Paula Quinteiro Araújo
Vigo  1990

Enfermeira, entre outros centros, do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Previamente traballou no sector da dependencia e atención a persoas maiores.

Anticapitalista e feminista. Comezou a participar activamente en política a partir do 15M e en movementos sociais dende unha perspectiva anticapitalista e feminista. Participou da creación e desenvolvemento de Podemos tanto na súa cidade como a nivel nacional e foi candidata de Podemos ao Parlamento Europeo en 2014. Posteriormente foi elixida como integrante do Consello Cidadán Municipal de Podemos Vigo, ademais de traballar na Secretaría de Igualdade de Podemos Galicia. En 2014 comezou a participar na Marea de Vigo, implicándose na elaboración do seu modelo organizativo, así como na Marea Feminista.

En 2016 foi elixida para o Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia. Adoita publicar artigos de opinión en Praza Pública,Viento Sur ou Público.


Contacto:
En Marea
Foto de PaulaQuinteiro Araújo
Circunscrición de Pontevedra

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 07 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 08 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 21 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 22 de marzo de 2017, ás 10:00

Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

  • Vogal na reunión do xoves, 02 de marzo de 2017, ás 16:05
  • Vogal na reunión do xoves, 16 de marzo de 2017, ás 10:35

Comisión N.P. de estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres

  • Vogal na reunión do mércores, 01 de marzo de 2017, ás 16:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408