Santalices sinala a Olimpia Valencia como un exemplo para a xuventude

 
 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou en Baltar nunha homenaxe á primeira muller galega licenciada en medicina
 
Santiago, 29 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde no Concello de Baltar (Ourense) nunha homenaxe á Dra. Olimpia Valencia, a primeira muller galega licenciada en medicina e tamén a primeira xinecóloga de Galicia.
 
“Nun tempo como o actual, no que de seguida se fabrican ídolos artificiais, case sempre baleiros de contido, fariamos ben en divulgar entre a nosa xuventude traxectorias como a de Olimpia Valencia e as de tantos outros homes e mulleres que, desde o esforzo persoal anónimo, abriron camiños pioneiros sen máis meta que o ben común e o engrandecemento de Galicia”, afirmou o presidente do Parlamento.
 
Nada en Baltar en 1898, Olimpia Valencia licenciouse en medicina na Universidade de Santiago en 1925. Posteriormente, especializouse en xinecoloxía, ampliando estudos en Alemaña e Suiza, para exercer en en Vigo ata a súa xubilación.
 
Muller comprometida e adiantada ao seu tempo
 
Con todo, como sinalou Santalices, “Olimpia Valencia foi unha muller comprometida e adiantada ao seu tempo”, como o acredita o seu apoio aos candidatos galeguistas en 1931 ou o respaldo público ao plebiscito do Estatuto do 36, feitos que chegarían a provocar a súa detención en 1937, despois do levantamento militar.
 
A Dra. Olimpia Valencia foi, en opinión do titular do Lexislativo autonómico,  “unha patriota galega , merecedora da nosa gratitude e do recoñecemento unánime da nosa sociedade”.
 
Santalices Vieira felicitou ao alcalde de Baltar por ter organizado esta homenaxe á Dra. Olimpia Valencia na súa localidade natal e contribuir, deste xeito, a divulgar a traxectoria dunha figura senlleira.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 11
decembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
<< novembro| xaneiro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 11/12/2017

  • 10:00Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
    Orde do día Documentación
  • 10:45Mesa da Comisión N.P. de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, específicamente, a extraordinaria vaga de lumes que ven de sufrir Galicia en outubro de 2017
    Orde do día
  • 12:00Mesa da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes
    Orde do día
  • 12:45Mesa da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
    Orde do día

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408