Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 1 de agosto de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 1 de agosto de 2017, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de xullo de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único: Debate e votación do límite de gasto non
financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 13283, 10/LGNF-000002)
 
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes Relacionadas

Junta de portavocesXunta de Portavoces, 28-07-2017

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (503) Servidor no disponible.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408