Flora Miranda Pena

Nacemento: Cariño - 1975

Grupo Parlamentario de En Marea

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

Naceu en Cariño no ano 1975 e reside en Compostela desde 1993. Médica de familia por vocación. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1999). Diploma de Estudos Avanzados en Medicina. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Colaboradora docente da Facultade de Medicina de Santiago na materia de Medicina de Familia e Atención Primaria entre os anos 2007 e 2011. Traballou na Central de Coordinación de Emerxencias-061, na Dirección Xeral de Saúde Pública e nas Xerencias de Atención Primaria de Vigo, Pontevedra e Santiago. Desenvolveu o seu traballo como médica titular do Centro de Saúde de Valga nos sete anos anteriores á incorporación ao Parlamento.

Feminista, realiza actividade comunitaria sobre enfermidades de especial prevalencia en mulleres (fibromialxia). Defensora da necesidade de priorizar o coidado dos condicionantes socioeconómicos e a perspectiva de xénero pola súa relevancia na saúde das persoas. Participa activamente da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública SOS e na FADSP. Pertence á Irmandade Sanitaria Galega.

Foi covoceira da Coordinadora de Compostela Aberta e responsable do seu Grupo de Traballo de Saúde. É co-coordinadora do Grupo de Sanidade de En Marea. Formou parte da candidatura municipal de Compostela Aberta en 2015 e de En Marea ao Congreso e ao Parlamento galego.

Nai de dous fillos escolarizados no ensino público, é representante de nais e pais no Consello Escolar do seu CEIP. Formou parte da directiva da súa Anpa. É afeccionada á música e moi especialmente á poesía de autoras galegas.

Imaxe de Flora Miranda Pena

Grupo En Marea

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Outubro de 2018
Martes
23
10:00
Mércores
24
10:00
Novembro de 2018
Martes
06
10:00
Mércores
07
10:00

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Outubro de 2018
Martes
30
10:00
Novembro de 2018
Luns
05
10:00

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Novembro de 2018
Xoves
08
10:30
Mércores
14
10:30

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

Outubro de 2018
Xoves
18
10:30

Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

Outubro de 2018
Mércores
31
10:30