobar o estado no que se atopan as súas instalacións, así como que se cumpre coa ratio mínima de persoa de atención directa en réxime de xornada completa de 0,20 por residente con autonomía, e de 0,35 por residente dependente establecida pola lexislación vixente, así como garantir a vixilancia e o coidado da saúde dos residentes por persoal cualificado para esta función, coa presenza localizada de persoal médico, e coa presenza física de ATS ou DUE as 24 horas, tal e como establece a normativa actual.

En caso de detectar irregularidades na inspección deste centro, tomar todas as medidas ao seu alcance para garantir que de maneira urxente se subsanen ditas deficiencias.

2. Esixir aos centros residenciais que manteñan actualizados, permanentemente, os datos que consten no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais (RUEPSS) en canto instrumento público de publicación e de ordenación do Sistema Galego de Servizos Sociais.

3. Reforzar o labor inspector, incrementando durante a X lexislatura os recursos humanos para vixiar os incumprimentos da normativa ou estándares de calidade esixidos, adoptando en caso de que sexa necesario as medidas sancionadoras recollidas na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

4. Dotarse de maneira urxente dun sistema informático normalizado para a xestión do persoal dos centros da nosa comunidade autónoma co obxecto de facilitar a xestión, e ofrecer información precisa da cobertura efectiva das xornadas de traballo."

- 42789 (10/PNC-003454)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre o número de centros de saúde construídos e que se van construír en Galicia
BOPG n.º 414, do 18.01.2019

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que presente neste Parlamento un informe no prazo máximo dun mes coa seguinte información:

. Relación dos 54 centros de saúde construídos, con data de inicio e de finalización e orzamento de cada un deles.
. Relación dos 20 centros de saúde que se van construír ou ampliar con data de inicio e finalización e orzamento de cada un deles.
. Relación dos 82 centros de saúde novos ou ampliados que se terán ao final de lexislatura, con data de inicio e finalización e orzamento de cada un deles."


 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-07T11:02:00Z 2019-02-07T11:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2842/
Acordos da Comisión Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o día 06-02-2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 6 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 11060 (10/PNC-001153)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a redacción e aprobación polo Goberno galego dun plan xeral de infraestruturas e equipamentos deportivos de Galicia
BOPG n.º 140, do 05.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
" O Parlamento de Galicia, insta ao Goberno galego a axilizar os trámites para que o censo de infraestruturas e equipamentos deportivos de Galicia sexa pronto unha realidade, avanzando despois, en coordinación coas Deputacións Provinciais e os Concellos de Galicia, na redacción dun Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos para Galicia, do que se deberá informar oportunamente ao Parlamento de Galicia."
 
- 18007 (10/PNC-001476)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa institución a masonería e o sufrimento daquelas persoas que padecen persecución, sancións, condenas penais, exilio ou son executadas pola súa defensa e a dos seus ideais
BOPG n.º 188, do 06.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento acorda recoñecer e declarar a honorabilidade da institución da Masonería e apoiar o dereito dos seus membros a defender os seus ideais no marco dun ordenamento democrático que, como o español, ampare o exercicio dos dereitos de liberdade de conciencia e pensamento, un obxectivo que debería extenderse a todos os países do mundo"
 
- 40568 (10/PNC-003279)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e 13 máis
Sobre a iniciación por parte do Goberno galego dos procedementos e xestións necesarias para a declaración da toponimia galega como Patrimonio da Humanidade, de acordo coa Real Academia Galega, e o impulso dun plan concreto co fin de evitar a perda dos símbolos da identidade cultural de Galicia, así como a asunción dun compromiso real cos proxectos e iniciativas que están a traballar nese eido
BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
" O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Dar un novo impulso ao desenvolvemento de plans e programas para a recuperación, defensa e salvagarda da toponimia galega, promovendo con recursos económicos, persoais e materiais iniciativas encamiñadas a esta finalidade.
 
2.- Valorar a candidatura da toponimia galega a Patrimonio Cultural da Humanidade da UNESCO, estudando se sería posible e realista acadar esta declaración"

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-06T14:33:00Z 2019-02-06T14:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2841/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 12 de febreiro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 12 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de febreiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, orgánica de Transferencia de Competencias á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación Mariña (doc. núm. 20123, 10/PPLC-000006)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, reguladora da actividade dos grupos de interese en Galicia (doc. núm. 41626, 10/PPL-000033)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 398, do 14.12.2018
  
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 45055 (10/CPP-000091)
 Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición propia, para informar da situación actual do calendario e das perspectivas do Plan de transporte público de Galicia
 
2.2 37715 (10/CPP-000081)
 Do Sr. conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 45115 (10/MOC-000125)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar as situacións de saturación nos servizos de urxencias dos hospitais do Sergas. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 40247, publicada no BOPG nº 386, do 21.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
3.2 45116 (10/MOC-000126)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a defensa pola Xunta de Galicia, nos espazos políticos e institucionais e nos acordos que leve a cabo, dos dereitos humanos, da igualdade de mulleres e homes e do autogoberno. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 43058, publicada no BOPG nº 414, do 18.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
3.3 45124 (10/MOC-000123)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de violencia de xénero. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 39868, publicada no BOPG nº 383, do 14.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
3.4 45125 (10/MOC-000124)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 35663, publicada no BOPG nº 354, do 12.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 25169 (10/PNP-001794)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a implantación polo Goberno galego do Servizo de Hemodinámica as 24 horas do día no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 14.02.2018
 4.2 41431 (10/PNP-003132)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central relativa á defensa da  inclusión  da conexión Vigo-Oporto  no Corredor  Atlántico,  dentro  do Proceso  de  reforma  dos  regulamentos    UE  1315/2013  e  1316/2013  do Parlamento e do Consello Europeo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
4.3 41484 (10/PNP-003140)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de vivenda para a emancipación xuvenil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
4.4 42795 (10/PNP-003210)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia destinadas a levar a cabo a xestión directa do Servizo de transporte sanitario urxente terrestre en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
4.5 43939 (10/PNP-003268)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre o Proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2019 en relación co investimento para Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 Publicación correccións, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.6 44345 (10/PNP-003308)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 19 máis
 Sobre o posicionamento do Parlamento de Galicia respecto ao Proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para o 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.7 44503 (10/PNP-003325)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co prezo das peaxes nas autoestradas AP-9 e AP-53
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.8 44787 (10/PNP-003348)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Feijóo, Alberto e 40 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa situación de Venezuela.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 41288 (10/INT-001377)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación do servizo de pediatría no Sistema galego de saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
5.2 43481 (10/INT-001434)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego diante da situación da sanidade pública galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
5.3 43899 (10/INT-001440)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
 Sobre o incremento da mortalidade nas estradas galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 45341 (10/POPX-000127)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do exercicio das súas competencias en materia de sanidade rectificando os recortes e privatizacións para garantir o dereito das persoas á saúde
 
6.2 45342 (10/POPX-000128)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para igualar o nivel competencial de Galicia co das outras nacionalidades históricas
 
6.3 45343 (10/POPX-000129)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación actual do autogoberno en Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 45339 (10/PUP-000222)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre os funcionarios que forman parte da mutualidade que substituíu ao Centro Galego de Bos Aires en Ospaña
 
7.2 43711 (10/POP-005204)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
 Sobre o investimento previsto pola Xunta de Galicia, no marco do programa Rexurbe, para a adquisición e posterior rehabilitación de inmobles nos núcleos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
7.3 45329 (10/PUP-000221)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto das execucións orzamentarias do Ministerio de Fomento na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2015, 2016 e 2017
 
7.4 45340 (10/PUP-000223)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto da viaxe institucional a Miami e Nova York anunciada polo presidente da Xunta de Galicia para reforzar as relacións económicas e comerciais cos Estados Unidos de América
 
7.5 44410 (10/POP-005304)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as razóns da facturación ás familias das reparacións dos equipos informáticos facilitados ao alumnado que forma parte da iniciativa de educación dixital E-Dixgal na modalidade de cesión de uso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
7.6 43716 (10/POP-005205)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar a situación na que se atopa o servizo de pediatría nos concellos de Moeche, Cerdido, As Somozas e San Sadurniño
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
7.7 45316 (10/PUP-000220)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da ampliación do funcionamento do servizo de hemodinámica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ás 24 horas do día
 
7.8 42711 (10/POP-005027)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre o cumprimento do convenio asinado coa Deputación Provincial de Pontevedra o 22 de xaneiro de 1991 e ratificado no ano 2000 respecto da finca de Lourizán, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
7.9 43949 (10/POP-005256)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as axudas para previr os danos causados polo lobo e o porco bravo na gandería e nos cultivos agrícolas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-05T18:47:00Z 2019-02-05T18:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2840/
Integrantes da Coordinadora galega de ONG para o desenvolvemento explican o seu traballo ao presidente do Parlamento

Santiago, 5 de febreiro de 2019.- Directivos da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento reuníronse este mediodía co presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, ao que explicaron os principais proxectos e liñas de traballo que están a acometer en diferentes países.
 
Participaron na reunión o presidente da Coordinadora, Alejandro Quiñoá Casteleiro; a vicepresidenta, Gema Filgueira Garrido; a secretaria, María Paz Gutiérez; e a técnica Sara García Mato.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-05T13:56:00Z 2019-02-05T13:56:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2839/
Santalices: “As administracións deben evolucionar ao carón da sociedade nun entorno crecentemente cambiante”

 
• O presidente o Parlamento de Galicia inaugurou en Ourense as I Xornadas sobre retos das administracións contemporáneas
 
• Considera que, para estar á altura das demandas sociais, as administracións deberán ser  transparentes, confiables, accesibles, responder con inmediatez e xestionar con eficiencia

Santiago, 4 de febreiro de 2019.- “As administracións deben evolucionar ao carón da sociedade, a ser posible por diante, nun entorno crecentemente cambiante, no que a sensibilidade e as demandas da cidadanía mudan a moito maior ritmo ca no pasado”. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, esta tarde, na inauguración das I Xornadas sobre retos das administracións contemporáneas, que se celebran no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense.
 
Abundando nesta idea, o titular do Lexislativo galego engadiu que o principal desafío dos poderes públicos é “dar resposta ás demandas e ás necesidades da cidadanía”.
 
Obxectivos
 
Apuntou, nesta liña, que “para estar á altura do que a xente agarda dela”, a Administración –con independencia do seu ámbito competencial-  “deberá ser transparente, deberá transmitir confianza, deberá ser accesible, facilitar a participación e  amosarse próxima aos intereses das persoas;  deberá responder con inmediatez e deberá xestionar os recursos públicos –recursos que son de todos, porque proceden dos impostos- con criterios de eficacia e de eficiencia”.
 
Para materializar estes obxectivos –engadou Santalices Vieira-, as tecnoloxías da información e a comunicación “convertéronse en magníficos aliados”, especialmente en ámbitos como o da transparencia, a accesibilidade, a proximidade ou a participación.
 
Administración parlamentaria
 
Recordou que malia non ser unha administración ao uso, o Parlamento de Galicia traballa co obxectivo de facer realidade obxectivos como os enunciados por Santalices na súa intervención e convidou aos participantes nas xornadas a coñecer a sede electrónica da Cámara, a primeira deste tipo impulsada por un parlamento autonómico en España para avanzar en materia de transparencia, participación e proximidade.
 
“Somos unha cámara eficaz pero, ademais, xestionamos con eficiencia os recursos económicos que a sociedade pon a nosa disposición”, afirmou o Parlamento de Galicia, que puxo como exemplo o feito de que o custe medio dun deputado no Parlamento de Galicia é xusto a metade respecto ao Parlamento Vasco, que conta tamén con 75 deputados. 
 
Santalices comezou a súa intervención recoñecendo a “non moi boa imaxe” do colectivo de funcionarios públicos entre o conxunto da sociedade, feito que, na súa opinión, constitúe tamén un reto a superar.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-04T18:46:00Z 2019-02-04T18:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2838/
Santalices anima a utilizar os diferentes mecanismos de participación cidadá impulsados polo Parlamento de Galicia

 
• Impartiu unha conferencia sobre “O Parlamento de Galicia, unha institución aberta”, no auditorio do Museo Etnográfico casa do Patrón, en Doade (Lalín)
 
• O Parlamento de Galicia é a primeira Cámara autonómica con sede electrónica propia, reforzando así as posibilidades de participación cidadá e completando a dixitalización de procedementos como a licitación ou a factura electrónica

Santiago, 2 de febreiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, explicou esta mañá, nunha conferencia impartina no auditorio do Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Doade (Lalín), os diferentes mecanismos de participación cidadá impulsados pola Cámara galega, ao tempo que defendeu a aposta da institución por achegarse á xente.
 
O titular do Lexislativo detívose na estratexia de apertura impulsada pola Cámara e que permite á cidadanía impulsar proposicións de lei de iniciativa cidadá e proposicións non de lei, ao tempo que fai posible  a participación na elaboración das leis, no control ao goberno, ou exercer o dereito de petición. Todas estas posibilidades de participación foron reforzadas recentemente, como recordou Santalices, coa posta en marcha  da sede electrónica do Parlamento de Galicia que se converteu na primeira Cámara autonómica en ofrecer un servizo deste tipo. 
 
Deputadas e deputados, persoas e empresas contan, deste xeito, con todos os servizos de administración electrónica dispoñibles a día de hoxe. A sede electrónica reforza, ademais, as posibilidades de participación cidadá e completa a dixitalización de procedementos como a licitación ou a factura electrónica.
 
Abrir o Parlamento
 
Canda a participación cidadá, Santalices Vieira insistiu no seu empeño en abrir o Parlamento á xente a través de medidas como o programa de visitas guiadas á sede do lexislativo galego, as xornadas de portas abertas semanais que permiten a calquera que o desexe poda visitar o Parlamento cada luns sen necesidade de inscrición previa, o programa “Coñece as túas institucións” co que escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO poden visitar na mesma xornada o Parlamento e  Xunta, ou ciclo de charlas divulgativas en centros educativos impartido pos exdeputados/as.
Búscase, con estas iniciativas, superar o descoñecemento que a sociedade ten respecto ao Parlamento e as competencias que este ten encomendadas.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-02-02T14:55:00Z 2019-02-02T14:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2837/
Santalices gaba o galeguismo “democrático, plural e integrador” que inspirou a traxectoria política de Fernández Albor

 
• O presidente do Parlamento participou esta tarde na presentación do libro Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente

Santiago, 31 de xaneiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou esta tarde que o expresidente da Xunta Xerardo Fernández Albor exerceu a política “con paixón, pero tamén con sentidiño, desde a coherencia e co galeguismo como sinal de identidade”. Santalices expresábase así na presentación do libro Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente, na que se deron cita diferentes personalidades, encabezadas polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
 
Santalices gabou o “galeguismo democrático, plural e integrador” que inspirou a acción política de Fernández Albor,  sentimento que situou “nas antípodas do nacionalismo excluínte e segregador”. Falou dun galeguismo “herdeiro das mellores correntes históricas da Galicia territorial e da Galicia universal; un galeguismo aberto ao conxunto de España e do mundo, con espírito e vocación europea, pola que tanto traballaría posteriormente D. Xerardo desde Bruxelas e Estrasburgo”.
 
Transformación de Galicia
 
O presidente do Parlamento felicitou aos coordinadores e impulsores da edición deste libro “ameno, de lectura doada e gratificante para as persoas interesadas na figura do Dr. Fernández Albor e a Galicia do seu tempo”. Un volume que “ademais de poñer en valor a figura do homenaxeado, nos axuda a comprender a profunda transformación rexistrada en Galicia en pouco máis de medio século”.
 
Para o titular do Lexislativo galego, ese avance é “consecuencia directa, en gran parte, da estabilidade e o benestar derivados da Constitución do 78 e do asentamento e consolidación da autonomía que a Carta Magna e o posterior Estatuto nos brindaron e que persoas como D. Xerardo puxeron en marcha”.
 
Da traxectoria persoal do homenaxeado, Santalices recordou que Fernández Albor destacou como médico humanista, como cirurxán, como xestor sanitario  e como “galego bo e xeneroso que amaba profundamente a Galicia”. Por iso, no cumio da súa carreira profesional, o Dr. Fernández Albor non dubidou en antepoñer os intereses colectivos sobre os persoais”.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-31T19:39:00Z 2019-01-31T19:49:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2836/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de xaneiro de 2019


 
4.2 34672 (10/PNP-002600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para favorecer o esclarecemento do accidente ocorrido no marco do festival "O Marisquiño", na cidade de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia    insta  á  Xunta  de  Galicia  a  dirixirse  ás  Administracións competentes  para  que  fagan  pública  toda  a  documentación  pertinente,  así  como  os informes en virtude dos cales se deu a autorización para a celebración do concerto do pasado  día  12  de  agosto  en  Vigo,  a  fin  de  que  se  garanta  a  transparencia  das actuacións das administracións dentro das súas respectivas competencias e favorecer o  esclarecemento  do  ocorrido  no  terrible  accidente  no  marco  do  festival  de O Marisquiño na cidade cidade de Vigo”.
 
4.8 43429 (10/PNP-003246)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 10 máis
Sobre o apoio do Parlamento de Galicia á Xunta de Galicia na súa petición ao Goberno de España dunha resposta inmediata á proposta de establecemento dun marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas electrointensivas
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia apoia á Xunta de Galicia na súa petición ao Goberno de España   dunha    resposta    inmediata    á    proposta    consensuada    coa    industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas, a través de: 
 
1. Implantación  inmediata  dun  Estatuto  da  Industria  Electrointensiva  que  debe  definir diferentes  tipos  de  electrointensivas, diferenciando ás industrias hiperelectrointensivas en  función  tanto  da  intensidade  da  enerxía  que  consomen  para  desenvolver  a  súa actividade como dos diferentes períodos nos que se distribúe este consumo.
 
2. A redución dun 90% das peaxes de acceso na parte relativa ao custo do transporte, sempre  que  os  consumos  sexan  estables  ou  anticíclicos,  e  que  máis  do  55%  dos consumos anuais prodúzanse en período 6.
 
3. Convocatoria das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 ao  comezo   da   anualidade   orzamentaria   cunha dotación suficiente que permita compensar os sobrecustos  do  ano en curso e que  sexa  acorde  cos  máximos autorizados pola normativa europea aplicable. Estas axudas deberían ser pagadas con periodicidade trimestral.
 
4. Exención  do  custe  regulado  correspondente  aos  custos  de  pagos  por  capacidade, así  como  das  achegas  destinadas  ao  financiamento  do  Fondo  Nacional  de  Acción  de Eficiencia Enerxética.
 
5. Elaboración   dun   estudo   das   perdas   técnicas   de   enerxía   que   son   realmente soportadas polos consumidores electrointensivos, dándolle a posibilidade de optar, ben pola  aplicación  dos  coeficientes  de  perdas  de  enerxía  actualmente  imputada  a  cada período, ben pola aplicación das perdas técnicas efectivamente producidas.
 
6. E que estas se apliquen con carácter retroactivo desde o pasado 1 de xaneiro”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-30T15:44:00Z 2019-01-30T15:45:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2835/
Declaración institucional sobre o Día de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto

O 1 de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa 42ª sesión plenaria, reafirmou que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e innumerables membros doutras minorías morreron asasinados, será sempre unha advertencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos.
 
E tamén decidiu designar o 27 de xaneiro como Día Internacional de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto, todas elas vítimas do nazismo, entre as que se contan tamén galegos e galegas.
 
O Holocausto é o resultado dun programa de persecución, encarceramento e exterminio levado a cabo polo nazismo que asasinou a máis de seis millóns de persoas. Tivo a súa orixe no intento de eliminación da disidencia política e ideolóxica e derivou nun xenocidio que contou coa colaboración da Ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado español despois da derrota da República en 1939 e tras a instauración dun réxime fascista.
 
En particular, este Parlamento quere lembrar os máis de 10.000 republicanos españois que terminaron deportados nos campos nazis pola colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiográficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galicia e morreron alí ou foron liberados pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu país de orixe.
 
Por todo isto, o Parlamento de Galicia fai súa a declaración da Asemblea Xeral das Nacións Unidas na que rexeitou toda negación, xa sexa parcial ou total, do Holocausto como feito histórico. E condenou sen reservas, condena que tamén este Parlamento fai súa, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, teñan lugar onde teñan lugar.
 
O Parlamento de Galicia constata, coa Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinan actos de barbarie aldraxantes para a conciencia humana.
 
O Parlamento de Galicia, un ano máis e de acordo coa letra e co espírito da Declaración do 1 de novembro de 2005 da 42ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama a Xunta a traballar arreo contra os posible brotes de racismo, xenofobia, antisemitismo e outras discriminacións baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e os cidadáns e as súas organizacións a permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holocausto poida asentar entre nós nin en ningún lugar do mundo.
 
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-30T12:19:00Z 2019-01-30T12:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2834/
O presidente do Parlamento interésase pola actividade de Executivas de Galicia


 
Santiago, 28 de xaneiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo esta tarde, no seu despacho da Cámara, unha reunión co equipo directivo de Executivas de Galicia, encabezado pola presidenta da organización, Carla Reyes.
 
No transcurso do encontro, Santalices Vieira interesouse polas diferentes actividades que organiza Executivas de Galicia e felicitou ás súas integrantes polo labor que desenvolven para outorgar maior visibilidade ao traballo das mulleres, especialmente nos ámbitos onde a presencia feminina é aínda minoritaria.
 
A delegación de Executivas de Galicia presentou ao presidente do Parlamento o proxecto “Referentes Galegas”, un directorio que están a elaborar para dar a coñecer o papel de mulleres profesionais e potenciar a súa presenza pública.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-28T18:32:00Z 2019-01-28T18:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2833/
Acordos acadados na Comisión 8ª Pesca e Marisqueo, celebrada o día 25.01.2019


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 25 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
 
Aprobación sen modificacións
 
- 36688 (10/PNC-002942)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno central para a reconsideración da decisión de incluír a quenlla entre as especies de maior protección
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno Central a reconsideración da decisión de incluír entre as especies de maior protección ao abeiro da Convención sobre a Conservación de Especies Migratorias e á elaboración de informe sobre a súa abundancia, xestión do recurso e posibilidades de captura."
 
- 41464 (10/PNC-003381)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a implantación, nos centros existentes na Mariña lucense, de ciclos de formación náutico-pesqueira e de formación profesional dual
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a elaborar e desenvolver da man do sector, una planificación que permita fornecer de formación náutica-pesqueira para os profesionais da Mariña lucense, no que se contemple a emisión de Certificados de Profesionalidade Marítimo-Pesqueira, organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias e analizar a disposición da demanda para a implantación nos centros existentes da Mariña de ciclos de formación náutico-pesqueira e da Formación Profesional dual como a que xa está a funcionar."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39771 (10/PNC-003199)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a dotar os mariscadores da ría do Burgo dun posto de control coas condicións mínimas exixibles, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co período de cobro da prestación por cesamento de actividade por presenza de toxinas
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dotar aos mariscadores da Ría do Burgo dun posto de control que reúna as condicións mínimas esixíbeis."
 
- 41743 (10/PNC-003401)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Miranda Pena, Flora María
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación co desemprego xuvenil no sector pesqueiro
BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar os recursos e plans para mellorar e facilitar a incorporación de xente moza ao sector do mar."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 38068 (10/PNC-003051)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas necesarias para paliar a situación de inseguridade existente no porto de Laxe e ofrecerlles aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio axeitado
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego, para que, á vista da grave situación de risco no peirao de laxe, adopte urxentemente as medidas que sexan necesarias para paliar esa situación de inseguridade, ofrecendo aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado."
 
