Galego Castellano
Parlamento de GaliciaLogotipo do Parlamento de Galicia
  • Actividade
  • Institución
  • Participación cidadá
  • Transparencia
  • Sede electrónica
  1. Portada
  2. Aviso legal
Busca

Formulario de busca na web

Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia
Escoitar esta páxina
Twitter
Facebook
Subscrición Rss

Aviso Legal

Índice de contidos

  1. Cláusula de exención de responsabilidade
  2. Aviso de Copyright
  3. Protección de datos persoais
  4. Política de privacidade

1. Cláusula de exención de responsabilidade

Co presente sitio Internet, o Parlamento de Galicia pretende fomentarlle ó público o acceso á información relativa ás súas iniciativas. O noso obxectivo consiste en velar pola actualidade e exactitude da dita información. Trataremos de corrixi-los erros que se nos sinalen. Non obstante, o Parlamento de Galicia non asume ningunha responsabilidade en relación coa información incluída nestas páxinas.. A dita información:

  1. É de carácter xeral e non aborda circunstancias específicas relativas a persoas ou organismos concretos;
  2. Non ofrece necesariamente información exhaustiva, completa, exacta ou actualizada;
  3. Nalgunhas ocasións contén enlaces con páxinas externas sobre as que os servicios do Parlamento de Galicia non teñen ningún control e respecto das cales declinan toda responsabilidade;
  4. Non ofrece asesoramento profesional ou xurídico (se desexa efectuar unha consulta deste tipo, diríxase sempre a un profesional debidamente cualificado).

Téñase en conta que non se pode garantir que un documento dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente. Xa que logo, unicamente se consideran auténticos os textos legais publicados nas edicións impresas do Diario Oficial de Galicia.

Pretendemos reducir ó mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Malia o anterior, algúns datos ou informacións contidos nas nosas páxinas pode que fosen creados ou estructurados en arquivos ou formatos non exentos de erros, polo que non podemos garantir que o noso servicio non quede interrompido ou afectado de calquera outra forma por tales problemas. O Parlamento de Galicia non asume ningunha responsabilidade respecto dos ditos problemas, tanto se resultan da consulta das presentes páxinas ou daqueloutras externas obxecto de reenvío.

A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limita-la responsabilidade do Parlamento de Galicia de forma contraria ó disposto polas normativas aplicables, nin excluí-la súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude das ditas normativas, non se poida excluír.

2. Aviso de Copyright

© Parlamento de Galicia, 2018

Reproducción autorizada sempre que se cite a fonte, agás que se indique o contrario. Naqueles casos nos que sexa necesaria unha autorización previa para a reproducción ou o uso de datos textuais ou multimedia (sons, imaxes, programas, etc.), a dita autorización cancelará a autorización xeral antes citada e mencionará claramente as posibles restriccións de uso.

Cando o usuario desexe habilitar un enlace para redifundir o sinal audiovisual, deberá solicitar ao Parlamento de Galicia o correspondente código incrustado.

3. Protección de datos personais

O Parlamento de Galicia está comprometido co respecto á intimidade do usuario, en cumprimento da normativa vixente.

  • Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 21 de marzo de 2012, polo que se aproban as Normas para a regulación e protección dos datos de carácter persoal existentes no Parlamento de Galicia.
  • Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 11 de abril de 2014, polo que se modifica o ficheiro correspondente a ‘seguridade e vixilancia’ do anexo das Normas para a regulación e protección dos datos de carácter persoal existentes no Parlamento de Galicia.
  • Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 23 de outubro de 2017, polo que se nomea delegada de Protección de Datos do Parlamento de Galicia.

Dirección de correo: pdcp@parlamentodegalicia.gal

4. Política de privacidade

A través deste sitio web non se solicitan datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.

Co fin de lle ofrecer o mellor servizo e para facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas así como a actividade dos visitantes e a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, o Parlamento de Galicia utiliza a información estatística obtida a través da ferramenta Matomo.

A ferramenta Matomo está configurada para preservar a privacidade dos visitantes, de acordo coas recomendacións daquela, que inclúen a configuración de Do Not Track, a anonimización dos enderezos IP dos visitantes, o borrado automático dos rexistros e informes antigos e a inclusión de código HTML de non-seguimento.

O portal do que é titular o Parlamento de Galicia contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á do Parlamento de Galicia. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies.

Os datos de carácter persoal que se solicitan directamente do usuario a través dos distintos recursos dispoñibles no portal serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados aos respectivos ficheiros dos que é responsable o Parlamento de Galicia, coas finalidades que se detallan na declaración dos devanditos ficheiros, e non serán utilizados para finalidades incompatibles con estas. Os datos solicitados poderán ser cedidos nos casos previstos para cada ficheiro.

Os afectados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, transparencia da información, supresión (esquecemento), limitación ou portabilidade dirixíndose por escrito a: Parlamento de Galicia, con domicilio en Rúa do Hórreo, 63 Santiago de Compostela, 15.701 – A Coruña, ou mediante correo electrónico certificado a: pdcp@parlamentodegalicia.gal, achegando, nos dous casos, unha fotocopia do documento nacional de identidade e con expresión da data, a sinatura e o enderezo para os efectos de notificacións.

  • Directorio
  • Mapa web
  • Ligazóns
  • Accesibilidade
  • Contacto
  • Biblioteca do Parlamento
  • Libros electrónicos
  • Normativa
  • Glosario
  • Visita virtual
  • Tenda
  • Xunta Electoral
  • Último BOPG publicado:
    • BOPG Nº 433 do 18/02/2019
  • Último DSPG publicado:
    • DSPG Nº 99 do 29/01/2019
  • Subscricións a BOPG e DSPG
  • Aviso legal
  • Política de seguridade
  • Protección de datos

Onde estamos:

Ver localización en Google Maps
Rúa do Hórreo, 63
Santiago de Compostela
CP: 15701
Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408

Visitas da web:

236534
Copyright © Parlamento de Galicia 2018