Jaime Castiñeira Broz
Cospeito  1957

Enxeñeiro de Edificación pola Universidade Europea de Madrid e arquitecto técnico pola Universidade Laboral de Sevilla. En 1982 aproba as oposicións do Ministerio de Economía e Facenda, obtén a praza de arquitecto técnico e desempeña o seu traballo no catastro ata o ano 2009.

Concelleiro do Grupo Popular en Lugo en 1999, e na actualidade é o seu voceiro local. Desde 2009 desempeña as funcións de presidente da Xunta Local de Lugo e é membro do Comité de Dirección do PPdeG, así como do Partido Popular de Lugo, e coordinador de Política Local. No ámbito autonómico é deputado desde o ano 2005. Na VII lexislatura foi voceiro de Medio Ambiente e na VIII de Vivenda do Grupo Parlamentario Popular, ademais de presidente da Comisión de Asuntos Europeos. Na IX lexislatura presidiu a Comisión de Asuntos Europeos e foi portavoz do Grupo Popular para asuntos de vivenda.

Na X Lexislatura é presidente da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e voceiro do GPP na área de Vivenda.


Contacto:
Partido Popular
Foto de JaimeCastiñeira Broz
Circunscrición de Lugo

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.

  • Presidente na reunión do xoves, 06 de abril de 2017, ás 10:30
  • Presidente na reunión do mércores, 19 de abril de 2017, ás 10:30

Mesa da Comisión 2.ª, Ord. Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e S.

  • Presidente na reunión do martes, 28 de marzo de 2017, ás 11:00
  • Presidente na reunión do xoves, 06 de abril de 2017, ás 11:30

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 04 de abril de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 05 de abril de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408