- 42419 (10/PNC-003434)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia a Portos de Galicia en materia de transparencia e publicación da información sobre a súa xestión
BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos *** deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Transmitir a Portos de Galicia a necesidade de que toda a información dispoñible sobre a xestión da institución se atope ao servizo da cidadanía e conte cun acceso fácil e rápido.
2. Esixir a Portos de Galicia a publicación de todos os Informes de Xestión a partir do ano 2013."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-25T14:59:00Z 2019-01-25T14:59:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2832/
Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 24-01-2019

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40469 (10/PNC-003269)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación cos prexuízos ocasionados ás persoas usuarias da AP-9 polas retencións rexistradas na autoestrada como consecuencia das obras de ampliación da ponte de Rande
BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a AUDASA para establecer un procedemento áxil e sinxelo para tramitar as reclamacións á AUDASA das persoas usuarias da autoestrada AP-9 que se viron afectadas polas retencións causadas polas obras de ampliación da ponte de Rande.
 
Asemade, insta ao goberno galego a que demande do goberno do Estado o establecemento dun protocolo que obrigue ao levantamento das barreiras das peaxes cando se produzan retencións que causen prexuízos de perda de tempo e diñeiro ás persoas usuarias das autoestradas."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 38276 (10/PNC-003068)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 11 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento e a Renfe de manter a carga de traballo do taller de mantemento de material de Renfe de Monforte de Lemos, así como de contratar o persoal necesario para compensar as baixas por xubilación
BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a RENFE, a fin de que manteñan a carga de traballo do taller de mantemento de material de Monforte, e contraten o persoal necesario para compensar as baixas por retiro, de maneira que poidan manter e atender esa carga de traballo en tempo e forma, e en condicións laborais axeitadas”.
 
- 41430 (10/PNC-003369)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central relativa á defensa da inclusión da conexión Vigo-Oporto no Corredor Atlántico, dentro do proceso de reforma dos regulamentos UE 1315/2013 e 1316/2013 do Parlamento e do Consello Europeo
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que inste ao Goberno español á defensa da inclusión da conexión Vigo-Porto no Corredor Atlántico dentro do proceso de reforma regulamentaria dos Regulamentos UE 1315/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2013 sobre as orientacións da Unión para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte,  e  1316/2013  do  Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de decembro de 2013 polo que se crea o Mecanismo “Conectar Europa”.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-24T14:27:00Z 2019-01-24T14:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2831/
Acordos da A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 24-01-2019

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 40955 (10/PNC-003325)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como a actuación que debe levar a cabo para o establecemento dun sistema de coeficientes redutores da idade de xubilación para o persoal do sector naval
BOPG n.º 394, do 05.12.2018

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Estado para demandar a realización de todas as actuacións necesarias para o establecemento de coeficientes redutores da idade de xubilación para o persoal empregado no sector naval, entendendo por tal tanto o sector público como privado incluíndo as e os traballadores tanto das empresas principais como das auxiliares."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36679 (10/PNC-002939)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e Torregrosa Sañudo, Julia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para o cumprimento polas empresas da normativa laboral en relación co cumprimento das horas extraordinarias anuais permitidas, a contratación de novas persoas ocupadas e a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras
BOPG n.º 358, do 19.09.2018

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Intensificar as inspeccións de traballo co obxectivo de que as empresas cumpran coa normativa laboral en relación ao cumprimento das horas extraordinarias anuais permitidas.
 
2. Garantir mediante as inspeccións o cumprimento de toda normativa laboral por parte das empresas así como facilitar a contratación de novas persoas ocupadas.
 
3. Garantir o cumprimento da lei 39/1999 de 5 de novembro de conciliación de vida familiar e laboral de persoas traballadoras.
 
4. Instar o Goberno central a que dote a Inspección de Traballo en Galicia de máis medios humanos e técnicos"
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-24T14:03:00Z 2019-01-24T14:03:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2830/
Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 23-01-2019

 
A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 39551 (10/PNC-003178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para dinamizar a participación da sociedade nas tarefas de protección civil
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dinamizar a participación da sociedade en tarefas de protección civil a través de campañas de promoción do voluntariado, de captación de novos membros e da promoción do recoñecemento social e institucional do labor deste persoal voluntario."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40066 (10/PNC-003227)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acordo parlamentario do ano 2008 referido á transferencia a Galicia das competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade cidadá, así como a actuación que debe levar a cabo para posibilitarlle ao Corpo de Policía de Galicia a asunción das funcións reflectidas no artigo 15 da Lei 8/2008
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes, con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a convocatoria da Comisión Mixta de transferencias, co obxecto de levar adiante todas aquelas transferencias xa reclamadas, así como aquelas novas que o Goberno galego consideren convenientes contemplando todas aquelas que xa foron transferidas ou se están negociando con outras Comunidades Autónomas."
 
-  41578 (10/PNC-003386)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento para a cesión ao Concello de Vilar de Barrio e para a rehabilitación como centro residencial de maiores de catro vivendas e unha parcela anexa pertencentes ao Adif, situadas no lugar de Barrán
BOPG n.º 400, do 18.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes, con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, con relación ás catro vivendas e parcela anexa propiedade de ADIF (sitas no lugar de Barrán, no concello de Vilar de Barrio, en Ourense), a estudar, xunto co concello, a petición da súa posible cesión co fin de:
 
1) Axudar á rehabilitación como centro residencia de maiores, mediante a creación dunha partida específica, das catro vivendas.
 
2) Executar as obras necesarias de xeito coopertativo e interadministracións, no ámbito das súas competencias entre o Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vilar de Barrio.
 
3) Aproveitar a parcela como zona de ocio/zona verde tanto para as persoas residentes no futuro centro como espazo de interacción coa xente da vila".
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-23T16:08:00Z 2019-01-23T16:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2829/
Acordos da Comisión 7ª Agriculta, Alimentación, Gandería e Montes celebrada o día 22-01-2019

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 40195 (10/PNC-003245)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos trámites administrativos que teñen que realizar os concellos en relación coa limpeza e conservación das fincas e faixas de protección dos núcleos de poboación, así como os traballos técnicos de redacción e elaboración dos planos que delimitarán esas faixas de protección
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Impulsar os mecanismos necesarios para que os concellos de Galicia, especialmente os máis pequenos, poidan realizar axeitadamente todos os trámites administrativos que teñen que ver coa limpeza e conservación tanto das fincas como das faixas de protección.
 
2.-Colaborar cos concellos galegos nos traballos técnicos de redacción e elaboración dos planos que delimitarán as faixas de protección nos diferentes núcleos de poboación."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 41682 (10/PNC-003396)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa etiquetaxe do mel
BOPG n.º 400, do 18.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta a trasladar ao Goberno do Estado o seguinte:
 
-Na etiquetaxe do mel indicaranse de forma obrigatoria o país de orixe do produto e as porcentaxes de mestura, no caso de que proceda de varios países.
 
-Indicarase tamén se se trata dun mel sometido a un proceso de quecemento por riba dos 45ºC."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-22T14:19:00Z 2019-01-22T14:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2828/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 29 de xaneiro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 29 de xaneiro de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para a súa elevación ao Congreso dos Deputados, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para garantir que a produción eléctrica cumpra unha función social no desenvolvemento económico e na creación de emprego e riqueza en Galicia. (doc. núm. 39449, 10/PPLC-000011)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
Punto 2. Comparecencias

 
 
2.1 44220 (10/CPP-000090)
 Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar do acordo de concertación do Emprego Público de Galicia asinado coas organizacións sindicais CC.OO e U.G.T.
 
2.2 37712 (10/CPP-000078)
 Da Sra. conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 41993 (10/MOC-000121)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa información aos consumidores respecto das tarifas eléctricas (Moción consecuencia da interpelación nº 39120, publicada no BOPG núm. 375, do 24.10.2018 e debatida na sesión plenaria do 18.12.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
3.2 42005 (10/MOC-000122)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para desenvolver, durante 2019, un plan de mellora da profesionalización dos servizos de emerxencias e protección civil de Galicia (moción consecuencia da interpelación nº 40773, publicada no BOPG nº 390, do 28.11.2018, debatida no Pleno o 18 de decembro de 2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 28375 (10/PNP-002048)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a dotación polo Goberno galego dos recursos humanos e materiais necesarios ao Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
4.2 34672 (10/PNP-002600)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para favorecer o esclarecemento do accidente ocorrido no marco do festival "O Marisquiño", na cidade de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
4.3 39106 (10/PNP-002909)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa solicitude de aprobación da modificación puntual do planeamento urbanístico na parroquia de Tameiga, no concello de Mos, para a execución dun proxecto deportivo e comercial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
4.4 40194 (10/PNP-003014)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para dignificar a Atención Primaria da saúde e as súas profesionais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
4.5 42137 (10/PNP-003182)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as medidas necesarias para salvagardar o Centro Galego de Buenos Aires
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
4.6 42380 (10/PNP-003192)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre o deseño e a implantación por parte da Xunta de Galicia dun plan extraordinario de recursos humanos para a atención primaria 2019-2020 no Sistema Galego Público de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
4.7 42624 (10/PNP-003201)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 4 máis
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia de iniciativas que axuden a retomar a negociación do V Convenio Colectivo Marco do Grupo ENDESA
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
4.8 43429 (10/PNP-003246)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 10 máis
 Sobre o apoio do Parlamento de Galicia á Xunta de Galicia na súa petición ao Goberno de España dunha resposta inmediata á proposta de establecemento dun marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas electrointensivas
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 35663 (10/INT-001186)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co cumprimento da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
5.2 39868 (10/INT-001316)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
5.3 40247 (10/INT-001337)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego para evitar as situacións de saturación nos servizos de urxencias dos hospitais do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
5.4 43058 (10/INT-001425)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
 Sobre a política do Goberno galego en materia de negociación de acordos con organizacións que cuestionan o autogoberno, os dereitos humanos e os principios fundamentais da convivencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 44231 (10/POPX-000124)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego para a rectificación da súa política sanitaria de recortes e privatizacións
 
6.2 44232 (10/POPX-000125)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as intencións do Goberno galego respecto da rectificación en profundidade da súa política sanitaria dos últimos anos
 
6.3 44233 (10/POPX-000126)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre os recortes nos dereitos da cidadanía
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno

 
7.1 44211 (10/PUP-000214)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2019 presentados polo Goberno central
 
7.2 42998 (10/POP-005086)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre as intencións do Goberno galego en relación coa modificación da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, co fin de regular o concepto de vivenda baleira para efectos do recargo no cobro do IBI e o establecemento do dereito de tanteo e retracto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
7.3 42261 (10/POP-004928)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego sobre o investimento de 218 millóns de euros anunciado por Endesa na central das Pontes de García Rodríguez
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
7.4 42357 (10/POP-004958)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a posición do Goberno galego diante do Estado e da Unión Europea ao respecto da transición enerxética
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
7.5 44219 (10/PUP-000211)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións que vai desenvolver a Xunta de Galicia para evitar a parada dos fornos na empresa Ferroatlántica e as súas consecuencias
 
7.6 42295 (10/POP-004938)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia acerca do proxecto do novo polo tecnolóxico da Coruña Cidade das TIC, impulsado pola Universidade da Coruña en colaboración co Clúster TIC Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
7.7 42815 (10/POP-005045)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre o modelo de xestión do Servizo de transporte sanitario urxente terrestre en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
7.8 44212 (10/PUP-000213)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre as medidas concretas que vai levar a cabo o Goberno galego para dotar de seguridade o porto de Malpica
 
 

7.9 44213 (10/PUP-000212)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar a Consellería do Mar para mellorar a seguridade nas costas, así nos portos como o de Malpica
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-22T14:12:00Z 2019-01-22T14:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2827/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 21-01-2019


A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 39639 (10/PNC-003184)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coas intencións de Alcoa de pechar as súas factorías da Coruña e de Avilés
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación por puntos a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 44134) e a autoemenda do G.P. de En Marea (doc. núm. 43969) e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento galego insta ao Goberno do Estado a que, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Goberno do Principado de Asturias e os sindicatos asinantes do Acordo entre os representantes legais dos traballadores a Alcoa, realicen os esforzos necesarios para levar a cabo as seguintes actuacións:
 
- Buscar, identificar e captar investidores industriais que engadan valor e poidan iniciar a súa actividade nas instalacións existentes en A Coruña e Avilés antes do 30 de xuño de 2019. Para iso, activarán tamén os instrumentos públicos de apoio ao investimento e de acompañamento ao investidor.
 
- Promover medidas de política industrial que contribúan ao mantemento das capacidades industriais e laborais en ambas zonas en pro dun desenvolvemento económico sostible.
 
- Que estas actuación teñan como obxectivo principal garantir a continuidade do emprego en ambas plantas, así como o seu impacto indirecto.
 
- Desenvolver, neste mesmo período de tempo, o Real Decreto Lei 20/2018, de 7 de decembro, para garantir un marco enerxético estable, predicible e competitivo para a industria electrointensiva.
 
- Instar aos Ministerio de Industria e Transición Ecolóxica a preparar e establecer, no período de 5 meses, unha nova regulación enerxética (Estatuto das empresas electrointensivas) similar a de outros países europeos, que faga viables esta o outras industrias electrointensivas.
 
- Instar aos Ministerio de Industria e Transición Ecolóxica a execución inmediata e completa da partida orzamentaria de 2018 de 150 M, xa convocada, para mellorar a viabilidade da industria electrointensiva. Do mesmo xeito modificar a partida orzamentaria dos Orzamentos do Estado de 2019 23 425A 471 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, mantendo como mínimo  o mesmo orzamento de 150 M que no ano 2018."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39516 (10/PNC-003171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coas condicións de acceso de Galicia aos recursos económicos dispoñibles para as comarcas mineiras do Estado e a súa inclusión no novo marco para unha transición xusta e un desenvolvemento sustentable desas comarcas, así como as achegas do Plan do carbón 2006-2012 que lles corresponden ás bisbarras das Pontes e de Cerceda
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixial pola unanimidade  dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego acorda instar a Xunta de Galiza a cooperar cos municipios e axentes sociais implicados e dirixirse ao goberno central demandando:
 
1. A inclusión de Galiza no ámbito xeográfico enunciado no artigo 4.1 do Real Decreto 675/2014 en condicións de igualdade de acceso para os recursos dispoñíbeis para as comarcas mineiras do Estado.
 
2. Incluír a Galiza en condicións de igualdade no novo acordo marco para una transición xusta da minaría do carbón e o desenvolvemento sostíbel para as comarcas mineiras para o período 2019-2027."
 

- 39973 (10/PNC-003217)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Industria e Turismo en relación coa situación na que se atopa a empresa Isowat Made, do grupo Invertaresa, asentada no polígono de Agrela, na Coruña
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 44136) e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1.- Seguir coas actuacións que leva a cabo desde o comezo da situación complexa que atravesa Isowat Made na cidade da Coruña encamiñadas a busca de solución viablbes que faciliten o mantemento dos postos de traballo asociados e dean continuidade ás achegas tecnolóxicas que fai a empresa.
 
2.- Instar ao Ministerio de Industria e Turismo para que colabore nas iniciativas necesarias para dar solución á situación da empresa.
 
3.- Solicitar ao administrador concursal a segregación da actual Isowat Made en dúas compañías diferenciadas, Isowat e Made, para buscar solución independentes para cada una delas.
 
4.- Desenvolver as actuacións necesarias para atopar un inversor ou posible comprador que posibilite un novo futuro á compañía. Contemplando as posibles garantías financeiras ou outras iniciativas financeiras entre as que dispoñe o IGAPE."
 

- 40008 (10/PNC-003221)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para minimizar o impacto que vai ter o "Brexit" para as empresas galegas, nomeadamente para as pemes
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Poñer en marcha un diagnóstico transversal, centrado sobre todo nas Pemes, e que abranga os ámbitos financeiros, laboráis e de innovación, sobre os impactos que o "Brexit" terá na actividade empresarial de Galicia.
 
2. Desenvolver una campaña informativa sobre as consecuencias da saída do Reino Unido dirixida especialmente as Pemes, onde se informará sobre medidas e plans de continxencia dependendo do sector ao que pertenzan.
 
3. Establecer liñas específicas de colaboración co gobernó de España a hora de desenvolver estas iniciativas."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-21T14:27:00Z 2019-01-21T16:55:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2826/
Santalices destaca o seu interese en abrir o Parlamento á xente

 
 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou como convidado no Foro La Región, onde foi presentado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar

Santiago, 17 de xaneiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde, como convidado, no Foro La Región, en Ourense, onde explicou en detalle as funcións e o traballo da institución que dirixe, así como os cambios operados ao longo das preto de catro décadas de vida da Cámara e aos retos aos que se enfronta. Foi presentado polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, José  Manuel Baltar.
 
Santalices subliñou o seu especial empeño en abrir o Parlamento á xente, e tamén que o Parlamento se acerque á xente. Explicou que o Parlamento de Galicia é a primeira Cámara autonómica con sede electrónica propia, o que reforza as posibilidades de participación cidadá e completa a dixitalización de procedementos como a licitación ou a factura electrónica.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-18T12:07:00Z 2019-01-18T12:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2825/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 16-01-2018

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 41224 (10/PNC-003351)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de construción do centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos de Ourense
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"1.  Licitar a obra do centro de atención para persoas con diversidade funcional de Ourense para maiores de 21 anos antes de maio do ano 2019, así como que estean listos os pregos que rexerán o procedemento de adxudicación da mesma e o seu equipamento.
2. Comprometerse firmemente para que o CAPD de Ourense estea a pleno rendemento no ano 2020.
3. Adoptar de maneira urxente todas as medidas precisas para solventar, mentres o CAPD  de Ourense non estea a pleno rendemento, a falla de prazas públicas para persoas con discapacidade en Ourense."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-01-16T19:30:00Z 2019-01-16T19:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2824/
Santalices anima a “coidar e a impulsar” os avances sociais e o estado de benestar xurdido ao amparo da Constitución española que celebra o seu 40 aniversario

 
• O presidente do Parlamento de Galicia exerceu como delegado rexio na tradicional Ofrenda da Translación presentada na Catedral de Santiago de Compostela
 
• Enxalza a honestidade, a concordia, a busca de espazos de encontro e ou o ilimitado acatamento da lei que caracterizaron aos ponentes constitucionais e a transición democrática e apunta que “todas ou case todas as crises presentes ou recentes terían sido menos intensas se tales principios non tivesen sido relativizados ou, en ocasións, directamente ignorados”
 
• Chama a atención sobre a “ameaza perigosa” das pseudociencias que “poñen en risco avances que custou décadas materializar”
 
• Anima a seguir o exemplo dos Camiños de Santiago como ámbito de “interculturalidade e relación harmoniosa” para superar “o odio e a incomprensión que envelenan tantos espazos de convivencia”

Santiago, 30 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exerceu hoxe como delegado rexio na Ofrenda da Translación que cada 30 de decembro se celebra na Catedral de Santiago de Compostela.
 
Na súa invocación, Santalices Vieira fixo memoria das catro décadas transcorridas desde a aprobación da vixente Constitución española que trouxo consigo avances sociais e un estado de benestar “que estamos obrigados a coidar e a impulsar na medida das nosas diferentes posibilidades”.
 
Santalices desexou que “a prudencia e o acerto” acompañen ao Rei Felipe VI “ao servizo de España e do ben común, sempre no marco da vixente Carta Magna”.
 
Referíndose ao aniversario da Constitución, o presidente do Parlamento de Galicia  falou de “catro décadas de luces, apenas empañadas por algunhas sombras”.
 
Superar problemas históricos
 
Nun discurso bilingüe, o oferente recordou que “a Constitución do 78 resolveu boa parte dos problemas históricos que aquela España viña arrastrando, aínda que persistan outros como as dificultades económicas relacionadas coa última crise, o distanciamento fronte ás institucións e, sobre todo, o desafío secesionista, un quebrantamento democrático que sitúa ao noso país ante o maior reto das últimas décadas”.
 
Apelou o delegado rexio a cualidades como a honestidade, a solidariedade, a concordia, a empatía, a busca de espazos de encontro ou o ilimitado acatamento á lei, que caracterizaron o comportamento dos ponentes constitucionais e das persoas artífices da transición á democracia. “Todas ou case todas as crises presentes ou recentes terían sido menos intensas se tales principios non tivesen sido relativizados ou, en ocasións, directamente ignorados”, dixo.
 
A xuízo do presidente do Parlamento de Galicia, “España cambiou moito, e para mellor, nestas catro décadas”. 
 
Produciuse un cambio de paradigma migratorio, convertendo ao país  nun “destino cobizado pola inmigración”.  Animou a ollar a inmigración como un fenómeno beneficioso no actual escenario de intensa crise demográfica, “pero inmigración ordenada –puntualizou-, que busque a integración e respecte a integridade territorial, o ordenamento xurídico e os dereitos e liberdades dos territorios de acollida”.
O delegado rexio recordou que os avances sociais van parellos a “novidades científicas antano inimaxinables”. Referiuse á anunciada creación de seres humanos modificados xeneticamente, ”rexeitada de plano pola comunidade científica que, afortunadamente, se rexe por sólidos principios éticos, que deben tutelar calquera innovación neste e outros campos fronteirizos”.
 
A ameaza das pseudociencias
 
Destacou  que avances científicos como os rexistrados no ámbito da inmunoloxía e a inmunoterapia “ofrecen á humanidade un vasto campo de aplicacións e teñen salvado, grazas ás vacinas, millóns de vidas en todo o mundo”.  Por iso, e fronte a esta realidade, “as pseudociencias supoñen unha ameaza perigosa para a saúde pública e poñen en risco avances que custou décadas materializar”.
 
Recordou neste sentido, o papel da galega Isabel Zendal, primeira enfermeira da historia en misión internacional e figura clave para o éxito da Expedición Filantrópica da Vacina que a comezos do século XIX estendeu a vacina contra a varíola en América e a mesmo a introduciu en Asia.
 
O exemplo do Camiño de Santiago
 
“Que o exemplo dos Camiños de Santiago, como espazos de interculturalidade e de relación harmoniosa entre persoas de diferentes sensibilidades, axude o mundo actual a atopar puntos de encontro, superar a indiferenza coa que ollamos o sufrimento do terceiro mundo e que o odio e a incomprensión que envelenan tantos espazos de convivencia abran paso a novos escenarios de diálogo, acercamento e mestizaxe, na procura do proveito mutuo”, afirmou o oferente.
 
Na invocación, Santalices lamentou a lacra da violencia no ámbito familiar e contra as mulleres, ao tempo que fixo referencia a outras dificultades como o desemprego, a desilusión ou os problemas  económicos. Avogou por edificar unha sociedade “máis solidaria e honesta, sempre predisposta na defensa da dignidade das persoas”.
 
Para a mocidade, o delegado rexio reclamou “as oportunidades económicas e profesionais que merece  para desenvolver o seu proxecto vital desde o que sentar as bases dun mundo mellor”.
 
