Paula Prado del Río
Santiago de Compostela  1971

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago. Máster en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social e en Dirección de Persoal e Recursos Humanos. Avogada especialista en dereito civil e de familia.

Concelleira en Santiago desde maio de 2007. Tamén foi voceira do grupo municipal e da xunta de goberno local. Foi voceira do PPdeG desde xaneiro do 2013 a xuño do 2014. Deputada no Parlamento de Galicia entre os anos 2009 e 2016, nos que desempeñou os cargos de vicevoceira segunda do Grupo Popular e voceira das áreas de Igualdade, Xustiza, Interior, Administracións Públicas, Emigración, Presidencia e Vicepresidencia. Foi elixida senadora o 20 de decembro de 2015 e desempeñou o cargo de voceira adxunta do grupo parlamentario. No PPdeG, actualmente é a súa coordinadora interparlamentaria e forma parte do Comité de Dirección autonómico do partido.

Na X Lexislatura no Parlamento de Galicia é vicevoceira do GPP, presidenta da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres e voceira do GPP da Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior.


Contacto:
Partido Popular
Foto de PaulaPrado del Río
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Vogal na reunión do venres, 08 de setembro de 2017, ás 10:35

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 12 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 13 de setembro de 2017, ás 10:00

Deputación Permanente

  • Vogal na reunión do martes, 29 de agosto de 2017, ás 12:05

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408