Luis Villares Naveira
Lugo  1978

Foi maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG ata presentar a súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea. Anteriormente traballou durante anos exercendo como xuíz no Xulgado do Contencioso de Lugo, no Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, no Xulgado Central Contencioso-Administrativo e no Xulgado único da Fonsagrada, o seu primeiro destino despois de aprobar a oposición en 2005.

Formado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde se especializou na rama de Dereito do Consumo. Ao longo da súa vida profesional colaborou con diferentes entidades centradas na defensa dos dereitos sociais, como a Rede Armela, e a normalización da lingua do noso país, como a Irmandade Xurídica Galega. Nestes anos, tamén exerceu como voceiro en Galicia de Xuíces pola Democracia.


Contacto:
En Marea
Foto de LuisVillares Naveira
Circunscrición de Lugo

Asistencias ós órganos parlamentarios

Xunta de Portavoces

  • Titular do G.P. En Marea na reunión do martes, 31 de outubro de 2017, ás 11:30

Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

  • Asistencia na reunión do luns, 30 de outubro de 2017, ás 10:00

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 07 de novembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 08 de novembro de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408