O presidente do Parlamento lembrou tamén ás “persoas enfermas, as que padecen o azoute das adiccións ou as que atravesan transos amargos nas súas vidas”. Lembrou, “con especial afecto”, ás familias dos mariñeiros dos barcos afundidos recentemente fronte á  costa galega.  Desexou “que nunca falte unha man amiga, unha palabra de ánimo nin un sorriso agarimoso”.
 
Para o vindeiro Xacobeo 2021, o oferente fixo votos para que os traballos preparatorios deste acontecemento “conduzan a unha celebración proveitosa na que, como sucedeu ao longo da historia, todas as inquedanzas –relixiosas e laicas, culturais ou de simple lecer- teñan acubillo, desde a seguridade de que a peregrinación enriquece a todos no máis profundo do seu ser”.
 
Santalices Vieira rematou a súa invocación cun extracto do final do discurso Alba de Gloria, pronunciado por Castelao en Buenos Aires o 25 de xullo de 1948: “Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-30T13:57:00Z 2018-12-30T15:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2823/
O presidente do Parlamento exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación

 
Santiago, 27 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na tradicional Ofrenda da Translación que se celebra o 30 de decembro de cada ano na Catedral de Santiago de Compostela.
 
Santalices Vieira declárase “honrado e agradecido” ao Rei Felipe VI  por delegar na súa persoa a presentación desta ofrenda, que mantén viva unha tradición instaurada por Felipe IV no ano 1646.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-27T14:33:00Z 2018-12-27T14:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2822/
Bo Nadal!

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-22T13:10:00Z 2018-12-22T13:11:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2821/
Santalices afirma que “Galicia demostra que autogoberno e identidade diferenciada son compatibles coa lealdade institucional e o respecto á Constitución”

• Clausurou no Parlamento, canda o presidente da Xunta, a xornada Da Constitución Española de 1978 ao estatuto de Autonomía de Galicia
 
• A xornada –a segunda que organiza o Parlamento no marco do 40 aniversario da Constitución- celébrase a mesma data na que en 1980 se aprobou en referendo o vixente Estatuto de Autonomía de Galicia
 
Santiago, 21 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou este mediodía  que “hoxe, o igual que no pasado recente, Galicia está a demostrar con feitos que conceptos como autonomía, como autogoberno, como identidade diferenciada, son e deben ser absolutamente compatibles con outros igual de imprescindibles como lealdade institucional, respecto ao marco constitucional, xestión responsable, credibilidade ou solvencia económico-financeira”.
 
Santalices facía esta reflexión antes de dar paso ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na acto de clausura da xornada Da Constitución española de 1978 ao Estatuto de Autonomía de Galicia, celebrada ao longo da mañá no Pazo do Hórreo no marco da conmemoración do 40 aniversario da vixente Carta Magna.
 
 
Galicia como exemplo
 
Para  Santalices, nas catro décadas transcorridas desde a aprobación da Constitución  “as luces impóñense sobre as sombras” e “Galicia converteuse, por méritos propios, en guía e exemplo para moitos”.
A xuízo do presidente da Cámara lexislativa, “como nacionalidade histórica, dona dunha historia, unha lingua e unha cultura de seu, Galicia séntese orgullosa, ao tempo, de ser e actuar como parte indisoluble do conxunto de nacionalidades e rexións que conforman España; participa activamente na integración europea, nun continente co que mantén unha relación secular fraguada arredor do Camiño de Santiago; e cultiva e alenta os seus vínculos fraternais con Iberoamérica”.
 
Santalices Vieira agradeceu a participación dos diferentes ponentes que participaron nesta xornada e destacou especialmente o papel xogado no seu momento polos artífices dos Pactos do Hostal “que volveron situar o proxecto de Estatuto de Galicia na senda do autogoberno  pleno, constitucional e responsable”, superando así os intentos de converter daquela a Galicia  nunha “comunidade de segunda”.
 
 
Aniversario do Estatuto
 
A xornada celebrada hoxe –un 21 de decembro, data na que en 1980 se aprobou en referendo o vixente Estatuto de Autonomía de Galicia- dá continuidade á do pasado 3 decembro, que se centrou na Análise dos 40 anos da Constitución española desde a perspectiva de Galicia.
A actividade comezou cunha conferencia do historiador e catedrático de historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Justo Beramendi González, que falou sobre 38 anos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. Contexto histórico. Foi presentado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco.
Acto seguido tivo lugar unha mesa redonda, moderada por Ramón Villares Paz, catedrático de historia contemporánea da USC e ex-presidente do Consello da Cultura Galega, titulada Da Constitución do 78 aos pactos do Hostal, na que participaron José Luís Barreiro Rivas (AP), José Rivas Fontán (UCD), Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE), Luis Sobrado Fernández (PG) e Carlos Barros Guimeráns (PCG).
A derradeira mesa redonda da xornada analizou O Estatuto de Autonomía de Galicia: balance e perspectiva, e contou coa intervención dos portavoces do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga; do Grupo Parlamentario de En Marea, Luis Villares Naveira; e do  Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy Fraga. Foi moderada pola xornalista Carmen Lourido. Foron convidados os catros grupos parlamentarios representados na Cámara.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-21T14:30:00Z 2018-12-21T14:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2820/
Santalices comparte o Premio APECSA de divulgación do Camiño de Santiago concedido ao Parlamento con todas as persoas que contribuíron a engrandecer o Xacobeo

• Recibiu o VI Premio Internacional APECSA 2018 de divulgación do Camiño de Santiago, concedido ao Parlamento pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago
 
• Recorda que “os grupos da Cámara deron exemplo de diálogo e de concordia para facer do Plan Xacobeo 93 un asunto de país que transcendía os intereses particulares ou partidistas”
 
• Apunta que o premio tamén é un “acicate de cara aos retos que a institución ten ante si”
 
 
Santiago, 20 de decembro de 2018.- O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, recolleu este mediodía o VI Premio Internacional APECSA 2018 de divulgación do Camiño de Santiago, outorgado ao Parlamento de Galicia pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago pola contribución do Lexislativo á celebración do Xacobeo 93, acontecemento que marcou un punto de inflexión na revalorización das diferentes vías de peregrinación e como factor de dinamización económica social e cultural.
 
No acto, celebrado no compostelán Museo das Peregrinacións, o presidente do Parlamento quixo compartir o recoñecemento con “todos os que desde diferentes responsabilidades contribuíron a engrandecer os camiños de Santiago e a súa meta”. Destacou, nesta tarefa, o papel protagonista dos xornalistas e estudosos do Camiño de Santiago, “sen os que resultaría imposible ter acadado a enorme difusión deste fenómeno”.
 
Apuntou Santalices que “igual que fixeran con anterioridade os pais da Constitución e todos os que fixeron posible a exitosa transición política española, os grupos políticos representados na Cámara galega deron exemplo de  diálogo e de concordia, de man tendida e de amplitude de miras para facer do Plan Xacobeo un asunto de país que transcendía os intereses particulares ou partidistas”, razón pola que fixo extensivo o premio ás deputadas e deputados que integraban a Cámara en 1991.
 
 
Albor e Fraga
 
“Daquela –agregou-, o Parlamento de Galicia asumiu e enriqueceu coas súas achegas un plan que era froito do traballo de moitas persoas, entre as que quero destacar dous nomes: Xerardo Fernández Albor, fundador do Intergrupo do Parlamento Europeo sobre o Camiño de Santiago e promotor incansable da realidade xacobea; e Manuel Fraga que, desde a Presidencia da Xunta, foi quen de converter o Xacobeo  no que hoxe é, un acontecemento de dimensión universal”.
 
Apuntou o presidente da Cámara que este premio supón tamén “un acicate de cara aos retos que a institución parlamentaria ten ante si”. Retos como o de seguir achegando a institución á cidadanía para “que nos vexan como solucionadores de problemas, e lugar de ollarnos como parte do problema”; como a necesidade de acadar acordos; ou como a posibilidade de que a totalidade da Cámara poda apoiar o Xacobeo 2021, “un proxecto que a cidadanía xa ten interiorizado como necesario e como propio”.
 
Para Santalices, o vindeiro Xacobeo abre un abano de posibilidades como “fonte de riqueza, de emprego, de creatividade, de cultura e de proxección exterior dunha dimensión nunca antes coñecida, malia as exitosas experiencias do noso pasado recente”.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-20T13:33:00Z 2018-12-20T13:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2819/
O presidente do Parlamento recibe ao novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia

Santiago, 22 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao novo xefe da Garda Civil en Galicia, o xeneral Luis Francisco Rodríguez Martínez, que recentemente tomou posesión deste cargo.
 
Durante a visita protocolaria de presentación, o presidente do Parlamento trasladou ao xeneral xefe da 15ª Zona da Garda Civil os seus mellores desexos para esta nova etapa e reiteroulle a lealdade institucional da Cámara autonómica. Santalices Vieira recordou que “Galicia respecta e aprecia á Garda Civil”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-20T13:22:00Z 2018-12-20T13:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2818/
O presidente do Parlamento expresa o seu pesar polos falecidos nos últimos naufraxios na costa galega

Santiago, 20 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou este mediodía o seu “sentido pésame” ás familias dos falecidos nos dous naufraxios rexistrados nas últimas horas nas costas galegas, sentimento que fixo extensivo a “toda a xente mariñeira de Galicia”.
 
Santalices recibiu este mediodía en Santiago o VI Premio Internacional APECSA 2018 de divulgación do Camiño de Santiago, outorgado ao Parlamento de Galicia pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago. O presidente da Cámara iniciou a súa intervención recordando que a de hoxe é unha “xornada luctuosa para as xentes do mar de Galicia e, por extensión, para Galicia enteira” e recoñeceu o “abatemento” producido polos dous naufraxios rexistrados nas costas galegas durante as últimas horas.
 
“Cando aínda estabamos conmocionados polo afundimento do  `Sin Querer Dous´, que se saldou con tres mariñeiros falecidos e un desaparecido, chegounos a tráxica noticia dun segundo accidente marítimo, o afundimento do pesqueiro `A Silvosa, en Malpica, no que perdeu a vida o patrón do barco”, recordou.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-20T13:18:00Z 2018-12-20T13:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2817/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 19 de decembro de 2018


 
3.1 5566 (10/PNP-000470)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Concello da Coruña da cesión dos espazos axeitados no mercado de Santa Lucía para prestar asistencia sanitaria aos usuarios do Centro de Saúde Federico Tapia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  solicitar  ao Concello de  A  Coruña  a  cesión  dos  espazos  no  mercado  de  Santa  Lucía  para facer o novo centro de saúde nese lugar como solicitan os veciñas, e que se realice á maior brevidade garantindo as asignacións orzamentarias necesarias”.

3.2 31022 (10/PNP-002298)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de execución da autovía do Atlántico no traxecto A Coruña-O Porriño, o destino dos orzamentos previstos para ese fin ao rescate da AP-9 e a elaboración dun estudo para o seu reforzo, así como o cumprimento do acordo parlamentario referido ao incremento das frecuencias e adaptación dos horarios do servizo ferroviario do eixe atlántico, a redución do prezo dos billetes nel e o inicio dos trámites para o rescate da concesión da AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que inste ao Ministerio de Fomento a:
 
1.- Que  se  execute  o  acordo  acadado  no  Parlamento 
de  Galicia  para  incrementar as frecuencias e axustar os horarios no servizo ferroviario do Eixo Atlántico.
 
2.- Mudar  a  política  tarifaria  de  Renfe  no  Eixo  Atlántico,  para  aplicar  unha redución do prezo dos billetes”.

3.6 40364 (10/PNP-003033)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego nas bases reguladoras reflectidas na Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, así como a que debe aplicar na resolución que dite para ese fin para o ano 2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Modificar as bases reguladoras contempladas na Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola lei 12/2016, do 22 de xullo de cara a incluir como beneficiarias ás mulleres vítimas de violencia vicaria ou violencia `por interpósita persoa´ con resultado de morte, por ser este o dano máis extremo que pode exercer o maltratador cara unha muller: asasinar aos fillos/as.
 
2.- Modificar as bases reguladoras contempladas na resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola lei 12/2016, do 22 de xullo de cara a incluir  a creación dun novo tramo que inclúa aquelas mulleres con renda >_ 1,5 veces IPREM e <_ 2 veces IPREM como punto de partida, engadindo as posibles situacións complementares (menores a cargo, discapacidade e dependencia) xa recollidas nas bases reguladoras e que tome como punto de partida a contía de 200 euros.
 
3.- Aplicar o recollido nos puntos anteriores na Resolución pola que se convoque a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 xullo de xeito que se faga efectivo na convocatoria de 2019”.

3.8 41145 (10/PNP-003108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas peaxes das autoestradas AG-55 e AG-57, así como as demandas que debe realizar ao Ministerio de Fomento en relación coas peaxes e o financiamento das obras nas autoestradas AP-53 e AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1.- Desenvolver as bonificacións horarias nas  peaxes das autoestradas de titularidade autonómica AG-55 e AG-57, ao obxecto de que os cidadáns se poidan beneficiar canto antes  destas  reducións  nas  tarifas,  dispoñendo  os  recursos  orzamentarios  necesarios para a súa aplicación, no vindeiro ano.
 
2.-  Elaborar,  no  menor  tempo  posible  e  como  ten  comprometido,  unha  proposta  de medidas para reducir o impacto das peaxes da AP-9, dándolle traslado de dito estudo ao  Ministerio  de  Fomento,  ao  obxecto  de  que  este  poida  valoralas,  xunto  coas  outras posibles  medidas  de  flexibilización  que  poida  propoñer  o  Ministerio,  e  negocialas  coa concesionaria de cara á súa implantación a curto prazo. 
 
3.-  Solicitar  ao  Ministerio  a  posibilidade  de  trasladar  a  flexibilización  de  peaxes  que determine tamén á outra autoestrada de titularidade estatal, a AP-53.
 
4.-  Insistir  ante  o  Ministerio  de  Fomento  que  ratifique  o  compromiso  adquirido  polo anterior  Goberno  de  España  de  que  as  futuras  obras  na  AP-9  non  se  financiarán  con cargo  a  novas  subas  de  peaxe,  senón  a  través  dos  Orzamentos  Xerais  do  Estado  e que  cumpra,  á  maior  brevidade,  o  compromiso  de  liberalizar  a  peaxe  de  Redondela, unha demanda unánime do Parlamento galego”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-19T18:09:00Z 2018-12-19T18:11:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2816/
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia tralo afundimento do pesqueiro “Sin Querer 2”

 

Santiago, 19 de decembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia reiniciou a sesión de tarde gardando un minuto de silencio en sinal de dor polo afundimento do pesqueiro “Sin Querer 2”, este mediodía, fronte á costa de Fisterra.
 
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou a solidariedade e condolencia do Parlamento de Galicia ás familias e amigos das vítimas.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-19T17:04:00Z 2018-12-19T17:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2815/
O Pleno do Parlamento garda un minuto de silencio en memoria das víctimas de violencia de xénero rexistradas en 2018

Santiago, 19 de decembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia comezou esta mañá gardando un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero rexistradas ao longo de 2018.
 
Ao inicio da que previsiblemente será a derradeira sesión do Pleno da Cámara deste ano, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, fixo votos para “erradicar definitivamente esta lacra” ao tempo que dixo agardar “que en 2019 non teñamos que gardar un minuto de silencio máis”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-19T10:16:00Z 2018-12-19T10:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2814/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 18 de decembro de 2018


2.3 41639 (10/MOC-000120)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Lago Peñas, José Manuel
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación co emprego da industria do automóbil. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 40351, publicada no BOPG nº 386, do 21.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
 
1. Instar o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a desenvolver un novo plan de competitividade do automóbil que teña o foco en Galicia en porcentaxe, como mínimo, similar á súa capacidade produtiva.
 
2. Poñer en marcha de maneira inmediata, en colaboración coas asociacións do sector, unha estratexia de colaboración coas empresas do sector automobilístico galego para garantir a súa presenza importante na convocatoria do Programa Reindus, dotado con 400 millóns de euros cuxo prazo remata o 31 de xaneiro de 2019.»
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-18T21:17:00Z 2018-12-19T12:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2813/
O Pleno do Parlamento aproba a Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019

 
Santiago, 18 de decembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou este mediodía a Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2019, que determina un gasto de 9.850 millóns de euros.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-18T14:52:00Z 2018-12-18T14:59:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2812/
A Fundación Juan Soñador visita o Parlamento de Galicia coincidindo co Día Internacional do Migrante

• Foron recibidos polo presidente do Parlamento, ao que entregaron un conto vinculado ao Proxecto Malaikas, orientado a superar o illamento das mulleres migrantes
 
Santiago, 18 de decembro de 2018.- Integrantes da Fundación Juan Soñador efectuaron esta mañá unha visita institucional ao Parlamento coincidindo co Día Internacional do Migrante, que se celebra cada 18 de decembro logo da decisión adoptada pola ONU no ano 2000.
 
Foron recibidos polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado pola secretaria xeral de igualdade da Xunta, Susana López Abella. Durante o encontro, representantes da Fundación Juan Soñador entregaron a Santalices un exemplar dun conto enmarcado no Proxecto Malaikas, impulsado por esta organización para superar o illamento das mulleres migrantes e apoiar o seu empoderamento.
 
O presidente do Parlamento agradeceu a visita desta delegación á Cámara lexislativa galega, “casa de todos e base da democracia”, ao tempo que recordou que Galicia se caracteriza pola súa “cultura de acollida”, derivada do pasado emigrante da Comunidade, e tamén do traballo impulsado desde as diferentes institucións, como o Goberno galego.
 
“Creo que podemos afirmar con moito orgullo que somos un pobo acolledor”, sinalou. Santalices Vieira efectuou tamén un alegato contra a violencia machista.
 
Rematado e encontro co presidente do Parlamento, a delegación efectuou unha visita guiada á sede da Cámara galega, no transcurso da cal seguiron o desenvolvemento do Pleno desde a tribuna de invitados do hemiciclo.
 
A Fundación Juan Soñador é unha entidade sen ánimo de lucro da Familia Salesiana do noroeste de España que traballa no ámbito da prevención, educación e promoción social integral de persoas en situación de risco de exclusión social.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-18T13:01:00Z 2018-12-18T13:01:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2811/
Entregados no Parlamento os XXV Premios de publicidade en galego

 
• O anuncio “Tarxeta PassVigo” foi galardoado na categoría de televisión, mentres que o premio de radio recaeu nas campañas de dinamización comercial Compostela Monumental 2017

Santiago, 17 de decembro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez,  e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, entregaron está mañá, na Cámara galega, os XXV Premios de Publicidade en galego convocados conxuntamente polas tres entidades.
 
Na categoría de televisión, o premio deste ano recaeu no anuncio “Tarxeta PassVigo”, encargado por Viguesa de Transportes-VITRASA  á axencia Ecovigo Publicidad, S.L.
 
As campañas de dinamización comercial 2017 impulsadas pola Asociación Compostela Monumental, da axencia Fancylooks, resultaron gañadoras na categoría de radio.
 
A disolución do Consello Asesor da Radio Televisión Española en Galicia –órgano que puxo en marcha os galardóns que hoxe se entregaron- animou á Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador a asumir directamente a convocatoria dos Premios de Publicidade en Galego, “desde o convencemento de que o galego é un idioma acaído para a realización de campañas publicitarias de éxito”, en palabras de Santalices.
 
Santalices subliñou tamén a capacidade das empresas galardoadas para facer chegar as súas mensaxes a un elevado volume de destinatarios.
 
A entrega dos Premios de Publicidade en Galego tivo lugar na Sala Carballo Calero da Biblioteca do Parlamento, “símbolo de galeguidade”, en palabras de Santalices, que agregou que malia tratarse dun acto  sinxelo, este leva aparellada unha profunda carga simbólica.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-17T11:13:00Z 2018-12-17T11:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2810/
O Parlamento de Galicia celebra o próximo venres a segunda xornada conmemorativa do 40 aniversario da Constitución


 
• Dará continuidade á do pasado 3 de decembro e contará coa participación de políticos galegos que participaron nos pactos do Hostal como José Luis Barreiro, José Rivas Fontán, Francisco Vázquez, Luis Sobrado e Carlos Barros
 
• Incluirá unha conferencia do catedrático de Historia Justo Beramendi, que será presentado pola presidenta do Consello da Cultura Galega; unha mesa redonda coa participación de portavoces parlamentarios e será clausurada polos presidentes da Xunta e do Parlamento
 
Santiago, 15 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia acollerá o vindeiro venres, 21 de decembro a segunda das xornadas conmemorativas organizadas pola Cámara galega no marco do 40 aniversario da Constitución española.
 
Baixo o título Da Constitución española de 1978 ao Estatuto de Autonomía de Galicia, a xornada comezará cunha conferencia do historiador e catedrático de historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Justo Beramendi González, que falará sobre 38 anos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. Contexto histórico. Será presentado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco.
 
Acto seguido, está prevista unha mesa redonda, moderada por Ramón Villares Paz, catedrático de historia contemporánea da USC e ex-presidente do Consello da Cultura Galega, titulada Da Constitución do 78 aos pactos do Hostal. Participarán José Luís Barreiro Rivas (AP), José Rivas Fontán (UCD), Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE), Luis Sobrado Fernández (PG) e Carlos Barros Guimeráns (PCG).
 
A derradeira mesa redonda da xornada analizará O Estatuto de Autonomía de Galicia: balance e perspectiva, e contará coa participación dos portavoces do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga; do Grupo Parlamentario de En Marea, Luis Villares Naveira; e do  Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Pedro Puy Fraga. Sera moderada pola xornalista Carmen Lourido. Foron convidados os catros grupos parlamentarios representados na Cámara.
 
Inscrición a través da web do Parlamento
 
O programa completo das xornadas, así como o formulario de inscrición para as persoas que desexen asistir están dispoñible na web do Parlamento de Galicia: https://goo.gl/8qAxQU. As xornadas son abertas ao público, previa inscrición. Os asistentes recibirán diploma de asistencia.
 
