Concepción Burgo López
Lugo  1958

Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cum laude. Profesora titular de Historia Moderna na Facultade de Humanidades da USC. Directora do Colexio Universitario de Lugo de 1991 a 1993. Decana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo de 1993 a 2000. Membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela e de diversas comisións delegadas de 1991 a 2000. Claustral electa do Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela desde 1994 ata 2004.

Primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo e Educación no Concello de Lugo entre 2003 e 2010.

Parlamentaria autonómica do Parlamento de Galicia na VII, VIII e IX lexislaturas. Na IX Lexislatura foi vicesecretaria da Mesa do Parlamento de Galicia.


Contacto:
Partido Socialista de Galicia
Foto de ConcepciónBurgo López
Circunscrición de Lugo

Asistencias ós órganos parlamentarios

Xunta de Portavoces

  • Vicesecretaria na reunión do venres, 28 de xullo de 2017, ás 14:00

Pleno do Parlamento

  • Vicesecretaria na reunión do martes, 01 de agosto de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408