O presidente do Parlamento asiste aos actos institucionais do Día de Galicia


 
Santiago, 25 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu na mañá deste martes á  Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, na que o presidente da Xunta actuou como delegado rexio,  e aos actos posteriores.
 
Pola tarde, participou na misa en lembranza de Rosalía de Castro, que se celebra cada ano na Igrexa de San Domingos de Bonaval, así como na posterior ofrenda floral no Pantéon de Galegos Ilustres.
 
Previamente, o luns 24 de xullo, Santalices asistiu ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2017.

Imaxes Relacionadas

Ofrenda al ApostolOfrenda al ApostolMedallas de Galicia 2017Medallas de Galicia 2017Medallas de Galicia 2017Misa en memoria de Rosalía de CastroMisa en memoria de Rosalía de CastroOfrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (503) Servidor no disponible.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408