A clausura desta xornada correrá a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que será precedido no uso da palabra polo titular do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Esta xornada dá continuidade á celebrada o pasado 3 de decembro baixo o título Análise dos 40 anos da Constitución española desde a perspectiva de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-15T13:18:00Z 2018-12-15T13:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2809/
Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 14-12-2018

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de decembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39812 (10/PNC-003201)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Novo Fariña, María Isabel e 7 máis
Sobre a habilitación polo Goberno galego, na Casa-Biblioteca Domingo Fontán, no lugar de Porta do Conde, no concello de Portas, dun museo onde se expoña o seu traballo e obra
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, para que dentro dos avances que se están facendo de difusión e posta en valor da figura de Domingo Fontán, se habilite na Casa Biblioteca Domingo Fontán en Porta de Conde, a súa terra natal, unha exposición permanente na que se expoña o seu traballo e obra e poida ser visitado para divulgar a súa vida e obra.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-14T13:58:00Z 2018-12-14T13:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2808/
UNICEF entrega ao presidente do Parlamento o informe sobre “A Infancia en Galicia 2018”


Santiago, 13 de decembro de 2018.- A presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito, entregou ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o informe “A Infancia en Galicia 2018”.
O documento achega abundante información sobre a situación da infancia na Comunidade Autónoma e será trasladado aos grupos parlamentarios que integran a Cámara. O informe foi elaborado por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polas profesoras María del Mar Lorenzo e Mª del Carmen Cambeiro, da Facultade de Ciencias da Educación.
UNICEF Comité Galicia e os tres grupos parlamentarios representados daquela na Cámara asinaron, en abril de 2011, o Pacto Galego pola Infancia, orientado a mellorar o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-13T12:54:00Z 2018-12-13T12:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2807/
Convocatoria do Pleno (ordinario) do Parlamento de Galicia previsto para o 18 de decembro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 18 de decembro de 2018, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de decembro de 2018, a orde do día da sesión é a
seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (39156, 10/PL-000011)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, pola que se regula o sistema de provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (doc. núm. 38843, 10/PPL-000027)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 9/2011, do 9 de novembro de 2011, dos medios  públicos de comunicación audiovisual de Galicia (doc. núm. 39019, 10/PPL-000030)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 41511 (10/MOC-000118)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa reforma da Política Agraria Común para o período 2021-2017. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 40091, publicada no BOPG nº 386, do 21.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2018)
 
2.2 41551 (10/MOC-000119)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa sanidade pública de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 39327, publicada no BOPG n. 378, do 31.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2018)
 
2.3 41639 (10/MOC-000120)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e Lago Peñas, José Manuel
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación emprego da industria do automóbil. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 40351, publicada no BOPG n.º 386, do 21.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2018)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 5566 (10/PNP-000470)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis
 Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Concello da Coruña da cesión dos espazos axeitados no mercado de Santa Lucía para prestar asistencia sanitaria aos usuarios do Centro de Saúde Federico Tapia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
3.2 31022 (10/PNP-002298)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de execución da autovía do Atlántico no traxecto A Coruña-O Porriño, o destino dos orzamentos previstos para ese fin ao rescate da AP-9 e a elaboración dun estudo para o seu reforzo, así como o cumprimento do acordo parlamentario referido ao incremento das frecuencias e adaptación dos horarios do servizo ferroviario do eixe atlántico, a redución do prezo dos billetes nel e o inicio dos trámites para o rescate da concesión da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
3.3 32796 (10/PNP-002475)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia, antes do ano 2020, dun estudo específico respecto do financiamento e implantación da renda básica universal en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
3.4 34510 (10/PNP-002591)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego en relación coa demanda de profesionais no Sergas, especialmente nos puntos de atención continuada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
3.5 38833 (10/PNP-002892)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas medidas de minoración dos impostos anunciadas para a compra de vivenda habitual usada, así como para a xente moza, familias numerosas e persoas con discapacidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
3.6 40364 (10/PNP-003033)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego nas bases reguladoras reflectidas na Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, así como a que debe aplicar na resolución que dite para ese fin para o ano 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
3.7 41089 (10/PNP-003101)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas intervencións e as obras denunciadas nos camiños Primitivo e Francés polas distintas asociacións de defensa dos camiños de Santiago, así como cos proxectos e as obras de acondicionamento e mellora que se realicen no Camiño
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
3.8 41145 (10/PNP-003108)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas peaxes das autoestradas AG-55 e AG-57, así como as demandas que debe realizar ao Ministerio de Fomento en relación coas peaxes e o financiamento das obras nas autoestradas AP-53 e AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
Punto 4. Interpelacións
 

4.1 35663 (10/INT-001186)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co cumprimento da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
4.2 39120 (10/INT-001292)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa información aos consumidores respecto das tarifas eléctricas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
4.3 40773 (10/INT-001353)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa mellora da profesionalización dos servizos de emerxencias e protección civil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 41648 (10/POPX-000121)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a posibilidade de esconder a situación da sanidade pública mediante a información que emite a CRTVG
 
5.2 41649 (10/POPX-000122)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as políticas previstas polo Goberno galego para mellorar a situación da mocidade
 
5.3 41650 (10/POPX-000123)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para parar o continuo deterioro da sanidade pública de Galicia, que ten provocado a dimisión do 80% dos xefes de servizo da Área sanitaria de Vigo
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 38937 (10/POP-004556)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar o peche da factoría de Alcoa na Coruña e a perda dos postos de traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
6.2 41460 (10/PUP-000207)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
 Sobre as medidas que está a adoptar o Goberno galego para contribuír a consolidar o esforzo en I+D+i que se vén realizando, principalmente ao abeiro do Plan Galicia Innova 2020
 
6.3 41647 (10/PUP-000210)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións urxentes de carácter orzamentario ou informativo que vai adoptar a Xunta de Galicia para paliar os efectos que vai ter para miles de familias a perda do Bono Social Eléctrico
 
6.4 40523 (10/POP-004730)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir o futuro do Centro Galego de Bos Aires, preservando o seu patrimonio artístico, documental e bibliográfico, así como os servizos sanitarios que presta ás persoas asociadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
6.5 40853 (10/PUP-000206)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para a conservación do Camiño Francés como patrimonio da humanidade, singularmente ao seu paso polo concello de Touro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 28.11.2018
  
6.6 41598 (10/PUP-000209)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para salvagardar o Centro Galego de Buenos Aires
 
6.7 38011 (10/POP-004463)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto da utilización do persoal do Hospital Povisa por parte da empresa que xestiona ese centro hospitalario á hora de exixir máis recursos públicos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018 
 
6.8 40988 (10/POP-004787) (c.e. 12641)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rey Varela, José Manuel e 10 máis
 Sobre o estado de tramitación do expediente e os prazos estimados pola consellaría para o inicio das obras de remodelación do complexo hospitalario universitario de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
6.9 41046 (10/POP-004792)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Miranda Pena, Flora María
 Sobre a dispoñibilidade por parte da Administración sanitaria pública galega dalgún plan estratéxico de continxencia para organizar, estruturar, planificar e ordenar a atención pediátrica no concello de Cuntis
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
6.10 41592 (10/PUP-000208)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a consideración por parte da Xunta de Galicia da dimisión en bloque de numerosos xefes de servizo de Atención Primaria na área sanitaria de Vigo como un punto de necesaria inflexión na súa política sanitaria
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-12T19:15:00Z 2018-12-12T19:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2806/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 18 de decembro de 2018 (Orzamentos)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 18 de decembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de decembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate e  votación  do  ditame,  emitido pola  Comisión 3.ª,  Economía, Facenda e  Orzamentos, sobre o  Proxecto de  lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019   (09/PL-000010 doc. núm. 39155)

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-12T18:57:00Z 2018-12-12T18:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2805/
O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra presenta a Santalices iniciativas a prol das infraestruturas e a competitividade

 

Santiago, 12 de decembro de 2018.- O presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, presentou este mediodía ao titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, diferentes iniciativas que está a impulsar esa organización no ámbito do desenvolvemento de infraestruturas e da competitividade empresarial.
 
Na entrevista, Jorge Cebreiros explicoulle a Santalices que a CEP vén de integrarse na Plataforma Atlántico Noroeste (PAN) e na Alianza Noroeste, integradas por organización empresariais e entidades de Galicia, Asturias e Castela e León que reclaman a conexión destes territorios co corredor atlántico ferroviario de mercadorías e outras infraestruturas que garantan o desenvolvemento económico. A entrevista foi solicitada polo presidente da CEP e enmárcase na rolda de contactos deste organización con diferentes administracións e organismos públicos.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-12T13:13:00Z 2018-12-12T13:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2804/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 5 de decembro de 2018

4.1 37093 (10/PNP-002780)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a modificación da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, no que atinxe aos artigos referidos ao exercicio do voto polos españois residentes no exterior
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado e aos grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados, e no marco dos traballos que está a rematar a Subcomisión para a Reforma Electoral creada no seo da Comisión Constitucional que modifique, con carácter de urxencia, a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, nos artigos referidos ó exercicio do voto polos españois residentes no exterior, para que poidan exercer o seu dereito a voto coas mesmas garantías que os residentes no territorio español, eliminando a solicitude (rogo) do voto, combinando todas as posibilidades de participación electoral que sexan posibles e simplificando o procedemento en beneficio da eficiencia e a axilidade”.
 
4.2 37208 (10/PNP-002783)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos servizos de "transporte á demanda" que se están a prestar nas zonas rurais máis desatendidas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar os servizos de transporte a demanda, dentro da segunda fase do Plan de Transporte Público de Galicia, co obxecto de garantir a mellora da mobilidade das persoas nas zonas rurais máis desatendidas”.
 
4.5 39526 (10/PNP-002945)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do asinamento da orde de construción das cinco fragatas F-110 da Armada Española no estaleiro de Navantia, na comarca de Ferrol, así como a garantía dos investimentos tecnolóxicos e das infraestruturas necesarias para promover a conversión desa factoría nun estaleiro 4.0
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  que  requira  do  Goberno  de  España: 
 
1)   A  firma,  dentro  deste  ano,  da  orde  de  execución  das  fragatas  F-110,  un  encargo imprescindible para a creación de máis de 7.000 empregos.
 
2)   Garantir os investimentos tecnolóxicos e as infraestruturas que son necesarias para promover a conversión da factoría de Navantia nun Estaleiro 4.0”.
 
4.6 40088 (10/PNP-003000)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas vítimas do franquismo soterradas en fosas comúns en Galicia, así como con aquelas iniciativas promovidas polo Goberno central ou por comunidades autónomas nas que existan persoas galegas desaparecidas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta ao Goberno galego a elaborar    e    aprobar,    coa    participación    das    entidades    locais, universidades   e   asociacións   de   memoria   histórica,   un   Plan   plurianual   de investigación,   localización,   exhumación   e   identificación   das   vítimas   do franquismo  que  están  soterradas  en  foxas  comúns  en  Galicia.  O  procedemento para    a    localización    basearase    na    investigación    por    parte    dun    equipo multidisciplinar  que  teña  en  conta  as  fontes  orais,    as  probas  documentais  e  a relación   de   indicios   que   a   xustifiquen.   Os   traballos   de   exhumación   e identificación realizaranse por equipos profesionais, con financiamento público e de  conformidade  cos  protocolos  establecidos. O obxectivo  último  do  plan  debe ser   a   entrega   dos   restos   ás   familias   e   o   desenvolvemento   de   actos   de enterramento digno”.
 
4.7 40278 (10/PNP-003026)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das intencións do Goberno central referidas á implantación de peaxes nas autovías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia:
 
Amosa a súa rotunda oposición á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías, por consideralo unha medida regresiva, que establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias,  pon  en  risco  a  seguridade  viaria  e  que  supón  un  atranco  o  desenvolvemento económico é a cohesión social en Galicia”.
 
4.8 40356 (10/PNP-003031)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co actual esquema retributivo dos responsables públicos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:

“ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Realizar  un  estudo  no  que  se  analice  o  actual  esquema  retributivo  dos responsables públicos galegos. 
 
2. Realizar  unha  proposta  que  amose  un  compromiso  real  para  establecer  unha política retributiva máis transparente e coherente co fin de reducir o gasto total en soldos públicos. 
 
3. Incluír nos cadros de persoal que forman parte da información dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia o número, categorías e retribucións de persoal eventual e de Gabinete”.
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-05T14:43:00Z 2018-12-11T12:14:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2803/
Santalices anima aos expertos designados polo Parlamento a “atinar no deseño de propostas tecnicamente eficaces e economicamente viables” en materia de incendios forestais

•        O Parlamento de Galicia acolleu o acto de constitución do grupo de expertos derivado do Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal
 
 
Santiago, 5 de decembro de 2018.-
O Parlamento de Galicia acolleu, esta mañá, o acto de constitución formal do grupo de expertos derivado do Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal. As seis persoas designados por proposta dos grupos parlamentarios, deberán presentar, antes de período de alto perigo de incendios de 2019, un informe detallado en relación cos retos actuais e futuros do Servizo Galego de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
 
Na súa intervención, o presidente do Parlamento apuntou que, en contra do que ás veces se afirma, “os resultados  das comisións de estudo, alomenos neste Parlamento en datas recentes, resultan altamente positivos”, tanto pola proxección pública que outorgan ás comparecencias de expertos que ofrecen enfoques “innovadores e construtivos”, como polo caudal de información que poñen a disposición de deputadas e deputados “para un mellor desempeño da función lexislativa.
 
Referíndose ao grupo de expertos que hoxe se constitúe, Santalices Vieira recordou que existe unha coincidencia xeral en que Galicia conta cun bo Servizo da Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia, “unha excelencia que estamos obrigados a manter, obxectivo só viable cunha permanente posta ao día que, necesariamente, deberá ter en conta retos e escenarios novos, como sucedeu coas situacións meteorolóxicas extremas do outono de 2017”.
 
O presidente do Parlamento fixo un chamamento para  “reforzar, aínda máis se fose posible”, a coordinación e a colaboración entre todas as partes implicadas. Na súa opinión, “resulta inconcibible, por exemplo, que un alcalde poda negar o seu teléfono aos responsables da coordinación das emerxencias”.
 
Subliñou Santalices que “Galicia é dona dun patrimonio natural de valor incalculable, cun enorme potencial económico”, feito que pon de manifesto  a “enorme transcendencia” do encargo que asume o grupo de expertos formalizado esta mañá.
 

Traballo en equipo
 
“Sei ben que atinar no deseño de propostas tecnicamente eficaces e economicamente viables non é un cometido doado –dixo Santalices-, pero sei tamén que ante retos desta dimensión é cando a creatividade, o coñecemento científico e a capacidade de traballo en equipo ofrecen os seus mellores restados”.
 
No transcurso do acto, o presidente do Parlamento foi precedido no uso da palabra polo conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez.
 

Informe dos expertos

 
O Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal sinala, en relación co Servizo Galego de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que a posición común nas comparecencias da Comisión é que Galicia conta cun magnífico servizo de extinción de incendios, que debe manter a súa configuración actual de servizo público. Non obstante, e dado que en diferentes comparecencias se debateron distintas cuestións relativas ao SPDCIF e co fin de incrementar a súa eficacia, xa de por si moi alta, a Comisión de Estudo recomenda que se cree un grupo de expertos que, antes do período de perigo alto de incendios do ano 2019, presente un informe detallado .
 
Expertos designados polo Parlamento de Galicia:
 
•       Acebal Lucía, Guillermo - Xefe do servizo provincial de prevención e defensa contra os incendios  A Coruña.
•       Barca Añón, José Luis - Xerente do Consorcio Provincial Contra Incendios e  Salvamento da provincia da Coruña.
•       Rodríguez y Silva, Francisco - Profesor titular de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Córdoba.
•        Bruña Garcia, Xavier.
•        Reza Rodríguez, Xosé Benito.
•        Blanco Casal, Alberte.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-05T11:57:00Z 2018-12-05T11:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2802/
Mocións aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de decembro de 2018

Mocións aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de decembro de 2018
 
3.2 40795 (10/MOC-000115)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto que está a ter en Galicia a suba constante do prezo da electricidade. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 38087, publicada no BOPG n.º 354, do 12.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar en defensa dos puntos acordados no Parlamento galego no pleno do 23 de outubro e dos puntos demandados no escrito remitido polo Comité de Empresa de Alcoa á Xunta de Galicia e ao Goberno de España con data de rexistro de 30 de outubro de 2018.
 
Neste contexto, seguirá a impulsar unha unidade de acción para garantir o mantemento da actividade empresarial e o emprego en Galicia entre a empresa, os traballadores e as administracións públicas”.

3.4 40805 (10/MOC-000117)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais das mulleres que traballan limpando pisos, hoteis e apartamentos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 38579, publicada no BOPG n.º 371, do 16.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a: 
 
Apartado A.
 
1. Demandar do Goberno do Estado que continúe co estudo e as medidas que está levando a cabo en relación ás condicións de traballo que se dan no sector de aloxamento turístico e particularmente nos hoteis, incorporando a perspectiva de xénero.
 
2. Impulsar o diálogo social entre a patronal e as organizacións sindicais para mellorar a calidade do emprego no sector turístico, con especial fincapé en posibles colectivos en risco por prexuizos de xénero.
 
3. Reunirse cos representantes do sector turístico creando un grupo de traballo específico en materia de xénero, que impulse medidas no ámbito da sensibilización, da formación e da aplicación de criterios de contratación que protexan aos colectivos en risco.
 
Apartado B.
 
Solicitar do Goberno central:
 
1. Se aumente o número de inspectores e inspectoras de traballo da seguridade social de Galicia en consonancia co contemplado no Plan Director por un emprego digno, aprobado polo Goberno do Estado. Así como as inspeccións que se levan adiante no sector turístico e que afectan ás condicións das traballadoras.
 
2. Se inicie e axilice o procedemento de analise das condicións de traballo do sector de cara a posibilitar o recoñecemento da xubilación anticipada en función da natureza do traballo das camareiras de piso”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-04T19:43:00Z 2018-12-04T19:44:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2801/
O Parlamento de Galicia acolle unha nova campaña de doazón de sangue na semana da conmemoración do 40 aniversario da Constitución española

• As catorce campañas de ADOS desenvolvidas na Cámara galega acadaron 367 doazóns de sangue
 
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e maila directora da Axencia de Doazón de Órganos (ADOS) e Sangue, Marisa López García, visitaron este mediodía a unidade móbil da Axencia, que se desprazou ata a Cámara galega. Esta visita enmárcase na semana da conmemoración do 40 aniversario da Constitución española e nunhas xornadas festivas que motivan que o permanente chamamento á solidariedade dos cidadáns por parte de ADOS cobre unha especial importancia.
 
Unha unidade móbil de doazón de sangue desprázase polo menos dúas veces ao ano o Parlamento de Galicia, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que efectúa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en empresas e organismos públicos e que representa o 9% de todas as doazóns recollidas anualmente en Galicia. Ademais, dende o ano 2001, as unidades móbiles de ADOS visitaron en catorce ocasións o Parlamento de Galicia, acadando un total de 367 doazóns de sangue no transcurso destas visitas.
 
 
Agradecemento
 
Tanto o presidente do Parlamento como a directora de ADOS tiveron verbas de agradecemento para os cidadáns que doan sangue habitualmente pero, en especial nesta oportunidade, a todos os deputados e deputadas e aos profesionais que desenvolven o seu traballo no Lexislativo galego. Na última campaña de doazón desenvolvida no Parlamento de Galicia, no mes de maio do presente ano, doaron sangue 25 persoas.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-04T14:42:00Z 2018-12-04T14:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2799/
O presidente do Parlamento vincula o Estado de benestar e o impulso da protección legal das persoas con discapacidade á Constitución do 78

• O Parlamento de Galicia acolle un acto institucional conmemorativo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade
• “A predisposición do Parlamento de Galicia en materia de discapacidade  é absoluta”, afirma Santalices
 
• Anuncia a próxima convocatoria dunha bolsa para persoas con discapacidade física e un proxecto para a supresión de barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade do Pazo do Hórreo 
 
Santiago 4 de decembro de 2018.- “É a partir da Constitución do 78 cando toma impulso definitivo o que hoxe coñecemos como o Estado de benestar, ao tempo que se foi articulando un sistema de dereitos e garantías legais que protexe as persoas con discapacidade, sexa esta de tipo físico ou intelectual”. Así o manifestou esta mañá o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, nun acto institucional organizado na Cámara galega co gallo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade  que se celebra cada 3 de decembro.
 
Santalices afirmou que a elección do Pazo do Hórreo como escenario para este acto conmemorativo afianza o papel do Parlamento, “a casa de todas as galegas e galegos, e de maneira especial das persoas máis necesitadas do amparo, do apoio e do alento das institucións públicas”.
 
Admitiu o presidente do Parlamento que o sistema de protección das persoas con discapacidade debe seguir avanzando de cara a superar os atrancos que aínda persisten.
 
O exemplo do Parlamento
 
“A predisposición do Parlamento de Galicia en materia de discapacidade  é absoluta”, afirmou Santalices Vieira antes de recordar a existencia dunha comisión non permanente de discapacidade, as medidas da administración parlamentaria en materia de integración de persoas con discapacidade; ou os acordos para canalizar a interlocución do Parlamento coas diferentes organizacións que traballan no ámbito da discapacidade.
 
O presidente do Parlamento anunciou tamén a próxima convocatoria dunha bolsa de formación orientada a persoas con discapacidade física, así como a elaboración dos proxectos técnicos orientados á supresión de barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade do edificio que alberga o Lexislativo galego.
 
Referiuse tamén ás diferentes  posibilidades de participación cidadá habilitadas polo Parlamento de Galicia e recordou que a última delas, a posta en servizo dunha sede electrónica, converte ao Parlamento de Galicia no primeiro de España en ofrecer un servizos destas características.
 
No acto tomaron tamén a palabra a conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, e o presidente do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), Iker Sertucha

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-04T11:08:00Z 2018-12-04T11:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2798/
Santalices recorda que na transición “os españois deron exemplo de xenerosidade e tolerancia para dar paso á etapa de maior estabilidade e prosperidade da nosa historia”

• O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a primeira das dúas xornadas organizadas para conmemorar o 40 aniversario da Constitución
• Reivindica o pacto constitucional e os seus resultados que “se cadra polo proverbial pesimismo que levamos nos nosos xenes, non sempre valoramos na súa auténtica dimensión”
 
Santiago, 3 de decembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, apuntou este mediodía que durante a transición á democracia “españois situados nas antípodas ideolóxicas deron exemplo de xenerosidade, de renuncia e de tolerancia para dar paso á etapa de maior estabilidade e prosperidade de toda a nosa historia”.
 
Santalices Vieira facía esta reflexión no acto de clausura da  xornada de Análise dos 40 anos da Constitución española desde a perspectiva de Galicia, a primeira dunha serie de dúas actividades que terá continuidade o próximo 21 de decembro.
 
A celebración destas xornadas conmemorativas do 40 aniversario da Constitución española “resultaba obrigada para o Parlamento de Galicia e para a sociedade galega no seu conxunto”.
 
 
Balance razoablemente satisfactorio
 
Ao seu xuízo, a Constitución do 78 “ofrece un balance razoablemente satisfactorio, sen que iso implique deixar de recoñecer erros e debilidades que todas e todos temos a obriga de corrixir”.
 
Recordou o presidente do Parlamento de Galicia que “o noso Estatuto de Autonomía, as elevadas cotas de autogoberno que Galicia xestiona hoxe, a posta en valor dos nosos sinais de identidade, o Estado do benestar, o crecemento exponencial da clase media nestes 40 anos –malia as dificultades que aínda persisten-, mesmo a nosa plena e exitosa integración en Europa, son consecuencia directa do pacto constitucional que, se cadra polo proverbial pesimismo que levamos nos nosos xenes, non sempre valoramos na súa auténtica dimensión”.
 
 
O valor do xornalismo
 
Para Santalices, ao convidar a diferentes xornalistas a esta xornada “quixemos facer memoria dos cambios operados pola sociedade española e  galega, e tamén reivindicar solemnemente o valor inmenso dos xornalistas e dos medios de comunicación”. Considerou que “sen xornalismo non hai democracia, unha afirmación dificilmente rebatible, que cobra unha especial dimensión nestes tempos convulsos nos que as noticias falsas contribúen a distorsionar a realidade”.
O presidente do Parlamento valorou tamén a participación de catedráticos e profesores das universidades galegas, avalados polo “traballo e a investigación rigorosa desenvolvidos ano tras ano”
 
Agradeceu Santalices a participación de tres dos portavoces parlamentarios da Cámara galega, “protagonistas destacados e insubstituíbles nun debate que debe sumar criterios xurídicos e políticos”.
 
