Diego Calvo Pouso
San Sadurniño  1975

Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal). Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.

No 2009 foi o primeiro delegado territorial único da Xunta de Galicia na provincia da Coruña. No período 2009-2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña. No ano 2011 foi elixido presidente da Deputación Provincial da Coruña, posto que ocupou ata o ano 2015.

En febreiro do 2003 accedeu ao Parlamento de Galicia e continuou como deputado da oposición entre 2005 e 2009. Foi portavoz do PP na Comisión de Mocidade, na Compañía CRTVG e Vivenda, e vogal nas comisións de Economía, Pesca e Marisqueo e no Consello de Contas. Desde o 2006 ata o 2009 foi vicesecretario xeral do PPdeG. Actualmente é o presidente provincial do Partido Popular na Coruña.

Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia na X Lexislatura.


Contacto:
Partido Popular
Foto de DiegoCalvo Pouso
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Mesa do Parlamento

  • Vicepresidente 1º na reunión do luns, 23 de outubro de 2017, ás 11:00
  • Vicepresidente 1º na reunión do martes, 31 de outubro de 2017, ás 10:30

Xunta de Portavoces

  • Vicepresidente 1º na reunión do martes, 31 de outubro de 2017, ás 11:30

Pleno do Parlamento

  • Vicepresidente 1º na reunión do martes, 07 de novembro de 2017, ás 10:00
  • Vicepresidente 1º na reunión do mércores, 08 de novembro de 2017, ás 10:00

Presidentes de Comisións

  • Asistencia na reunión do luns, 23 de outubro de 2017, ás 11:30

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408