O presidente do Parlamento de Galicia recibe ao defensor do pobo adxunto da Cidade Autónoma de Buenos Aires

 

Santiago, 20 de marzo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía ao defensor  do pobo adxunto da Cidade Autónoma de Buenos Aires e defensor do turista, José Palmiotti, que se atopa de visita na Comunidade Autónoma.
 
Durante o encontro, celebrado no despacho da Presidencia do Parlamento de Galicia, Santalices Vieira interesouse polo funcionamento  da defensoría do Pobo da Cidade Autónoma de Buenos Aires, ao tempo que recordou os intensos vínculos  que Galicia mantén coa Arxentina. O defensor  do pobo adxunto da Cidade Autónoma de Buenos Aires e defensor do turista, José Palmiotti, acudiu acompañado por Daniel Minbielle, subsecretario do Instituto de Dereitos do Turista, e por Santos Gastón Juan, conselleiro por ADJERA do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

XOVES 27
abril de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
<< marzo| maio >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 27/04/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408