 
Programa
 
A xornada de hoxe comezou cunha conferencia na que a xornalista Pilar Cernuda falou sobre 40 anos da Constitución. Perpectiva galega na prensa de Madrid. Celebrouse, de seguido, unha mesa redonda titulada Galicia e os 40 anos da Constitución. Aqueles primeiros anos desde a prensa galega, moderada por Javier García Sánchez, coa participación dos tamén xornalistas José Manuel Rivas Troitiño, Encina Ramos e Aurea Sánchez.
 
A mesa redonda sobre A Constitución de 1978 vista desde as universidades galegas foi moderada polo catedrático de Dereito Constitucional e primeiro reitor da Universidade da Coruña, José Antonio Portero Molina, coa participación de Roberto Blanco Valdés (Universidade de Santiago), Ana María Aba Catoira (Universidade da Coruña) e José Agustín González-Ares Fernández, (Universidade de Vigo).
 
A derradeira mesa redonda desta xornada versou sobre A Constitución de 1978: pasado, presente e futuro, e contou coa participación da viceportavoz  do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Patricia Vilán Lorenzo; do Grupo Parlamentario de En Marea, Luis Villares; e do  Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Pedro Puy Fraga. Estivo moderada polo xornalista Jesús Fontenla.
 
A clausura da xornada correu a cargo do vicepresidente da Xunta e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela, e do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
A de hoxe foi a primeira dunha serie de dúas xornadas. A seguinte celebrarase o próximo 21 de decembro baixo o título Da Constitución española de 1978 ao estatuto de Autonomía de Galicia.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-03T14:23:00Z 2018-12-03T14:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2797/
O Parlamento de Galicia organiza dúas xornadas conmemorativas do 40 aniversario da Constitución


 
• Celebraranse os días 3 e 21 de decembro e contarán coa participación de xornalistas, catedráticos e profesores universitarios, historiadores, políticos da transición e portavoces parlamentarios

Santiago, 1 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia acollerá, ao longo do mes de decembro, dúas xornadas conmemorativas do 40 aniversario da Constitución española, que contarán coa participación de xornalistas, catedráticos e profesores universitarios, historiadores, políticos da transición e portavoces parlamentarios.
 
A primeira xornada celebrarase o próximo luns, 3 de decembro, e levará por título Análise dos 40 anos da Constitución española desde a perspectiva de Galicia, mentres que a segunda, que se celebrará o 21 de decembro, denominarase Da Constitución española de 1978 ao Estatuto de Autonomía de Galicia.
 
3 de decembro
 
A primeira deste ciclo de dúas xornadas, a do 3 de decembro, comezará cunha conferencia na que a xornalista Pilar Cernuda falará  sobre 40 anos da Constitución. Perpectiva galega na prensa de Madrid. Celebrarase, de seguido, unha mesa redonda titulada Galicia e os 40 anos da Constitución. Aqueles primeiros anos desde a prensa galega, moderada por Javier García Sánchez, coa participación dos tamén xornalistas José Manuel Rivas Troitiño, Encina Ramos e Aurea Sánchez.
 
Seguiralle unha mesa redonda sobre A Constitución de 1978 vista desde as universidades galegas, que será moderada polo catedrático de Dereito Constitucional e primeiro reitor da Universidade da Coruña, José Antonio Portero Molina, coa participación de Roberto Blanco Valdés (Universidade de Santiago), Ana María Aba Catoira (Universidade da Coruña) e José Agustín González-Ares Fernández, (Universidade de Vigo).
 
A derradeira mesa redonda desa xornada, moderada polo xornalista Jesús Fontenla, versará sobre A Constitución de 1978: pasado, presente e futuro, e contará coa participación da viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Patricia Vilán Lorenzo; e dos portavoces do Grupo Parlamentario de En Marea, Luis Villares; e do  Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Pedro Puy Fraga. Foron convidados os catros grupos parlamentarios representados na Cámara.
 
A clausura da xornada correrá a cargo do vicepresidente da Xunta e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela; e do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
21 de decembro
 
Baixo o título Da Constitución española de 1978 ao Estatuto de Autonomía de Galicia, a xornada prevista para o 21 de decembro comezará cunha conferencia do historiador e catedrático de historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Justo Beramendi González, que falará sobre 38 anos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. Contexto histórico. Será presentado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco.
 
Acto seguido, está prevista unha mesa redonda, moderada por Ramón Villares Paz, catedrático de historia contemporánea da USC e ex-presidente do Consello da Cultura Galega, titulada Da Constitución do 78 aos pactos do Hostal. Participarán José Luís Barreiro Rivas (AP), José Rivas Fontán (UCD), Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE), Luis Sobrado Fernández (PG) e Carlos Barros Guimeráns (PCG).
 
A derradeira mesa redonda da xornada analizará O Estatuto de Autonomía de Galicia: balance e perspectiva, e contará coa participación dos portavoces do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga; do Grupo Parlamentario de En Marea, Luis Villares Naveira; e do  Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Pedro Puy Fraga. Sera moderada pola xornalista Carmen Lourido.
 
Inscrición a través da web do Parlamento
 
O programa completo das xornadas, así como o formulario de inscrición para as persoas que desexen asistir están dispoñible na web do Parlamento de Galicia: https://goo.gl/8qAxQU. As xornadas son abertas ao público, previa inscrición. Os asistentes recibirán diploma de asistencia.
 
A clausura desta segunda xornada correrá a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que será precedido no uso da palabra polo titular do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-12-01T12:47:00Z 2018-12-01T12:50:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2796/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 30-11-2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 30 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 36686 (10/PNC-002941)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a defensa da pesca de quenlla por parte da frota de palangre, así como a clarificación técnica da interpretación da normativa que prohíbe a práctica denominada "finning" e a súa aplicación ao resto de frotas mundiais
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificación respecto do texto orixinal. Votación separada por puntos:
 
Punto 1º, resulta aprobado por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións; Punto 2º, resulta aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado:
 
1. Que defenda a pesca de quenlla por parte da nosa frota de palangre e proceda a demandar da Comisión Europea a clarificación técnica da interpretación da normativa que prohibe a práctica coñecida como "finning".
 
2. Que traballe no seno da Unión Europea para que se estenda a aplicación da normativa europea nesta materia ao resto de frotas mundiais e así evitar que existan diferentes condicionantes para esta práctica pesqueira segundo a frota de cada país. Tendo en conta que corresponde á Comisión Europea realizar as xestións oportunas nos foros internacionais para que este aspecto se consiga."

Aprobación por unanimidade con modificacións:
 
- 38059 (10/PNC-003049)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
Sobre o asinamento por parte do Goberno galego dun convenio coa Deputación Provincial da Coruña para o financiamento da implantación de semente produtiva na ría de Ferrol
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a artellar unha fórmula coa Deputación Provincial da Coruña para que cada administración proceda a asignar una cantidade, non inferior a 70.000 euros por cada administración, co fin de recuperar e promover a mellora produtiva da ría de Ferrol."

Aprobación por unanimidade sen modificacións:
 
- 36694 (10/PNC-002945)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao Ministerio de Fomento das actuacións necesarias destinadas a solucionar a problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e do Ministerio de Fomento a continuación dos trámites necesarios para finalizar as modificacións normativas precisas, conforme á negociación mantida, de cara a darlle solución á problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos."
 
- 37716 (10/PNC-003030)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e 3 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboración co sector e as universidades galegas, dun plan integral de apoio ao sector do mar afectado pola normativa europea que obriga ao desembarco da totalidade das capturas
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a elaborar, en cooperación co sector e as Universidades galegas, un plan integral de apoio ao sector do mar afectado por esta norma, que permita abordar o impacto económico que a obriga de desembarco vai ter para a frota artesanal galega. Este plan debe contemplar, entre outros, dende os estudos para aplicar melloras técnicas nas embarcacións que permitan reducir os descartes, así como o financiamento dos estudos científicos que permitan minimizar o impacto da norma logo da súa presentación ás autoridades europeas, ata os mecanismos de compensación económica ante as situación de peche que se poidan provocar pola aplicación da norma."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-30T16:18:00Z 2018-11-30T16:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2795/
Santalices apoia a presenza da arte galega nunha exposición do Congreso e o Senado

• Asistiu nas dúas cámaras á inauguración da mostra El Poder del arte. Obras de la colección del Museo Reina Sofía, organizada no marco da conmemoración do 40 aniversario da Constitución

Santiago, 30 de novembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu este mediodía, primeiro no Congreso dos Deputados, e logo no Senado, á inauguración da exposición El Poder del arte. Obras de la colección del Museo Reina Sofía. A mostra está organizada no marco da conmemoración do 40 aniversario da Constitución española e divídese en dous espazos diferentes: o Congreso e o Senado.
 
Coa súa asistencia ao acto inaugural, ademais de sumarse ás actividades conmemorativas do 40 aniversario da Constitución, Santalices Vieira quere respaldar expresamente á arte galega contemporánea, representada nesta exposición con obras de Maria Ruido, Francisco Leiro, Menchu Lamas e Antón Lamazares.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-30T14:41:00Z 2018-11-30T14:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2794/
O presidente do Parlamento recibe en Madrid a Insignia de Ouro 2018 da Asociación de Médicos Gallegos

 
• Santalices recorda que a asunción das transferencias sanitarias marcou un punto de inflexión na mellora asistencial en Galicia e puxo en valor a excelente capacitación dos facultativos  galegos
 
• Apunta, baseándose na experiencia do Parlamento de Galicia,  que unha das claves para elaborar boas leis sanitarias reside en escoitar aos expertos e ás persoas usuarias
 
Santiago, 29 de novembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta noite en Madrid a Insignia de Ouro 2018 da Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA), un acto no que destacou que a asunción das transferencias sanitarias marcou un punto de inflexión na mellora asistencial e puxo en valor a excelente capacitación dos facultativos  galegos.
 
A xuízo de Santalices, pódese falar de “un antes e un despois” da transferencia do antigo Insalud a Galicia, efectiva a partir do 1 de xaneiro de 1991, un punto de inflexión que marcou o inicio dunha constante mellora da oferta e a calidade asistencial que o Sergas presta na Comunidade Autónoma.
 
Desafío superado con éxito
 
A transferencia permitiu que “foramos capaces de definir as nosas propias necesidades sanitarias, tendo en conta as peculiaridades da poboación”. Recordou o presidente do Parlamento, que coa asunción das competencias en materia de asistencia sanitaria, Galicia asumiu o reto de organizar e xestionar os seus propios recursos sanitarios, un desafío superado con éxito, convertendo ao sistema sanitario galego nunha referencia.
 
Como exemplo das novidades introducidas, Santalices citou a historia clínica electrónica (Ianus), a receita electrónica, o teléfono 061 de urxencias sanitarias, e as novas infraestruturas sanitarias postas en servizo, tanto no ámbito hospitalario (entre as que citou o Hospital Público Alvaro Cunqueiro de Vigo, a maior obra destas características acometida en España nos últimos anos e unha das maiores de Europa), como no da atención primaria, coa construción e mellora dunha extensa rede de centros de saúde, especialmente no ámbito rural.
 
O presidente do Parlamento apuntou que “sempre é bo acudir á fonte limpa na asistencia sanitaria, e os médicos de ASOMEGA son unha das nosas fontes limpas, porque son facultativos de referencia”.
 
Santalices Vieira confesouse emocionado e ilusionado por este recoñecemento, na medida en que é outorgado por médicos galegos que exercen en postos estratéxicos de centros de referencia e fixo extensiva a distinción a todas as compañeiras e compañeiros cos que compartiu responsabilidades profesionais no Sergas e tamén aos seus colaboradores directos nos diferentes destinos.
 
Un Parlamento que escoita aos expertos e á cidadanía
 
Ao igual que no exercicio da medicina, Santalices recordou que tamén no Parlamento é necesario contar coa opinión dos mellores expertos en cada materia de cara a elaborar lexislación de calidade. 
 
A Lei de racionalización do gasto na prestación farmacéutica, que implantou o catálogo priorizado de fármacos que estendeu o uso de xenéricos; a Lei de garantías de prestacións sanitarias, que regula cuestións como o dereito a dispoñer dunha  segunda opinión médica ou a manifestar as instrucións previas; ou a Lei de  dereitos  e  garantías  da  dignidade  das  persoas  enfermas terminais, que regula os coidados sanitarios ao final da vida, son exemplos de normas elaboradas polo Parlamento de Galicia contando coa opinión de expertos, e tamén dando resposta ao sentir da cidadanía.
 
Para Santalices, unha das claves de que algunha destas normas teña sido tomada como referencia noutros puntos de España reside na sensibilidade amosada polas deputadas e deputados do Parlamento de Galicia respecto aos criterios que lles foron trasladados previamente polos profesionais sanitarios e polas persoas usuarias do sistema.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-29T21:39:00Z 2018-11-29T21:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2793/
Acordo da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do 29.11.2018

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 29 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 38789 (10/PNC-003107)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 13 máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia da redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento do trazado da estrada OU-636, entre Freixido e A Pobra de Trives, para posibilitar a súa aprobación no ano 2019 e a realización dos trámites necesarios para a execución das obras
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 entre Freixido e A Pobra de Trives, co obxectivo de que poida estar redactado e aprobado no ano 2019 para, a continuación, seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-29T14:23:00Z 2018-11-29T14:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2792/
O Parlamento de Galicia convértese na primeira Cámara autonómica en contar con sede electrónica


• A medida pon a disposición de deputados, persoas e empresas todos os servizos de administración electrónica existentes na actualidade e supón a plena adaptación á lexislación máis recente na materia
 
• Reforza as posibilidades de participación cidadá no Parlamento, e completa a dixitalización de procedementos como a licitación e  a factura electrónica
 
Santiago, 28 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia é, desde hoxe, a primeira Cámara lexislativa autonómica en contar cunha sede electrónica plenamente operativa que pon a disposición de deputados, empresas e cidadanía tecnoloxía e procedementos de vangarda en materia de administración electrónica, ao tempo que garante a plena adaptación da plataforma á lexislación máis recente neste ámbito.
 
O titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, recorda que “o Parlamento de Galicia conta desde 2015 cos procedementos de participación cidadá máis avanzados de España -é o único, por exemplo, que contempla a presentación de proposicións non de lei de iniciativa popular-, e agora lidera a oferta de sede electrónica, nunha aposta decidida pola innovación”. Outros lexislativos autonómicos están a desenvolver as súas sedes electrónicas, pero aínda non entraron en servizo.
 
A sede electrónica do Parlamento de Galicia foi desenvolvida pola empresa Indra, gañadora do concurso público convocado a tal efecto pola Administración parlamentaria.
 
Colaboración de Amtega
 
O Parlamento de Galicia agradece tamén a colaboración prestada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que comparte coa Cámara galega  servizos comúns no ámbito das TIC do sector público autonómico.
 
 
Funcionalidades
 
Entre outras funcionalidades, a sede electrónica do Parlamento de Galicia permite a presentación, a través da web, de todos os documentos relacionados cos procedementos que tramita o Parlamento de Galicia, tanto no ámbito da participación cidadá na actividade parlamentaria, como os vinculados coa licitación electrónica ou o Rexistro de facturas.
 
 
Sistemas dixitais
 
A sede electrónica do Parlamento susténtase en diferentes sistemas dixitais, implantados a partir da colaboración brindada pola Amtega.
 
Trátase  da Chave365, que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica en necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico; a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil. 
 
A Validación de certificados permite verificar a validez do certificado (calquera dos admitidos pola sede electrónica), ou certificados, empregados para asinar un documento. Os certificados admitidos son todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
O Selado de tempo ten como obxectivo funcional a realización de operacións de selado de tempos, que garante de forma legal e inequívoca que o documento non foi alterado dende o momento do seu selado.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-28T14:05:00Z 2018-11-28T14:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2791/
Acordo da Comisión Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, do día 28.11.2018

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 28 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 38452 (10/PNC-003075)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa taxa de reposición de prazas vacantes vixente na actualidade, así como a actuación que debe levar a cabo para recuperar todas as prazas vacantes do Sistema público de saúde de Galicia
BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a instar ao Goberno español á eliminación como norma básica da taxa de reposición de efectivos na Lei estatal de orzamentos do ano 2019, correspondendo a cada comunidade autónoma a competencia de determinar o número de prazas a incluír na oferta anual de emprego público."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-28T14:01:00Z 2018-11-28T14:01:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2790/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto parao día 4 de decembro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de decembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de novembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (doc. núm. 32947, 10/PPL-000026)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 331, do 04.07.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, pola que se regula o sistema de provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (doc. núm. 38843, 10/PPL-000027)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, para o fomento da responsabilidade social en Galicia (doc. núm. 38858, 10/PPL-000029)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 38091 (10/CPP-000084)
Da Sra.  conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta da liña de traballo de cara á negociación dos totais admisibles de capturas e das cotas para 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 40794 (10/MOC-000114)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos proxectos de instalacións de xestión e tratamento de residuos, así como coas instalacións xa existentes. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 38227, publicada no BOPG n.º 368, do 10.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)

3.2 40795 (10/MOC-000115)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto que está a ter en Galicia a suba constante do prezo da electricidade. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 38087, publicada no BOPG n.º 354, do 12.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)
 
3.3 40799 (10/MOC-000116)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa dotación de medios humanos e materiais dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 27682, publicada no BOPG n.º 280, do 21.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)
 
3.4 40805 (10/MOC-000117)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais das mulleres que traballan limpando pisos, hoteis e apartamentos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 38579, publicada no BOPG n.º 371, do 16.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.11.2018)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 37093 (10/PNP-002780)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a modificación da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, no que atinxe aos artigos referidos ao exercicio do voto polos españois residentes no exterior
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
4.2 37208 (10/PNP-002783)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos servizos de "transporte á demanda" que se están a prestar nas zonas rurais máis desatendidas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
4.3 38254 (10/PNP-002845)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Toja Suárez, María Dolores
Sobre a elaboración por parte do Goberno galego dun plan integral de formación náutico-pesqueira para a Mariña lucense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
4.4 39171 (10/PNP-002917)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Rodríguez Estévez, David
Sobre a defensa polo Goberno galego dun plan estratéxico propio para Galicia cara ao vindeiro período da Política Agraria Común
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
4.5 39526 (10/PNP-002945)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do asinamento da orde de construción das cinco fragatas F-110 da Armada Española no estaleiro de Navantia, na comarca de Ferrol, así como a garantía dos investimentos tecnolóxicos e das infraestruturas necesarias para promover a conversión desa factoría nun estaleiro 4.0
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
4.6 40088 (10/PNP-003000)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas vítimas do franquismo soterradas en fosas comúns en Galicia, así como con aquelas iniciativas promovidas polo Goberno central ou por comunidades autónomas nas que existan persoas galegas desaparecidas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
4.7 40278 (10/PNP-003026)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das intencións do Goberno central referidas á implantación de peaxes nas autovías
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
4.8 40356 (10/PNP-003031)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co actual esquema retributivo dos responsables públicos de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Punto 5. Interpelacións
 

5.1 39327 (10/INT-001300)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a xestión do Goberno galego en materia de sanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
5.2 40091 (10/INT-001327)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa reforma da Política Agraria Común para o período 2021-2027
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
5.3 40351 (10/INT-001341)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e Lago Peñas, José Manuel
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego da industria galega do automóbil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 40859 (10/POPX-000118)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración da contribución do Goberno galego ao autogoberno de Galicia, despois de nove anos sen conseguir a transferencia de ningunha competencia
 
6.2 40860 (10/POPX-000119)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da evolución da desigualdade social en Galicia
 
6.3 40861 (10/POPX-000120)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
Sobre as cuestións que ten que ocultar o Goberno galego en relación coa xestión da sanidade pública de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 40204 (10/POP-004683)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a valoración do Goberno galego respecto do grao de cumprimento da Lei 8/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
7.2 40849 (10/PUP-000205)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa rexeneración da ría do Burgo
 
7.3 33582 (10/POP-003888)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre os traballos para a posta en marcha da 2ª fase do Plan de transporte público de Galicia no ano 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 27.07.2018
 
7.4 39559 (10/POP-004622)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para reverter o incremento do número de persoas falecidas nas estradas de Galicia no ano 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
7.5 40848 (10/PUP-000204)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre a información do Goberno galego referida a posible realización por Augas de Galicia dun seguimento das condicións nas que quedou a canle do río Xunqueira despois da curta autorizada de árbores
 
7.6 40853 (10/PUP-000206)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para a conservación do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade, singularmente ao seu paso polo concello de Touro
 
7.7 33981 (10/POP-003959)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 10 máis
Sobre as obras de ampliación e remodelación do Hospital da Mariña lucense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
7.8 35488 (10/POP-004183)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a planificación do Goberno galego para solucionar o déficit de profesionais existente no Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 355, do 13.09.2018
 
7.9 40033 (10/POP-004665)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Oubiña Solla, Rosa e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego en relación coa campaña da vendima de 2018 nas cinco denominacións de orixe de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
7.10 40159 (10/POP-004679)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a realización polo Goberno galego dalgunha análise en relación coa situación actual da cría do percebe e a previsión cara á campaña do Nadal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
 
Xosé Antón Sarmiento Méndez
Letrado oficial maior
 
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018
 
 
 
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-27T18:28:00Z 2018-11-27T18:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2789/
Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, do 27.11.2018

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 37603 (10/PNC-003019)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Educación da articulación, no marco do Pacto social e político pola educación, dun procedemento de acceso á universidade que garanta o mesmo nivel de exixencia nas probas de acceso e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos, con independencia da comunidade autónoma onde residan
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do goberno de España para que, dentro do marco do Pacto Social e Político pola Educación, se articule un procedemento de acceso á universidade no que as probas de acceso garanticen o mesmo nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos independentemente de en que comunidade autónoma residan."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 36157 (10/PNC-002902)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa iniciación do proceso de declaración da ponte de Cruzul, no concello de Becerreá, como "ben de interese cultural"
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias diante do Goberno español para iniciar, no menor tempo posible, a declaración da Ponte de Cruzul (Concello de Becerreá) como Ben de Interese Cultural."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-27T13:36:00Z 2018-11-27T13:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2788/
A Real Academia Galega de Belas Artes colaborará na divulgación da colección artística do Parlamento de Galicia


• Os presidentes do Parlamento e o da Real Academia Galega de Belas Artes formalizaron o compromiso a través dun convenio de colaboración asinado esta mañá

Santiago, 27 de novembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o responsable da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana Martelo, asinaron esta mañá un convenio de colaboración orientado á difusión, estudo, investigación e conservación da colección de arte da Cámara galega e do propio edificio que a alberga.
 
O Parlamento de Galicia conta cunha valiosa e variada colección de arte galega contemporánea, integrada por máis de 300 obras pictóricas e escultóricas, fundamentalmente, tanto propiedade da Cámara como en depósito.
 
O convenio asinado por Santalices Vieira e Quintana Martelo non comporta obrigas económicas e busca incrementar o coñecemento da colección de arte da Cámara por parte da sociedade, así como o seu estudo e investigación desde a óptica da museoloxía.
 
