Miguel Tellado Filgueira
Ferrol  1974

Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2003 e 2007 foi xefe de prensa do Concello de Ferrol. No ano 2009 pasou a ser xefe do Gabinete da Conselleira de Traballo e Benestar, posto que deixou tras as eleccións municipais de 2011 para converterse en xefe de Gabinete da Alcaldía de Ferrol.

En 2012 foi elixido deputado no Parlamento de Galicia, onde ocupou primeiro a portavocía de Traballo e logo a de Administración Pública, Xustiza e Interior, e foi vicevoceiro do Grupo Popular. En setembro de 2014 o Comité Executivo do PPdeG designouno como voceiro do partido. En maio de 2016 o presidente Feijóo propúxoo no XVI Congreso do PPdeG para converterse no secretario xeral do PPdeG.

Na X Lexislatura no Parlamento é vicevoceiro do GPP e voceiro na Comisión 6ª e nas áreas de Industria e Emprego.


Contacto:
Partido Popular
Foto de MiguelTellado Filgueira
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 20 de xuño de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408