Luca Chao Pérez
Lugo  1988

Politóloga e investigadora. Dende 2006 vive en Santiago de Compostela, cidade na que se licenciou en Ciencias Políticas en 2011. Continúa os seus estudos cun mestrado en Migracións Internacionais (2011-2012) na Universidade da Coruña. En 2012 recibe unha bolsa de formación predoutoral coa que inicia a súa tese de doutoramento sobre a participación política dos descendentes do exilio español en México e Francia e a súa tarefa como docente no grao de Socioloxía e no mestrado de Migracións Internacionais da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Nese mesmo ano comeza a colaborar como investigadora no Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais. Froito da súa investigación, realiza diversas estadías de investigación: no Colexio de México, na Escola de Altos Estudos Sociais de París e na Universidade Nacional Autónoma de México. As súas liñas de investigación principais son: participación política, migración, exilio e participación cidadá.


Contacto:
En Marea
Foto de LucaChao Pérez
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 06 de xuño de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 07 de xuño de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 20 de xuño de 2017, ás 10:00

Comisión 4.ª, Educación e Cultura

  • Secretaria na reunión do xoves, 01 de xuño de 2017, ás 16:00

Mesa da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

  • Secretaria na reunión do martes, 06 de xuño de 2017, ás 12:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408