A Real Academia Galega de Belas Artes, asociada ao Instituto de España, é unha corporación oficial que actúa como institución consultiva, informativa e asesora dos organismos públicos e privados que teñan ao seu cargo a defensa, a conservación e a restauración do tesouro artístico e monumental de Galicia, fomenta a investigación e a práctica das artes, e vela, desde as súas posibilidades, pola conservación, valoración e difusión da riqueza monumental e artística.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-27T11:08:00Z 2018-11-27T11:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2787/
O Parlamento de Galicia recibe en Asturias o Pupitre de Honra como recoñecemento ao seu apoio ao Foro Comunicación y Escuela

 
• Santalices Vieira participou en Vegadeo, co seu homólogo asturiano, na conmemoración do décimo aniversario deste proxecto educativo
 
Santiago, 27 de novembro de 2018.- O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, recolleu esta tarde en Vegadeo (Asturias) o Pupitre de Honra concedido ao Parlamento de Galicia como recoñecemento ao apoio brindado pola Cámara galega ao Foro Comunicación y Escuela, que celebra o seu décimo aniversario.
 
O presidente do Parlamento de Galicia felicitou aos promotores desta iniciativa educativa da que destacou, ademais, a súa aposta polos hábitos de vida saudables.
Amosouse encantado con este recoñecemento, que relacionou coa aposta do Parlamento de Galicia por abrirse á sociedade, tanto para potenciar as visitas ao Pazo do Hórreo, como para divulgar e animar a utilizar as diferentes posibilidades de participación cidadá na actividade parlamentaria.
 
Santalices resaltou o acerto que supoñen as diferentes iniciativas de cooperación impulsadas por asturianos e galegos, e puxo como exemplo o traballo dos presidentes das dúas comunidades en materia de financiamento autonómico, dispersión poboacional ou demografía.
 
O acto contou tamén en coa asistencia, entre outras autoridades, do presidente da Xunta Xeral (Parlamento) do Principado de Asturias, Pedro Sanjurjo; e do delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-26T19:15:00Z 2018-11-26T19:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2786/
Diego Calvo presenta na Coruña o libro que certifica a orixe de Isabel Zendal, “heroína galega que merece figurar nos manuais de historia”

 
• Canda o libro, editado polo Parlamento de Galicia, presentouse tamén o “Espazo Isabel Zendal” na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña
 
Santiago, 26 dem novembro de 2018.- A escasas datas do aniversario da partida, desde o porto da Coruña, da expedición Filantópica da Vacina, o 30 de novembro de 1803, o vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso presentou na cidade herculina o libro Isabel Zendal nos arquivos de Galicia, que certifica a orixe galega da que é considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
 
O libro é obra do historiador e xornalista Antonio López Mariño e foi editado polo Parlamento de Galicia atendendo unha proposta da Asociación Isabel Zendal.
 
En palabras de Diego Calvo, coa publicación deste libro “sae definitivamente á luz o ADN identitario de Isabel Zendal e remátase coa infinidade de confusións que rodeaban a sua figura”. A investigación de López Mariño acredita que Isabel Zendal  naceu na aldea de Agrela, na parroquia de Santa Mariña de Parada, en Ordes, no derradeiro terzo do século XVIII.
 
Enfermidade erradicada
 
Isabel Zenal foi a responsable directa da atención aos nenos que portaban nos seus corpos a vacina da variola  que, deste xeito chegou a América e, desde alí, a Filipinas e a China. “Grazas a ela, ao seu traballo e á súa entrega, hoxe podemos falar dunha enfermidade erradicada e non dunha infección gravísima, mortal na meirande parte dos casos”, segundo lembrou Calvo Pouso.
 
Para o vicepresidente do Parlamento, coa edición deste libro, e a inauguración do denominado “Espazo Isabel Zendal”, na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, “lembramos a unha heroína galega que merece figurar nos  manuais de historia”. 
 
Diego Calvo aproveitou a presentación do libro sobre a enfermeira da expedición que contribuíu a erradicar a variola para “facer un chamamento e unha advertencia” fronte aos riscos que se derivan dos  movementos que rexeitan as vacinas.
 
O acto celebrado este mediodía na Coruña contou tamén coa participación do conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña; o autor do libro, Antonio López Mariño; e a presidenta da Asociación Isabel Zendal, Pilar Farjas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-26T16:11:00Z 2018-11-26T16:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2785/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 23.11.2018

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 23 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 38784 (10/PNC-003106)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 5 deputados/deputadas máis
Sobre a continuación pola Xunta de Galicia co impulso dos programas de mellora da raza rubia galega
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir a potenciar os programas de mellora da raza rubia galega."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39109 (10/PNC-003136)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 deputados/deputadas máis
Sobre a renovación polo Goberno galego do Programa de recollida de plástico agrícola, así como o establecemento dunha liña de axudas aos concellos de vocación agrícola-gandeira para a súa recollida e o acondicionamento dos puntos de depósito
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a estudar medidas para colaborar cos concellos na recollida e transporte dos plásticos usados de orixe agrícola."
 
 
 
- 39340 (10/PNC-003160)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 deputados/deputadas máis
 
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a execución da reestruturación parcelaria nas parroquias de Bamonde, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño, do concello de Teo
BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que estude a posibilidade de iniciar os traballos de reestruturación parcelaria de Baamonde, Lampai, Luci, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño, así como de outras zonas que tamén o soliciten, cumprindo cos obxectivos da Lei 6/2011, de 13 de outubro de Mobilidade de terras e da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-23T14:37:00Z 2018-11-23T14:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2784/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 22-11-2018

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 22 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 38811 (10/PNC-003112)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central respecto da orde definitiva para a tramitación referida aos suplementos territoriais en relación coas peaxes de acceso de enerxía eléctrica de 2013, os custos que se requiran para o cumprimento das sentenzas xudiciais na materia, así como o establecido nos artigos 16.4 e 17.6 da Lei 24/2013, do sector eléctrico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:
 
. Puntos 1 e 2, aprobados por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
. Punto 3, rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal,  é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado:
 
1. Que exclúa a Galicia da Orde definitiva para a tramitación respecto dos suplementos territoriais para o exercicio 2013, por atentar contra as competencias galegas en materia de tributación ambiental e por seren contrarias para os intereses dos galegos e galegas e da nosa economía.
 
2. En caso de non prosperar os recursos legais e políticos á aplicación dos suplementos territoriais, demandar do Estado a asunción de todos os custes que sexan requiridos para dar cumprimento a estas Sentenzas, xa que foi una norma emitida polo goberno central a causante destas."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39010 (10/PNC-003126)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 10 máis
Sobre a continuación polo Goberno galego co afondamento na mellora e especialización da Vía da Prata como ruta preferente para os peregrinos a cabalo, a través do impulso, polo menos, dun albergue adaptado a esas características
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. de En Marea doc. núm. 40687 e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Seguir afondando na mellora e especialización da Vía da Prata como ruta preferente para os peregrinos a cabalo a través do impulso, a lo menos, dun albergue adaptado a estas características.

2.- Elaborar un mapeo da Vía da Prata indicando os servizos existentes, públicos e privados, para a acollida dos peregrinos a cabalo, promovendo uns criterios de calidade que garantan o axeitado benestar animal."
 
- 39114 (10/PNC-003137)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galicia, a comezar por:

1. Solicitar da multinacional a retirada do ERE de extinción de emprego.

2. Promover a constitución dunha mesa de negociación para loitar pola continuidade da empresa na que se dea participación ao cadro de persoal, entidades sociais e administración comprometidas coa súa permanencia.

3. Negociar un marco enerxético estábel para a industria do noso país."
 
- 39124 (10/PNC-003138)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co anuncio de peche da factoría de Alcoa na Coruña, así como as demandas que debe realizar ao Ministerio de Transición Ecolóxica respecto da industria electrointensiva e a regulación do sector eléctrico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación por puntos como segue:
 
Os puntos 1 a 4 (o punto 4 transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 40677) resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O punto 5 transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 40677, resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Os punto 6, resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Os puntos 7, 8 e 9 da emenda do G.P. de En Marea, resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Realizar as actuacións necesarias ante Alcoa para que retire o ERE de extinción como primeira medida para reconducir a situación.

2.- Desenvolver todas as accións necesarias para poñer en marcha de inmediato una mesa de negociación entre a empresa, os traballadores, os Concellos afectados, a Xunta e o Goberno do Estado.

3.- Instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a convocatoria e execución inmediata da partida orzamentaria de 2018 de 150 M€ para mellorar a viabilidade da industria electrointensiva.

4. Instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a condicionar as axudas á industria electrointensiva á mellora tecnolóxica e ao mantemento do emprego."
 
- 39528 (10/PNC-003174)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego á Dirección da empresa pública Navantia para manter a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación xunto coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 40685 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Dirección da empresa pública Navantia a continuar o esforzo no eido comercial para manter a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene, xa sexa a través da eólica offshore coma coa construción de buques civís e buques militares."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-22T20:30:00Z 2018-11-22T20:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2783/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 21 de novembro de 2018

4.2 29816 (10/PNP-002188)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre a implantación e aplicación polo Goberno galego das medidas normativas e regulamentarias necesarias para evitar, a partir do curso 2018-2019, a exixencia polos centros escolares de uniformes diferentes para cada sexo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018

 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento  de Galicia  insta  ao Goberno  galego a implantar  e aplicar todas  as medidas  normativas  e  regulamentarias  pertinentes  para  que,  a  partir  do  seguinte curso   escolar   19-20,   todos   aqueles   centros   educativos   que   decidan   que   o alumnado  leve  uniforme  escolar,  non  obriguen  a  un  código  de  vestimenta diferenciado  por  sexo  entre  alumnas  e  alumnos,  contemplando  en  todo  caso  a opción de que as alumnas poidan elixir acudir ao centro educativo con pantalón”.
 
4.3 30032 (10/PNP-002210)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre o requirimento polo Goberno galego aos concellos de Ferrol e Pontevedra da realización dos trámites necesarios para a posta en marcha, o máis axiña posible, do servizo de transporte urbano
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:

 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a requirir daqueles concellos que teñen o deber de dispoñer de servizo de transporte urbano e que non o teñen aínda implantado -isto é os Concellos de Ferrol e de Pontevedra- que realicen cantos trámites sexan necesarios para a posta en marcha, á maior brevidade posible, do transporte urbano ao que están obrigados, ao obxecto de ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns, nomeadamente cara aos centros hospitalarios, e lograr así unha maior coordinación coa planificación do transporte que está a levar a cabo a Xunta.
 
O Parlamento de Galicia insta ao Gobenro galego a desenvolver a coordinación necesaria con ambos concellos coa finalidade de que, considerando a área metropolitana de ambas as dúas ciudades, o servizo de transporte urbano e o metropolitano se configuren conxuntamente como un servizo eficiente para a cidadanía”.

 
4.4 33233 (10/PNP-002513)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para protexer as vítimas de violencia de xénero, menores e testemuñas nas dependencias xudiciais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 

O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Que se sigan levando a cabo, segundo a capacidade actual das infraestructuras en uso, aquelas reformas necesarias nas dependencias xudiciais galegas para evitar o cruce entre vítimas e agresores.
2.- Que se contemplen actuacións de modernización e evolución das tecnoloxías configurando a videoconferencia como un servizo básico  nos termos previstos nas leis.
 
3.- Que se habiliten, no marco da capacidade real en cada edifico xudicial, espazos axeitados nas dependencias xudiciais para os menores que teñen que acudir a procedementos xudiciais”.

 
4.8 39685 (10/PNP-002961)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en materia de violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta  á Xunta de Galicia  a que se  dirixa  ao   Goberno  do Estado para solicitarlle:
1.- Levar a cabo as reformas lexislativas aprobadas e recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero coa máxima celeridade, apelando á vontade dos grupos parlamentarios para favorecer a súa aprobación.
 
2.- Concretar  a  forma  e  o  prazo  sobre  a  formalización  da  distribución  dos  créditos correspondentes  ao  Pacto  de  Estado  contra  a  Violencia  de  Xénero  tanto  ás  CC.AA. como ás entidades locais para o ano 2019.
 
3.- Reactivar  os  seis  Grupos  de  Traballo  creados  no  seo  da  Comisión  Técnica  de Igualdade  celebrada  o  30  de  novembro  de  2017  con  obxecto  de  coordinar  as  accións para  desenvolver  para  a  implementación  das  medidas  prioritarias  no  ano  2018, coordinados pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-21T14:12:00Z 2018-11-21T15:56:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2782/
O Parlamento acolleu unha sesión extraordinaria da Real Academia de Medicina de Galicia, a primeira actividade deste tipo na Cámara

 
• Santalices enmarca esta actividade na estratexia de apertura do Parlamento á sociedade e comprométese a continuar avanzando nesta liña
 
Santiago, 14 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde a celebración dunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega de Medicina de Galicia, na que se abordaron diferentes aspectos da epidemia de gripe de 1918.
 
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou que a desta tarde foi a primeira sesión que unha academia celebra na Cámara galega ao longo dos case 37 anos de vida da institución.
 
Parlamento aberto
 
Enmarcou este acto no estratexia de “Parlamento aberto” coa que se  persegue tanto que a sociedade coñeza a institución, como a participación cidadá a través dos diferentes mecanismos establecidos a tal efecto.
 
Santalices agradeceu a colaboración da Real Academia de Medicina de Galicia e a boa acollida da iniciativa por parte do decano da Facultade de Medicina da USC.
 
Tamén resaltou a colaboración da Consellería de Sanidade nas diferentes iniciativas de divulgación impulsadas polo Parlamento de Galicia (reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador semiautomático, prevención do melanoma ou do glaucoma, entre outras) e a boa acollida prestada á xornada de hoxe, na que ademais de afondar en diferentes aspectos da gripe de 1918, se chamou a atención sobre a importancia das campañas de vacinación antigripal.
 
A sesión científica comezou cun relatorio do Dr. Benito Regueiro García sobre “O virus causal da gripe de 1918 e a súa pervivencia ata os nosos días”. Continuou cunha disertación do Dr. Juan Jesús Gestal Otero, que falou sobre “Singularidades e enigmas desta pandemia”, ao que seguiu unha intervención do Dr. José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia,  que analizou os “Aspectos médico-sociolóxicos da gripe de referencia”.
 
A clausura da sesión correu a cargo do decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, Julián Álvarez Escudero; o conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña; e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Dase a circunstancia de que parte da actual sede do Parlamento de Galicia foi cedida parcialmente ao Exército en setembro de 1918 pola necesidade de locais provocada pola epidemia de gripe que afectaba daquela á tropa acuartelada na cidade. O pazo do Hórreo albergou unha Escola de Veterinaria entre 1915 e 1924, ano no que pasou definitivamente ao Exército.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-14T19:30:00Z 2018-11-14T19:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2781/
Acordo da Comisión 1ª. Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 14.10.2018

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 14 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 37543 (10/PNC-003014)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas actuacións da actual familia titular do pazo de Meirás para evitar a súa devolución ao patrimonio publico, así como a actuación que debe levar a cabo o Goberno central para ese fin
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza acorda como resolución reprobar as argucias da familia Franco para intentar boicotear o proceso de devolución do Pazo de Meirás, e insta a Xunta de Galicia para que requira ao  Goberno do Estado a que active con urxencia a demanda legal consonte o indicado na conclusión final do Informe da comisión de expertos, de acordo coa vontade unánime expresada o pasado 11 de xullo no Pleno do Parlamento de Galiza.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-14T14:17:00Z 2018-11-14T14:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2780/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 20 de novembro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de novembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de novembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
 38089 (10/CPP-000083)
 Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para informar das actuacións para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Punto 2. Textos lexislativos
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa  popular, para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais (doc. núm. 19044, corrección de erros doc. núm. 21081, 10/PPLI-000003)
Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (doc. núm. 32947, 10/PPL-000026)
 Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 331, do 04.07.2018
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 40031 (10/MOC-000112)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en materia de vivenda. (Moción, a consecuencia da interpelación nº 35115, publicada no BOPG nº 352, do 05.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.11.2018)
 
3.2 40050 (10/MOC-000113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa Rede galega de atención temperá. (Moción, a consecuencia da interpelación nº 38782, publicada no BOPG nº 375, do 24.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.11.2018)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 23492 (10/PNP-001703)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para combater a violencia de xénero contra as mulleres maiores de sesenta e cinco anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
4.2 29816 (10/PNP-002188)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a implantación e aplicación polo Goberno galego das medidas normativas e regulamentarias necesarias para evitar, a partir do curso 2018-2019, a exixencia polos centros escolares de uniformes diferentes para cada sexo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
4.3 30032 (10/PNP-002210)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 8 máis
 Sobre o requirimento polo Goberno galego aos concellos de Ferrol e Pontevedra da realización dos trámites necesarios para a posta en marcha, o máis axiña posible, do servizo de transporte urbano
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
4.4 33233 (10/PNP-002513)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para protexer as vítimas de violencia de xénero, menores e testemuñas nas dependencias xudiciais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
4.5 34769 (10/PNP-002615)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia para mellorar a atención primaria no Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
4.6 35217 (10/PNP-002628)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre o incremento polo Goberno galego da contía destinada de xeito específico á prevención, tratamento e loita contra a violencia machista ata chegar, cando menos, ao 1% do total no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 352, do 05.09.2018
 
4.7 39495 (10/PNP-002940)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa solicitude de aprobación da modificación puntual do Plan urbanístico do Concello de Mos para executar un proxecto deportivo e comercial nas parroquias de Tameiga e Pereiras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
4.8 39685 (10/PNP-002961)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 13 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en materia de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 27682 (10/INT-000892)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa dotación de medios humanos e materiais dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
5.2 36087 (10/INT-001202)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto en Galicia da suba constante do prezo da electricidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
5.3 38227 (10/INT-001266)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos proxectos de instalacións de xestión e tratamento de residuos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
5.4 38579 (10/INT-001276)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Chao Pérez, Luca
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas condicións laborais das mulleres que traballan limpando pisos, hoteis e apartamentos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 40153 (10/POPX-000115)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a opinión do Goberno galego en relación coa resposta xudicial e institucional, incluída a da Xunta de Galicia, ao asasinato de 45 mulleres na última década
 
6.2 40154 (10/POPX-000116)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación da política do Goberno galego en materia de dotación de servizos e equipamentos sanitarios
 
6.3 40155 (10/POPX-000117)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as políticas que vai levar a cabo o Goberno galego para rematar cos condicionantes de xénero na desigualdade económica e garantir os dereitos reprodutivos das mulleres
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 40130 (10/PUP-000202)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre o tipo de actuacións ás que se van aplicar os máis de oito millóns de euros correspondentes aos fondos recibidos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para políticas de prevención de violencia de xénero no rural
 
7.2 40132 (10/PUP-000203)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir as reivindicacións dos traballadores da CRTVG que os levan á folga no mes de novembro de 2018
 
7.3 40096 (10/PUP-000200)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto da misión especial a China encabezada pola Xunta de Galicia para participar na I Feira Internacional de Importación
 
7.4 40105 (10/PUP-000201)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa demora na construción das fragatas F-110 da Armada Española no estaleiro de Navantia en Ferrol
 
7.5 36800 (10/POP-004348)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións do Goberno galego en relación coa baixada na valoración da sanidade pública galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 359, do 20.09.2018
 
7.6 37057 (10/POP-004372)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 4 máis
 Sobre a data prevista pola Xunta de Galicia para a implantación do servizo de Hemodinámica as 24 horas do día no Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
7.7 38820 (10/POP-004548)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do financiamento dun proxecto de residencia pública para persoas maiores en Boiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
7.8 39173 (10/POP-004589)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Rodríguez Estévez, David
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da necesidade de que Galicia conte cun plan estratéxico propio, cara ao vindeiro período da Política Agraria Común, no que se teñan en conta as características do país
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
7.9 36641 (10/POP-004332)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da evolución que presenta nos últimos anos a presenza da muller no sector marítimo-pesqueiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 359, do 20.09.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-13T18:47:00Z 2018-11-13T18:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2779/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 19 de novembro de 2018


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de novembro de 2018, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de novembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
A orde do día é a seguinte :
 
Punto 1. Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 (doc. núm. 39155, 10/PL-000010)
 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
   Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 382, do 13.11.2018
 
Punto 2. Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 39156, 10/PL-000011)

 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
   Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 382, do 13.11.2018

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-13T14:58:00Z 2018-11-13T14:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2778/
Diego Calvo: “A palabra e o debate civilizado son ferramentas imprescindibles nas democracias avanzadas”


• O vicepresidente da Cámara clausurou o VI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, no que participou alumnado de catro centros educativos e representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente

Santiago, 13 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia acolleu hoxe o VI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, que foi clausurado polo vicepresidente da Cámara, Diego Calvo Pouso.
 
Para o vicepresidente do Parlamento, “a palabra e o debate civilizado son ferramentas imprescindibles nas democracias avanzadas, como a que por fortuna temos en España. Por iso mesmo, a violencia é menos frecuente nos países democráticos, onde o Estado de Dereito prevé mecanismos para resolver conflitos e superar as diferenzas de criterio de maneira ordenada, civilizadamente”.
 
“A vacina do bo trato” é o título proposto por Unicef para as actividades programadas co gallo do Día Mundial da Infancia, que cada 20 de novembro conmemora  a sinatura da Convención sobre os Dereitos do Neno.
 
Importancia da formación
 
Calvo Pouso, dirixíndose á rapazada presente no Hemiciclo, insistiu na  importancia da educación. “Cunha boa formación non só seredes mellores persoas, teredes maiores oportunidades profesionais e máis posibilidades de éxito persoal, senón que tamén seredes quen de construír unha sociedade máis harmoniosa e menos violenta”.
 
O pleno infantil celebrado no Pazo do Hórreo contou coa intervención de alumnado o IES Xelmírez I, CPR Manuel Peleteiro, CPR La Salle e CPR Santa Apolonia; e de integrantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos concellos galegos adheridos  á iniciativa Cidades Amigas da Infancia liderada por Unicef Comité Español (Castrelo de Miño, Tomiño, Ourense, Teo, Moeche, O Porriño, Cabanas, Carnota e Redondela).
 
O vicepresidente do Parlamento foi precedido no uso da palabra pola presidenta de Unicef Comité Galicia, Myriam Garabito. Tamén asistiron integrantes da Mesa da Cámara, así como respresentantes dos grupos parlamentarios e a directora xeral de Familia da Xunta.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-13T14:36:00Z 2018-11-13T14:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2777/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 8-11-2018

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 8 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 38824 (10/PNC-003114)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa consideración en situación de incapacidade ás persoas diagnosticadas dunha enfermidade crónica grave, nomeadamente oncolóxica, así como a reincorporación aos seus postos de traballo
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado que traslade ao Pacto de Toledo a necesidade de estudar a consideración de situación de incapacidade permanente a toda persoa que sexa diagnosticada dunha enfermidade crónica grave, nomeadamente oncolóxica, durante todo o período que demore o proceso de tratamento, e as alternativas posibles para facilitar a reincorporación ao posto de traballo cando acade a curación definitiva."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-08T14:24:00Z 2018-11-13T19:00:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2776/
O Parlamento acollerá unha sesión extraordinaria da Real Academia de Medicina de Galicia

• Contará coa intervención de tres académicos que disertarán sobre a epidemia de gripe de 1918
 
Santiago, 8 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia acollerá, o vindeiro 14 de novembro, unha sesión extraordinaria da Real Academia de Medicina de Galicia na que diferentes académicos analizarán a epidemia de gripe de 1918 en Galicia desde diferentes ópticas.
 
