María de los Ángeles Cuña Bóveda
Pontevedra  1957

Pedagoga, directora teatral e dramaturga. Directora da compañía de Teatro Sarabela, do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Vive en Ourense desde hai corenta anos.

Licenciada en Ciencias da Educación pola USC. Diplomada pola Escola de Expresión de Barcelona. Traballou como profesora de Actividades; impartiu clases de Lingua e Literatura no IES Universidade Laboral e no Departamento de Orientación. Relatora nas Universidades de Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense. Ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas.

Documentalista na película O lapis do carpinteiro de Antón Reixa. Profesora de Creación e Escenificación Literaria. Pedagoga de Interpretación, Creatividade, Dramaturxia, Dirección. Impartiu cursos, obradoiros e seminarios para profesionais e asemade en diferentes niveis de ensino universitario e en formación de formadores.

Fundadora de numerosos grupos teatrais entre eles SARABELA TEATRO. Dirixe o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) desde a súa creación. Leva dirixidos máis de 50 espectáculos.

Entre os recoñecementos recibidos destacan o Premio FETÉN á mellor dirección, espectáculo e texto orixinal, por Tics. Premios María Casares á mellor dirección, texto adaptado, iluminación e espectáculo pola obra O lapis do carpinteiro. Premio XIRIA ao labor teatral na XVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

Premio Celestina (da crítica de Madrid) por Romance de Micomicón e Adelhala, entre outros moitos.


Contacto:
En Marea
Foto de María de los ÁngelesCuña Bóveda
Circunscrición de Ourense

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Asistencia na reunión do xoves, 07 de decembro de 2017, ás 10:30

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do luns, 20 de novembro de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 21 de novembro de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 22 de novembro de 2017, ás 10:00

Comisión 4.ª, Educación e Cultura

  • Vogal na reunión do xoves, 16 de novembro de 2017, ás 10:30
  • Vogal na reunión do martes, 28 de novembro de 2017, ás 10:30

Ponencia P.L. de espectáculos públicos e actividades recreativas

  • Titular do G.P. En Marea na reunión do luns, 13 de novembro de 2017, ás 12:00
  • Titular do G.P. En Marea na reunión do mércores, 15 de novembro de 2017, ás 11:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408