Accesibilidade

1. Conformidade a estándares e accesibilidade

O Parlamento de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

O contido está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web. Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C. Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns. Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Internet Explorer, etc.

Actualmente este sitio Web estase a auditar para que todas as súas páxinas cumplan o nivel AA segundo a Norma UNE 139803:2004 e as Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C. Os requisitos de Prioridade 1 e os de Prioridade 2 están sendo comprobados con unha análise manual da accesibilidade mediante diferentes ferramentas semi-automáticas polo departamento de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.

Periodicamente se realizan revisións manuais e automáticas para garantir o nivel adecuado de accesibilidade. A última auditoría realizouse o día 20 de outubro de 2.010.

Ligazóns acerca do contido web accesible:

  1. Recomendacións de accesibilidades do Consorcio da Web - W3C, que explica as razóns de cada recomendación.
  2. Técnicas de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C, que explica como implementar cada recomendación.
  3. Iniciativa de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C.

2. Características de accesibilidade

Para facilitar a navegación este sitio web dispón das seguintes axudas:

  1. Teclas de acceso rápido:
    1. Saltar a navegación e ir ao contido ALT + S + INTRO
    2. Saltar entre as pestañas do WEb ALT + nº pestaña + INTRO
  2. Acceso á páxina de inicio

    Dende a sección de Navegación auxiliar en cada páxina, ou mediante a tecla de acceso rápido correspondente ALT + 1 + INTRO

  3. Uso de tecnoloxías de asistencia.
  4. Ligazóns:
    1. As ligazóns están descritas en detalle a través do atributo título, a non ser que o texto da ligazón describa completamente o seu destino (como o titular dunha nova).
    2. Todas as ligazóns pódense seguir sen problema, aínda que os scripts non estean activados.
    3. As ligazóns non se abren en novas xanelas agás que se advirta o contrario, ou sexan documetos para descarga ou ligazóns a videos.
  5. Imaxes.

    Todas as imaxes con contido inclúen un atributo alt cun texto descritivo. As imaxes con propósito decorativo inclúen atributos alt baleiros.

  6. Deseño visual.

    Empréganse follas de estilo (CSS) para controlar o aspecto visual do sitio web e mais para dispoñer o contido na superficie da xanela.

3. Uso das características de accesibilidade nos principais navegadores

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que proporciona cada un deles.

  1. Teclas de acceso rápido:
    1. Microsoft Internet Explorer.

      Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido + INTRO.

    2. Firefox.

      Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido.

  2. Tamaño dos textos

    As páxinas da web do Parlamento de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización. Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador do xeito seguinte:

    1. Microsoft Internet Explorer

      A través do menú Ver » Tamaño do texto.

      Mediante os botóns de Aumentar e Disminuir tamaño do texto, do Menú de ferramentas de calqueira páxina.

    2. Firefox

      A través do menú Ver » Tamaño do texto ou empregando a combinación de teclas CTRL + "+" ou CTRL + "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Premendo CTRL + = restablécese o texto ao tamaño normal.

      Mediante os botóns de Aumentar e Disminuir tamaño do texto, do Menú de ferramentas de calqueira páxina.

4. Contacto

Se vostede ten algunha suxestión ou atopou algunha dificultade sobre a accesibilidade, póñase en contacto con nós no enderezo: webmaster@parlamentodegalicia.gal


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408