A sesión comezará cun relatorio do Dr. Benito Regueiro García, que disertará sobre “O virus causal da gripe de 1918 e a súa pervivencia ata os nosos días”. Continuará cunha disertación do Dr. Juan Jesús Gestal Otero, que falará sobre “Singularidades e enigmas desta pandemia”. De seguido, o Dr. José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia,  analizará  os “Aspectos médico-sociolóxicos da gripe de referencia”.
 
A clausura da sesión correrá a cargo do decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, Julián Álvarez Escudero; o conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña; e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A xornada servirá tamén para reivindicar a utilidade das campañas de vacinación antigripal que se desenvolven na actualidade.
 
Dase a circunstancia de que parte da actual sede do Parlamento de Galicia foi cedida parcialmente ao Exército en setembro de 1918 pola necesidade de locais provocada pola epidemia de gripe que afectaba daquela á tropa acuartelada na cidade. O pazo do Hórreo albergou unha Escola de Veterinaria entre 1915 e 1924, ano no que pasou definitivamente ao Exército.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-08T12:27:00Z 2018-11-08T13:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2775/
Santalices: “A autonomía política que Galicia exerce arestora é tributaria do traballo que no pasado desenvolveron persoeiros como Castelao”


 
• O presidente do Parlamento participou na inauguración da exposición “Alba de Gloria   de Castelao. Unha experiencia”, organizada polo Consello da Cultura Galega 

Santiago, 7 de novembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde na inauguración da exposición “Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega e que quedou aberta ao público na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago.  
 
Santalices felicitou ao equipo do Consello de Cultura Galega por este traballo e destacou o labor do comisario da mostra, Manuel Gago, por ter deseñado unha iniciativa que “axudará a coñecer e interpretar mellor a nosa historia e os seus protagonistas”.
 
O presidente do Parlamento reiterou que “a autonomía política que Galicia exerce hoxe é tributaria do traballo previo que no pasado desenvolveron persoeiros como Castelao, como Alexandre Bóveda, como Rajoy Leloup ou como Otero Pedrayo, por citar tan só algúns da extensa nómina de galegos bos e xenerosos aos que recordaremos sempre pola súa absoluta entrega a Galicia”.
 
Nesta liña, Santalices amosouse convencido de que “esta exposición contribúe a saldar a débeda de recoñecemento público que as xeracións actuais mantemos tanto con Castelao como cos demais patriotas galegos coetáneos”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-07T21:09:00Z 2018-11-07T22:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2774/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de novembro de 2018

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de novembro de 2018
 
3.2 36685 (10/PNP-002729)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das accións destinadas ao asinamento e aplicación do protocolo entre  Aecosan e Intecmar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para darlle continuidade á tramitación e adecuar definitivamente,  para proceder á súa posterior sinatura e aplicación, o Protocolo entre a AECOSAN e o INTECMAR no que se designaba o INTECMAR como laboratorio nacional de referencia, no ámbito nacional, para biotoxinas  mariñas  e  control  e  clasificación  das zonas de producción".
 

3.3 36781 (10/PNP-002743)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 9 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a concreción do prazo e da fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  requirir  ao  Goberno  do  Estado  a concreción do prazo e fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela”.

3.5 38443 (10/PNP-002852)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación do expediente para declarar o parque do Pasatempo, de Betanzos, como ben de interese cultural, así como o financiamento das obras para a súa rehabilitación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia  insta á Xunta:
- A axilizar a a declaración de interese  cultural  do parque do Pasatempo, reducindo na medida do posible os prazos de tramitación.
- A prestar apoio técnico ao Concello de Betanzos para a elaboración dun proxecto de rehabilitación implicando a outras administracións públicas, recabando outros posibles apoios financeiros e colaborando economicamente para garantir a consecución do proxecto”
 
3.6 38578 (10/PNP-002860)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e salariais existentes no sector da conxelación e refrixeración dos produtos do mar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a actuar no conflicto laboral do sector de elaborados do mar, a través da consellería competente, que debe adoptar un papel activo de mediación entre a representación legal dos traballadores e a patronal Conxemar para acadar un acordo no convenio colectivo que mellore os salarios, a calidade do emprego, as condicións de traballo, reduza a temporalidade e reforce a supervisión da subcontratación”.
 
3.8 39126 (10/PNP-002913)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 5 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar o peche dos centros de produción e asegurar o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de Galicia apoia a proposta para a continuidade das plantas de aluminio primario que Alcoa ten en Avilés e A Coruña, presentada polo Comité de Empresa de Alcoa Inespal Coruña S.L. o pasado 30 de outubro de 2018, perante a delegación do Goberno en Galicia”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-07T14:14:00Z 2018-11-08T10:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2773/
Santalices explica os mecanismos de participación cidadá do Parlamento de Galicia no Aeroclub de Santiago

 

Santiago, 5 de novembro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou hoxe nun coloquio con integrantes do Real Aeroclub de Santiago de Compostela, aos que explicou os diferentes mecanismos de participación cidadá habilitados pola Cámara galega.
 
Explicou Santalices que a Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, aprobada en 2015, ampliou as posibilidades existentes ata entón e reduciu os requisitos esixibles. Na actualidade, a participación cidadá no Parlamento de Galicia pode materializarse a través de cinco modalidades diferentes: proposicións de lei de iniciativa popular, participación popular na elaboración das leis, proposición non de lei de iniciativa popular, proposta de preguntas ao Goberno, e dereito de petición perante o Parlamento de Galicia.
 
O presidente do Parlamento apuntou que ademais de apoiar a participación popular, a Cámara galega está inmersa nunha estratexia de apertura da institución nunha dobre dirección: que a cidadanía visite a coñeza a sede do Lexislativo galego, e tamén que deputados e deputadas teñan unha maior presenza na sociedade.
 
O coloquio de hoxe, canda outras charlas e conferencias que o precederon, enmárcanse precisamente na aposta da Cámara por incrementar a súa proxección exterior.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-11-05T18:14:00Z 2018-11-05T18:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2772/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 6 de novembro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 6 de novembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de outubro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
 37713 (10/CPP-000079)
Do Sr. conselleiro de Cultura e Turismo, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Punto 2. Mocións
 

2.1 39422 (10/MOC-000109)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de estradas. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 37366, publicada no BOPG n.º 365, do 03.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 23.10.2018)
 
2.2 39423 (10/MOC-000110)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución de obras de infraestruturas rurais. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 38081, publicada no BOPG n.º 368, do 10.10.2018, e debatida na sesión plenaria do 23.10.2018)
 
2.3 39426 (10/MOC-000111)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación  coa política do Sergas en materia de contratación de persoal. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 35901, publicada no BOPG n.º 354, do 12.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 23.10.2018)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 27687 (10/PNP-001974)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela dos medios humanos e materiais necesarios demandados polo persoal do centro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
3.2 36685 (10/PNP-002729)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das accións destinadas ao asinamento e aplicación do protocolo entre  Aecosan e Intecmar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
3.3 36781 (10/PNP-002743)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 9 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a concreción do prazo e da fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
3.4 37548 (10/PNP-002797)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co proceso de negociación que se está a desenvolver para o establecemento dun novo acordo salarial para o persoal da industria auxiliar de Navantia na ría de Ferrol, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
3.5 38443 (10/PNP-002852)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación do expediente para declarar o parque do Pasatempo, de Betanzos, como ben de interese cultural, así como o financiamento das obras para a súa rehabilitación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
3.6 38578 (10/PNP-002860)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e salariais existentes no sector da conxelación e refrixeración dos produtos do mar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
3.7 39067 (10/PNP-002902)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 3 máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, antes do remate do curso 2018-2019, do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, de xeito que se garanta de forma efectiva a posibilidade de prestar distintas modalidades de xestión do servizo de comedor escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
3.8 39126 (10/PNP-002913)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 5 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar o peche dos centros de produción e asegurar o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 35115 (10/INT-001170)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a política do Goberno galego en materia de vivenda protexida
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 352, do 05.09.2018
 
4.2 36087 (10/INT-001202)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto en Galicia da suba constante do prezo da electricidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
4.3 38782 (10/INT-001283)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa Rede galega de atención temperá
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

 
5.1 39482 (10/POPX-000112)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as propostas que vai impulsar a Xunta de Galicia co fin de garantir un marco estable para as empresas electrointensivas e evitar o peche de Alcoa
 
5.2 39483 (10/POPX-000113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da calidade do emprego que se crea en Galicia
 
5.3 39484 (10/POPX-000114)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para reducir a desigualdade económica en Galicia
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 39072 (10/POP-004572)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis
Sobre a solicitude da Fiscalía de Ourense para a citación como imputados de dous cargos da Consellería de Facenda por un presunto delito de acoso inmobiliario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
6.2 38963 (10/POP-004560)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para o remate da execución do Plan director para o proxecto de saneamento integral do concello de Lalín
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
6.3 36765 (10/POP-004341)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a opinión da Xunta de Galicia en relación coa venda de Itínere
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 359, do 20.09.2018
 
6.4 39471 (10/PUP-000197)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida á adxudicación dunha praza de docente na Escola de Restauración de Bens Culturais, de Pontevedra, no concurso de traslados de 2016
 
6.5 39480 (10/PUP-000199)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 6 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida á adxudicación dunha praza de docente na Escola de Restauración de Bens Culturais, de Pontevedra, no concurso de traslados de 2016
 
6.6 36414 (10/POP-004310)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca
Sobre a realización pola Xunta de Galicia dalgunha xuntanza coas principais plataformas web de reservas de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 359, do 20.09.2018
 
6.7 38948 (10/POP-004557)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rey Varela, José Manuel e 10 máis
Sobre o estado de tramitación do expediente para a declaración de Ferrol como cidade Patrimonio da Humanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
6.8 39479 (10/PUP-000198)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre a situación de precariedade dos servizos de atención á drogodependencia, en especial no que atinxe ás mulleres
 
6.9 37100 (10/POP-004379)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 6 máis
Sobre a evolución que presenta a atención á dependencia en Galicia nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-30T17:31:00Z 2018-10-30T17:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2771/
Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 30-10-2018

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 30 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 31347 (10/PNC-002534)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 4 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia, dentro do nodo de interoperabilidade Pasaxe!, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e os colexios profesionais implicados, da implantación dunha plataforma electrónica de tramitación de licenzas e doutras tramitacións urbanísticas
BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a impulsar, dentro do nodo de interoperabilidade Pasaxe!, en colaboración coa Fegamp e colexios profesionais implicados, a implantación dunha plataforma de tramitación de licenzas e doutras tramitacións urbanísticas, que favoreza o traballo en rede para realizar os trámites administrativos de solicitude, seguimento e resolución de licenzas e autorizacións de obras, así como normalizar e simplificar os procesos de visado, validación e supervisión técnica efectuados polos colexios profesionais."
 
- 36367 (10/PNC-002918)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ás deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra, como organismos titulares da ponte de Catoira, da execución das actuacións necesarias para garantir o bo estado e a durabilidade da ponte, así como a seguridade viaria das persoas usuarias
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Deputación Provincial da Coruña e á Deputación Provincial de Pontevedra para que, como organismos titulares da Ponte de Catoira, acometan as actuacións necesarias para garantir o bo estado desta infraestrutura.
 
Específicamente, precísase que as deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra:
 
- Realicen urxentemente una análise estrutural en profundidade e executen as obras que dela se deriven.
- O compromiso de establecer un calendario de inspeccións periódicas a futuro.
 
Todo de cara a garantir a seguridade viaria dos usuarios e a calidade da propia ponte, asegurando tamén así a súa durabilidade."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36255 (10/PNC-002909)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre as demandas que se deben realizar ao Parlamento Europeo e ao Goberno central en relación coa inclusión do corredor Galicia-Portugal (Vigo-Leixões-Porto) no corredor atlántico ferroviario de mercadorías, así como co impulso da mellora da conexión ferroviaria Vigo-Porto
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 39477, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Demandar do Goberno do Estado o impulso da mellora da conexión ferroviaria Vigo-Porto, dotándoa de recursos orzamentarios, solicitando adicionalmente o financiamento á Unión Europea para iso. Entre outras medidas que se poidan impulsar, solicitarase ante o Parlamento Europeo a súa inclusión como parte da rede básica da rede transeuropea de transporte.
 
- Dar traslado do presente acordó á Comisión Europea, Parlamento Europea, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento Europeo."

- 38178 (10/PNC-003058)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a asunción por parte da Xunta de Galicia, antes do remate de 2018, do trinta e cinco por cento do investimento necesario para a creación da primeira vía verde ferroviaria que vai discorrer entre Vilagarcía de Arousa e Portas
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 39478, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, antes de que remate o ano 2018, asine un convenio entre Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, no que se recollan os compromisos de actuación de todas as partes, incluída a asunción polo Goberno galego do 35% do investimento, e un calendario de execución para a creación da primeira vía verde ferroviaria, que discorrerá entre Vilagarcía de Arousa e Portas, na provincia de Pontevedra."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-30T16:10:00Z 2018-10-30T17:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2770/
O fiscal superior de Galicia entrega a Memoria de 2017 ao presidente do Parlamento

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2017.
 
Coa entrega da Memoria Anual de 2017 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, previsiblemente,  cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-30T11:12:00Z 2018-10-30T11:14:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2769/
Santalices reivindica a transición española e recorda que a Constitución do 78 propiciou “o período de maior estabilidade, crecemento e prosperidade da historia”

 
• O Parlamento acolle esta tarde un coloquio entre Ana Pastor e José Bono con motivo do 40 aniversario da Constitución española
 
Santiago, 29 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Gailcia, Miguel Ángel Santalices Vieira, apuntou esta tarde que a transición española á democracia e a Constitución do 78 dotaron a España do “período de maior estabilidade, crecemento e prosperidade de toda nosa historia”. Santalices efectuaba esta reflexión na tarde de hoxe ao dar paso ao coloquio protagonizado pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e  o expresidente da Cámara José Bono, que conversaron, no Pazo do Hórreo, sobre o 40 aniversario da Constitución nun encontro organizado por El País e a Cadea SER.
 
O presidente do Parlamento de Galicia quixo enfatizar o éxito da transición española. “Non  está de máis recordalo – dixo- nun momento no que con tanta frivolidade como oportunismo se cuestiona a lexitimidade de aquel logro de proporcións históricas, visto moitas veces como modelo fóra das nosas fronteiras”.
 
Afirmou o presidente do Parlamento que “os que fomos testemuñas dos últimos estertores do franquismo, e tamén os que nos sentimos orgullosos das profundas conviccións galeguistas e democráticas das nosas familias, acreditamos o exercicio de xenerosidade de cantos, con enorme altura de miras, construíron o Estado de Dereito que, hoxe en día, ampara a todos os españois”.
 
Santalices agradeceu aos organizadores ter optado polo Parlamento para celebrar este coloquio, que vinculou á política de portas abertas impulsada pola institución. O acto enmárcase, ademais, nun acordo do Pleno da Cámara galega, a través do que a institución comprometía o seu apoio ás diferentes celebracións de conmemoración do 40 aniversario da vixente Carta magna. “As portas do Parlamento están abertas a calquera outro acto de significación similar”, agregou o titular do Lexislativo galego.
 
Apuntou o titular do Parlamento de Galicia que “os que creemos na democracia e reivindicamos con vehemencia os principios consagrados na Constitución xamais debemos temer a liberdade nin a pluralidade”. Por iso, agregou, “mentres noutros lugares se pisa a liberdade, cercénase o debate e ralentízase a actividade parlamentaria, aquí estimúlase o debate parlamentario –aí están os datos de actividade que o demostran-, impulsamos a participación cidadá e estamos abertos a fórmulas novidosas como a que nuns momentos vai dar comezo”.
 
O papel dos medios de comunicación
 
Santalices Vieira enxalzou tamén o papel dos medios de comunicación e dos xornalistas “nun entorno que en ocasións parece dominado polas noticias falsas”. Ao seu xuízo, “tomar conciencia do papel dos medios, saber encaixar as críticas e respectar escrupulosamente o cometido dos profesionais  que exercen o xornalismo con honestidade procurando trasladar información veraz resulta unha necesidade ineludible para o conxunto da sociedade, en xeral, e para as institucións en particular”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-29T18:06:00Z 2018-10-29T18:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2768/
O presidente do Parlamento presenta en Castro Caldelas o libro “Portela Valladares: Ante el Estatuto”

 
 
• O volume é obra de Manuel Carrete e, ademais dun achegamento á figura de Portela Valladares, reproduce unha conferencia deste no Centro Galego de Barcelona
 
• Santalices rende homenaxe “a cantos fixeron posible o Estatuto do 36”, ao que Galicia debe a súa consideración como Comunidade histórica
 
Santiago, 27 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentou esta tarde no Castelo de Castro Caldelas, o libro “Portela Valladares: Ante el Estatuto”. Trátase dunha obra de Manuel Carrete Rivera que, ademais dun achegamento á figura de Portela Valladares e outros materiais, inclúe unha conferencia que este pronunciou no Centro Galego de Barcelona o 25 de xullo de 1932.
 
Santalices referiuse a Portela Valladares como un “home de profundas conviccións galeguistas e firme defensor da autonomía galega” que como tal “merece o noso recoñecemento”.
 
A xuízo do presidente do Parlamento de Galicia son merecedores de recoñecemento “cantos fixeron posible o Estatuto do 36 (plebiscitado, pero non promulgado por mor do estourido da Guerra Civil), grazas ao que Galicia obtivo, coa chegada da democracia, a consideración de comunidade histórica e, como tal, as elevadas cotas de autogoberno das que arestora dispoñemos e exercemos”.
 
Para Santalices, Portela Valladares foi unha personalidade “controvertida” para gran parte dos seus coetáneos. “Ata tal punto foi así que falanxistas e republicanos o cuestionaron. Seguramente por iso caeu no esquecemento”.
 
Explicou o titular do Lexislativo galego que coa decisión de presentar o libro en Castro Caldelas se pretende, ao tempo, reivindicar a figura de Manuel Casado Nieto,  un home polifacético nado nesta localidade en 1912 e falecido en Barcelona en 1983.
 
Escritor, tradutor da Biblia ao galego, fiscal da Audiencia de Barcelona e presidente do Centro Galego de Barcelona entre 1954 e 1972, Casado Nieto foi, “sobre todo, galego bo e xeneroso, sempre comprometido coa galeguidade”, en palabras de Santalices.
 
“Estou seguro –afirmou Santalices- de que o Centro Galego de Barcelona nunca tería chegado a ser o que é hoxe sen o traballo e a entrega dun home de Castro Caldelas ao que moitos dos aquí presentes recordarán, Manuel Casado Nieto, un dos tres homenaxeados no Monumento aos Maxistrados, situado ao carón da Igrexa dos Remedios”.
 
O libro presentado esta tarde foi editado polo Centro Galego de Barcelona coa colaboración do Parlamento de Galicia.
Na presentación, ademais do presidente do Parlamento, tomaron tamén a palabra o autor do libro, Manoel Carrete; a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García. O acto contou coa actuación musical de Amancio Prada.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-27T20:02:00Z 2018-10-27T20:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2767/
Santalices: “A cultura foi, é e será sempre motor de progreso, de paz e de prosperidade entre os pobos”


 
• O presidente do Parlamento participou na inauguración da mostra Galicia-Baviera, instalada no Museo do Pobo Galego con obras de artistas dos dous territorios
 
• Subliña que o intenso sentimento de identidade de cada territorio, como sucede en Galicia e en Baviera, “non impide que sexamos e nos sintamos españois e alemáns de pleno dereito, orgullosos da nosa condición de europeos”
 
Santiago, 26 de novembro de 2018.- “Sexa a través da arte ou da literatura –como acabamos de facer en Lisboa a través dunha iniciativa de promoción das nosas letras e achegamento á lusofonía da que formamos parte-, a cultura, na súa diversidade, foi, é e será sempre motor de progreso, de paz e de prosperidade para os pobos”. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na inauguración da exposición “Galicia-Baviera, que estar tarde quedou aberta ao público no Museo do Pobo Galego, en Santiago.
 
A exposición, comisariada por Antón Sobral e Hubert Huber, reúne obras de 33 artistas galegos e bávaros contemporáneos e conta co apoio do Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura e Turismo e o Museo do do Pobo Galego, ademais de diferentes entidades de Baviera. Unha vez clausurada en Santiago, a mostra trasladarase a Neuburg, en Baviera, na primavera do ano próximo.
 
Santalices explicou que a implicación do Parlamento de Galicia nesta iniciativa obedece a un dobre motivo. Por unha parte, referiuse ao “compromiso artístico” do Lexislativo galego, depositario dunha valiosa e variada colección de arte galega contemporánea, tanto propia como en depósito. E tamén á estratexia do Parlamento de Galicia  para “divulgar a cultura galega alén das nosas fronteiras xeográficas”, como vén facendo desde hai tempo no marco do compromiso adquirido no seo da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE).
 
Recordou o presidente do Parlamento o “sentimento rexional acentuado” que se rexistra en boa parte dos territorios europeos, como acontece tamén en Galicia e en Baviera. “Posuímos unha cultura e unha forma de ser diferenciadas, das que nos sentimos intensamente orgullosos, sen que nada diso impida -máis ben o contrario- que sexamos e nos sintamos españois e alemáns de pleno dereito, orgullosos da nosa condición de europeos”, afirmou.
 
Fortalecer a integración europea
 
Santalices Vieira reivindicou a utilidade de intercambios como o que hoxe abriu as súas portas en Santiago para fortalecer a integración europea nun contexto no que as institucións e políticas comunitarias son percibidas como unha “estrutura unidireccional e afastada, imposta de arriba cara abaixo con escasa ou nula participación da cidadanía”.
 
Por iso, “iniciativas como esta exposición Galicia-Baviera, resultado do traballo conxunto de artistas galegos e bávaros desde hai máis de dúas décadas, contribúen, de maneira destacada, ao proceso de  construción da sociedade europea como un todo que, desde a diversidade, é quen de traballar co mesmo obxectivo común, na procura dun horizonte con máis e mellores oportunidades para todos os territorios e colectivos”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-26T20:22:00Z 2018-10-26T21:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2766/
Declaración institucional sobre Alcoa

O Parlamento de Galicia quere reafirmar o compromiso co mantemento da  actividade e o emprego en Alcoa, así como trasladarlle o seu apoio aos traballadores e ás traballadoras da planta da Coruña.
Lamentamos e rexeitamos a decisión unilateral da empresa de pechar tanto a instalación coruñesa como a que ten en Avilés, e demandámoslle a busca de alternativas para unha factoría que constitúe unha peza clave do tecido produtivo galego.

O Parlamento de Galicia comprométese a impulsar todas as administracións para, desde a unidade de acción,  instar a compañía Alcoa a retirar o expediente de extinción de emprego que pesa sobre todos os traballadores e as traballadoras, e abrir unha mesa de negociación con todas as partes implicadas para atopar unha solución urxente que garanta o mantenemento da actividade empresarial e o emprego; e a achegar seguridade e permitir ao conxunto das empresas electrointensivas competiren en igualdade de condicións co resto de factorías a nivel internacional.

 Os e as representantes dos galegos e as galegas comprometémonos a facer unha fronte común para seguir defendendo os dereitos dos traballadores e das traballadoras de Alcoa e o futuro desta industria en Galicia.
 
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-24T13:21:00Z 2018-10-24T13:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2765/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de outubro de 2018


 
3.1 34727 (10/PNP-002608)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Agricultura e Pesca para contrarrestar o efecto das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  reclamar  do  Ministerio  de Agricultura   e   Pesca   que   desenvolva   unha   estratexia   de   comunicación   para contrarrestar  o  efecto  que  está  tendo  esta  confusión  sobre  as    medidas  adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis”.
 
