Carmen Santos Queiruga
Porto do Son  1981

Politóloga licenciada na USC e funcionaria do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo. Filla e neta de mariñeiros, estudou na escola e universidade públicas. Rematada a carreira, ao ano seguinte aprobou a súa primeira oposición na Administración xeral do Estado, obtendo o seu primeiro traballo como empregada pública en Barcelona na Subdelegación do Goberno-Oficina de Estranxeiros. Estivo tamén uns meses no Departamento de Traballo da Generalitat de Cataluña e despois concursou a Madrid, onde obtivo destino na Subdirección Xeral de Xestión Económica e Orzamentaria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Aos poucos meses trasladouse ao gabinete ministerial do citado ministerio como persoal funcionario adscrito ao dito gabinete. Ao ano e medio aprobou a súa segunda oposición no CSIC e volveu a Galicia de maneira definitiva para realizar neste organismo público de investigación labores de axuda á xestión de I+D+i.


Contacto:
En Marea
Foto de CarmenSantos Queiruga
Circunscrición de Pontevedra

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Vogal na reunión do venres, 03 de marzo de 2017, ás 10:35
  • Vogal na reunión do venres, 17 de marzo de 2017, ás 10:35

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 07 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 08 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 21 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 22 de marzo de 2017, ás 10:00

Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

  • Vogal na reunión do venres, 10 de marzo de 2017, ás 10:35

Mesa CNP para o seguimento das políticas relativas á discapacidade

  • Vicepresidenta na reunión do luns, 27 de marzo de 2017, ás 12:30

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408