 
3.5 36986 (10/PNP-002764)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas axudas de compensación por custos adicionais incorridos por industrias electro-intensivas, previstas na disposición adicional centésima cuadraxésima quinta da Lei de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, por importe de 150 millóns de euros
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que requira do Goberno do Estado:
 
1. Que  poña  en  marcha  e  antes  da  finalización  da  anualidade  orzamentaria  2018 as  compensacións  previstas  na  disposición  adicional  centésima  cuadraxésima quinta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 por importe de 150 millóns de euros. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
2. Que,  para  o  exercicio  2019  e  seguintes,  se  implante  un  novo  réxime  de compensación   por   custos   adicionais   incluídos   no   prezo  da   electricidade soportados pola industrias  electro-intensivas. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para a viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
3. Que   para   os   anos   sucesivos   se   establezan   todos   os   mecanismos   de compensación   necesarios, previo acordo coas Comunidades Autónomas afectadas,   para   que   este   tipo   de   industrias   compitan  en igualdade de condicións coas súas homólogas europeas. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para a viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
4. Demandar a empresa Alcoa a súa reconsideración e retirada do expediente de extinción de emprego sobre a totalidade da plantilla na súa factoría de A Coruña, tentado buscar solucións entre todos os axentes políticos, económicos e sociais afectados, e a abrir unha mesa de negociación con todas as partes implicadas para buscar unha solución. Solucións que teñen que presentar liñas de actuación adecuadas e de futuro que garantan o mantemento da producción e o emprego en factoría de A Coruña”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-23T18:45:00Z 2018-10-23T19:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2764/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de outubro de 2018

2.1 37732 (10/MOC-000106)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación económica e social de Galicia. (Moción consecuencia da interpelación n.º 34252, publicada no BOPG n.º 349, do 31.08.2018, e debatida na sesión plenaria do 25.09.2018)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
O texto aprobado é o seguinte:

 “O  Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  dar  resposta  ás  demandas que formula o  Consello Económico e Social de Galicia na súa Memoria sobre a situación  económica  e  social  de  Galicia  en  2017,  en  especial  as  referidas  á situación do mercado de traballo e relacións laborais, nas que `demanda que se avance   cara   un   modelo   de   crecemento   máis   inclusivo,   con   menos desigualdades e cunha distribución da riqueza mais equitativa’ e a necesaria mellora  na  calidade  do  emprego ‘especialmente no que atinxe á alta taxa de temporalidade, á curta duración dos contratos e á alta rotación’ ”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-23T12:31:00Z 2018-10-23T12:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2763/
Santalices felicita ao Instituto Padre Sarmiento polos seus 75 anos de traballo e recorda que “sen as humanidades, a sociedade está abocada ao fracaso”

 
• O presidente do Parlamento rende homenaxe aos integrantes do Seminario de Estudos Galegos, disolto en 1936
 
Santiago, 22 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou hoxe a importancia da investigación humanística na medida en que “sen a aportación das humanidades, a sociedade estaría rotundamente abocada ao fracaso”.
 
Santalices participou esta tarde no acto académico celebrado no Hostal dos Reis Católicos para conmemorar o 75 aniversario da creación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e que foi clausurado polo presidente da Xunta de Galicia.
 
Neste escenario, o presidente do Parlamento felicitou a Eduardo Pardo de Guevara, delegado institucional do CSIC Galicia e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ao seu equipo e ás persoas que os precederon polo “traballo silencioso que día a día desenvolven”.
 
Homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos
 
Santalices aproveitou a súa intervención para “render homanexe” aos integrantes do Seminario de Estudos Galegos e ao “fecundo traballo” que desenvolveron ao longo dos 13 anos de vida da entidade, entre 1923 e 1936, ano no que foi disolto e os seus integrantes “correron a peor das sortes”. Recordou que “uns foron fusilados ou paseados e outros exiliados, mentres que un terceiro grupo padeceu a represión na súa propia terra”.
 
Malia súa “abrupta disolución, a semente do Seminario prendera con forza e, con todas as dificultades de aquel momento, volveu agromar paseniñamente, en 1943, como Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento adscrito ao Consello Superior de Investigacións Científicas”, agregou o presidente do Parlamento de Galicia.
 
Apuntou Santalices que o autogoberno que boa parte dos integrantes do Seminario de Estudos Galegos arelaban para Galicia “á hoxe unha realidade fecunda”. Ao seu xuízo, “continuar transitando por sendas de entendemento e de concordia non só é unha necesidade imperiosa, senón unha obriga moral na que cada quen debe empeñar todas as súas enerxías”.
 
O salón artesonado do Pazo de Fonseca, no que durante algúns anos se reunía o Pleno do Parlamento de Galicia antes de se trasladar ao Pazo Hórreo foi, no seu momento, o espazo no que se recollían e amosaban as coleccións do Seminario de Estudos Galegos.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-22T20:46:00Z 2018-10-22T21:03:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2762/
O presidente do Parlamento explica no Instituto Cervantes de Lisboa a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

 
• Santalices tamén se interesa polo labor do Instituto Cervantes no ámbito das linguas cooficiais, como o galego
 
Santiago, 20 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou esta mañá a sede do Instituto Cervantes de Lisboa, onde se reuniu co equipo do centro, que lle explicou o traballo que desenvolve esta institución pública.
 
Santalices explicou ao persoal do centro lisboeta do Instituto Cervantes o contido da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2014 e xurdida dunha iniciativa popular. A norma sinala que os poderes públicos galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos países e comunidades de lingua portuguesa e polo carácter estratéxico que para Galicia teñen as relacións económicas e sociais con Portugal.
 
A lei regula tamén a progresiva incorporación da lingua portuguesa á oferta educativa de Galicia e obriga os poderes públicos a promover as relacións de todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa, convertendo este obxectivo en prioritario.
 
Durante o encontro, presidente do Parlamento interesouse tamén polo labor do Instituto Cervantes no ámbito das linguas cooficiais, como o galego.
 
O presidente do Parlamento estivo acompañado nesta reunión polo catedrático Ramón Villares, que forma parte da delegación en representación do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-20T14:56:00Z 2018-10-20T20:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2761/
Santalices reivindica o idioma galego como vía de acceso á lusofonía integrada por 250 millóns de persoas

 
 
• O presidente do Parlamento de Galicia participa en Lisboa, coa súa homóloga dos Azores, na inauguración de dúas exposicións que procuran avanzar no irmandamento con Portugal e o achegamento á lusofonía
 
• Lembra que a lei galega para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía “obriga” aos poderes públicos a promover o coñecemento do portugués e das culturas lusófonas para afondar nos vínculos entre os dous territorios
 
Santiago, 19 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou esta tarde en Lisboa as oportunidades económicas e de outro tipo que, para a sociedade galega, encerra o bilingüismo. “Para Galicia, con dous idiomas oficiais –castelán e galego-, o bilingüismo constitúe unha oportunidade que queremos aproveitar, na medida en que nos abre as portas dunha inmensa comunidade: a dos países e comunidades de fala castelán (500 millóns de falantes) e as da lusofonía”, integrada por 250 millóns de persoas.
 
Dúas exposicións
 
Santalices Vieira participou esta tarde en Lisboa, canda a súa homóloga das Asemblea Lexislativa dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís, na inauguración de dúas exposicións: a mostra “56 páxinas das nosas letras”, promovida polo Parlamento de Galicia, coa colaboración da Xunta e da Real Academia Galega, para dar a coñecer as e os escritores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas, que quedou aberta ao público na sede da Casa dos Azores en Lisboa; e a exposición fotográfica “Azores, Silencio e Ser”, instalada no Centro Galego de Lisboa.
 
Mandato legal
 
O presidente do Lexislativo galego recordou as “intensas e seculares relacións fraternais entre Galicia e Portugal” e apuntou que coa delegación cultural da que forma parte pretende contribuír a “dar cumprimento ao mandato legal contemplado na Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, xurdida dunha iniciativa popular e aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2014. A norma “obriga” aos poderes públicos a promover o coñecemento da lingua portuguesa e a impulsar as relacións de todo tipo cos países de lingua oficial portuguesa, dada a intercomprensibilidade dos idiomas galego e portugués.
 
A xuízo de Santalices, o potencial da lusofonía é unha “realidade obxectiva, apuntalada no previsible declive do inglés como lingua franca, polo menos nas institucións europeas. Unha oportunidade que non podemos nin debemos perder de vista”.
 
O presidente do Parlamento tivo tamén un “recordo agarimoso e agradecido” para os emigrantes galegos que desde hai séculos se estableceron en Portugal, e que xa o Padre Sarmiento cifraba en 45.000 persoas a mediados do século XVIII.
 
Civilización ibérica
 
Santalices considerou que “ninguén mellor” que as escritoras e escritores protagonistas da exposición “56 páxinas das nosas letras” para “encabezar esta embaixada cultural que aspira a continuar edificando desde a cordialidade, o respecto mutuo e a man tendida, a civilización ibérica arelada polo gran Fernando Pessoa e por tantos outros homes de letras”.
 
Ademais do presidente do Parlamento, integran a delegación galega o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; e o catedrático Ramón Villares, en representación do Consello da Cultura  Galega e da Real Academia Galega.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-19T20:55:00Z 2018-10-19T21:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2760/
Acordos acadados Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o día 19.10.2018

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 36137 (10/PNC-002898)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e seis deputados/as máis
Sobre a apertura por parte da Xunta de Galicia de novas zonas de concentración parcelaria de interese agrogandeiro e forestal para rendibilizar as actuais explotacións
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a proceder á apertura de novas zonas de concentración parcelaria de interese agro-gandeiro e forestal para rendibilizar as explotacións actuais."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 30946 (10/PNC-002489)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e cinco deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución dos traballos subvencionados a través da liña de axudas inserida nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais para a formación de equipos para as comunidades de montes, así como mediante todas as liñas de axuda destinadas a esas comunidades
BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galiza acorda instar a Xunta para que nesta liña de axudas para prevención e defensa contra os lumes forestais, e en todas nas que sexan beneficiarias as comunidades de montes, os traballos obxecto das axudas poidan ser realizados non só polas empresas forestais, senón tamén polas propias comunidades de montes ou as súas mancomunidades."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-19T16:32:00Z 2018-10-19T16:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2759/
O conselleiro de Facenda entrega ao presidente do Parlamento o proxecto de orzamentos de 2019


Santiago, 19 de outubro de 2018.-  O Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019.
 
De seguido, a Mesa do Parlamento de Galicia cualificou o proxecto de lei e, unha vez oída a Xunta de Portavoces, o asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación deste texto lexislativo.
 
Pódese acceder ao Calendario de tramitación do proxecto de lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 a través do seguinte enlace:
 
http://parlamento.gal/Pleno/Orzamentos/2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-19T13:24:00Z 2018-10-19T14:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2758/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18-10-2018

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 36696 (10/PNC-002946)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno central da realización de estudos que conduzan a acreditar, diante de ICES e ICCAT, o bo estado do "stock" de bonito do norte e, conseguintemente, a un aumento do TAC asignado a esta especie no Atlántico norte, así como a negociación e adopción de medidas de xestión que permitan estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña do bonito
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para:
 
1.- A realización de estudos que conduzan a acreditar, diante de ICES e ICCAT, o bo estado do stock de bonito do norte e, conseguintemente, a un aumento do TAC asignado a esta especie no Atlántico norte.
 
2.- A negociación e adopción de medidas de xestión que permitan, no marco disposto por ICCAT e da normativa europea sobre TAC e cotas, poder estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña do bonito."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 26842 (10/PNC-002070)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa comercialización dos produtos procedentes do mar e o incremento do seu valor engadido, así como co financiamento e expansión internacional das empresas que se dedican á súa elaboración
BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a elaborar un programa concreto de apoio á comercialización de produtos procedentes do mar, tanto no ámbito estatal como no internacional, dotándoo coa contía orzamentaria suficiente para executalo na súa totalidade."
 
- 33624 (10/PNC-002751)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións do Goberno galego relacionadas co peche da pesqueira da sardiña para a frota do xeito
BOPG n.º 342, do 27.07.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a, de persistir a prohibición de pescar sardiña para a flota de xeito e racú, establecer liñas de axudas, para garantir o mantemento de rendas, especialmente para os mariñeiros que non teñen ninguna outra alternativa, mais tamén para evitar a sobreexplotación doutros recursos pesqueiros."
 
- 34729 (10/PNC-002821)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 5 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para evitar o furtivismo nas praias
BOPG n.º 350, do 03.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Continuar desenvolvendo no futuro campañas de concienciación para dar visibilidade á problemática do "furtivismo de bañador" e rematar así cos problemas que durante os veráns suceden en Galicia cos turistas que desfrutan as súas vacacións nos nosos areais.
 
- Dotar de mais medios públicos propios de control e vixilancia das praias para evitar todo tipo de furtivismo, creando una partida, no vindeiro orzamento, con este obxectivo."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 32168 (10/PNC-002619)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acceso da cidadanía a toda a información dispoñible referida á xestión de Portos de Galicia, así como a garantía do mantemento dun alto nivel de transparencia por todas as institución públicas de Galicia, permitindo a súa rendición de contas
BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Transmitir a Portos de Galicia a necesidade de que toda a información dispoñible sobre a xestión da institución se atope ao servizo da cidadanía e conte cun aceso fácil e rápido.
 
2.- Garantir que todas as institucións públicas de Galicia manteñan un alto nivel de transparencia, permitindo a rendición de contas.
 
3.- Esixir a Portos de Galicia a publicación de todos os informes de xestión que non están pendurados na súa páxina web coa maior brevidade."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-18T14:36:00Z 2018-10-18T14:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2757/
Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 18-10-2018

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 18 de outubro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36829 (10/PNC-002967)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento do inicio da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade do tramo da estrada N-551, na intersección da N-550 e a ponte internacional de Tui, así como a posta en valor desa ponte de acordo co seu carácter patrimonial e cultural
BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ao Ministerio de Fomento co fin de solicitarlle que inicie o antes posible a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria e accesibilidade do tramo da N-551 na intersección da N-550 e a Ponte Internacional de Tui, así como a adecuación da Ponte ao seu valor patrimonial e cultural.
 
Así mesmo, acórdase instar á Xunta de Galiza a acelerar o cumprimento do acordo unánime da Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2018 respecto das actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a seguridade viaria do Camiño Portugués.”

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-18T14:14:00Z 2018-10-18T14:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2756/
Acordos da Comisión Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 17.10.2018

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 17 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 37090 (10/PNC-002996)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa situación que están a vivir os emigrantes retornados de Venezuela a consecuencia da demora do Goberno dese país no pagamento das súas pensións
BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
-Solicitar ao Goberno do Estado que tome as medidas oportunas para solucionar a situación que están a vivir todos os emigrantes retornados de Venezuela, que teñen recoñecida unha pensión polo Goberno venezolano pero que non se lles está facendo efectiva dende hai case 3 anos, mediante a concesión do complemento de mínimos ou a prestación non contributiva que lles puidese corresponder por parte do Estado español.
 
-Modificar o criterio de xestión e concesión das pensións non contributivas por parte da Consellería de Política Social mentres se dan as circunstancias expostas, para incluír a efectiva percepción doutra pensión sempre que o Imserso adopte este criterio nas súas instrucións.
 
-Axilizar o protocolo especial para a atención integral das galegas e galegos retornados de Venezuela."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-17T13:57:00Z 2018-10-17T13:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2755/
Acordo da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 17.10.2018

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 17 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións

 
- 36862 (10/PNC-002972)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a adopción pola Xunta de Galicia das medidas orzamentarias necesarias para a posta en funcionamento do centro público de día de Miño o máis axiña posible
BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta a tomar as medidas orzamentarias necesarias para que o centro de día público de Miño sexa una realidade na maior brevidade."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-17T13:43:00Z 2018-10-17T13:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2754/
O Parlamento de Galicia súmase ao Día Internacional para a erradicación da pobreza coa exposición “Ninguén á marxe”


• Santalices recorda que a educación é o factor que máis eficazmente contribúe a superación da pobreza e a exclusión
 
Santiago, 17 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia sumouse hoxe aos actos programados co gallo do Día Internacional contra a Pobreza coa inauguración da exposición “Ninguén á marxe”, organizada pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia).
 
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, enmarcou esta exposición na aposta do Parlamento por abrirse a sociedade e  acercarse ás diferentes realidades que a conforman, incluída a situación das persoas que padecen a pobreza ou o risco de exclusión por razóns como as dificultades económicas, a enfermidade física ou mental, ou calquera outro tipo de causa.
 
Santalices Vieira felicitou á Rede Galega contra a Pobreza por amosar esta exposición no Pazo do Hórreo, ao tempo que  agradeceu a asistencia ao acto de portavoces e deputados e deputadas dos catro grupos con representación parlamentaria.
 
En opinión de Santalices, ademais dos recursos e dos programas específicos necesarios para afrontar esta realidade, “a educación ten moita importancia” na loita contra a pobreza. Parafraseando a Steven Pinker, autor de En defensa de la Ilustración,  o mellor investimento que se pode facer é en educación, porque a educación fai que os países sexan máis prósperos e máis democráticos.
 
O acto inaugural desta mostra contou tamén coas intervencións do presidente da Rede Galega contra a Pobreza, Antonio Hernández Fernández, e da conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García Martínez.  Tamén se deu lectura á Declaración institucional do Día Internacional para a erradicación da Pobreza.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-17T12:22:00Z 2018-10-17T12:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2753/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 23 de outubro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 23 de outubro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de outubro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Fixación do número do membros da Cámara encargados da defensa da Proposición de Lei, do Parlamento de Galicia, presentada perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia, e posterior designación. (Art. 163.3 do Regulamento do Parlamento de Galicia) (doc. núm. 31372, 09/PPLC-000014)
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 37732 (10/MOC-000106)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación económica e social de Galicia. (Moción consecuencia da interpelación n.º 34252, publicada no BOPG n.º 349, do 31.08.2018, e debatida na sesión plenaria do 25.09.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
2.2 37737 (10/MOC-000107)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación ambiental do río Umia. (Moción consecuencia da interpelación n.º 36141, publicada no BOPG n.º 354, do 12.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 25.09.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
2.3 37754 (10/MOC-000108)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redución da oferta educativa nos concellos. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 34790, publicada no BOPG n.º 352, do 05.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 25.09.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018

Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 34727 (10/PNP-002608)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
 Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Agricultura e Pesca para contrarrestar o efecto das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
3.2 36234 (10/PNP-002696)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dos terreos de Ence en Lourizán, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central respecto do acordo de prórroga da concesión adoptado o 20 de xaneiro de 2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
3.3 36650 (10/PNP-002723)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa Lei orgánica 11/2015 e coa Lei 41/2002, así como as actuacións que debe levar a cabo respecto do acordo parlamentario do 23 de novembro de 2016 referido á interrupción voluntaria do embarazo, a obrigatoriedade da educación afectivo-sexual no currículo escolar e o desenvolvemento de campañas de formación sobre métodos anticonceptivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
3.4 36793 (10/PNP-002746)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e Fernández Fernández, Raúl
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego destinadas á declaración oficial como praga da "Vespa velutina" na comunidade autónoma, así como dirixirse ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que revise a versión aprobada pola Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade do 14 de novembro de 2014 e pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente o 16 de abril de 2015 denominada Estratexia de xestión, control e posible erradicación da avespa asiática ou avespa negra e trasladar ás institucións europeas a urxencia da situación medioambiental que está a suceder en Galicia para que se aborde no seo da Unión Europea e definir unha estratexia comunitaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
3.5 36986 (10/PNP-002764)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas axudas de compensación por custos adicionais incorridos por industrias electro-intensivas, previstas na disposición adicional centésima cuadraxésima quinta da Lei de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, por importe de 150 millóns de euros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
3.6 37671 (10/PNP-002809)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a demanda do Goberno galego ao Ministerio de Transición Ecolóxica da realización das modificacións oportunas para posibilitar o ofrecemento do bono social por todas as empresas comercializadoras de electricidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
3.7 37693 (10/PNP-002811)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa extensión da rede de puntos de encontro familiar a todo o territorio galego, así como a mellora do protocolo e condicións de acceso das persoas usuarias ás súas instalacións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
3.8 38250 (10/PNP-002844)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación coa presentación do preconcurso de acredores por parte da empresa que xestiona o hospital privado Povisa e o concerto que mantén co Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 35901 (10/INT-001193)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Sergas en materia de contratación de persoal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
4.2 37366 (10/INT-001246)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
 Sobre a política do Goberno galego en materia de estradas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
4.3 38081 (10/INT-001262)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 4 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa execución de obras de infraestruturas rurais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 38773 (10/POPX-000109)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto das denuncias do persoal sanitario, asociacións de doentes, sindicatos, plataformas sanitarias e colexios médicos referidas ao deterioro e privatizacións da sanidade pública
 
5.2 38774 (10/POPX-000110)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación que fai o Goberno galego do grao de cumprimento das previsións do Plan MOVE
 
5.3 38775 (10/POPX-000111)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as medidas comprometidas polo Goberno galego no plan de choque contra os incendios forestais que foron realmente executadas
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
 
6.1 33384 (10/POP-003846)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para atallar a situación de discriminación laboral por razón de sexo que se está a dar no servizo de limpeza da Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018

6.2 38107 (10/POP-004477)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do prazo establecido no Plan MOVE 2009-2015 para o remate da actuación denominada "VAP Tui-A Guarda, treito I: Tui (enlace A-55)-Tomiño (enlace PO-350)"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
6.3 38162 (10/POP-004488)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do prazo establecido no Plan MOVE 2009-2015 para o remate da actuación denominada "VAP Nadela-Sarria. Desdobramento da VAP Nadela-Sarria"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
6.4 38757 (10/PUP-000195)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para dignificar as condicións laborais do sector da elaboración dos produtos do mar, diante da situación actual da negociación do seu convenio
 
6.5 35932 (10/POP-004244)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 8 máis
 Sobre os trámites que debe seguir a Xunta de Galicia conxuntamente co Consorcio da Zona Franca de Vigo para o cumprimento dos prazos establecidos para a execución do proxecto de construción do primeiro campus de formación profesional na cidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 355, do 13.09.2018
 
6.6 38146 (10/POP-004484)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e 2 máis
 Sobre as razóns do incumprimento do catálogo de postos de traballo de mestres de educación infantil no Centro Público Integrado As Mirandas, do concello de Ares
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018

6.7 37864 (10/POP-004439)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do impulso da dotación á provincia de Lugo dun centro integral de referencia para as persoas diagnosticadas con trastornos do espectro do autismo, TEA
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
6.8 33469 (10/POP-003862)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 6 máis
 Sobre os programas da Xunta de Galicia destinados a incrementar o consumo de leite
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 27.07.2018
6.9 38724 (10/PUP-000194)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para evitar no sucesivo episodios como a vaga de lumes que asolou Galicia en outubro de 2017
 
6.10 38759 (10/PUP-000196)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
 Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia das modificacións introducidas na política forestal, en materia de prevención e extinción de incendios forestais, un ano despois da vaga de lumes de outubro de 2017 e tralo remate da Comisión especial de estudo ao respecto

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-10-16T14:43:00Z 2018-10-16T14:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2752/