Nacemento: Ourense - 1970
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997 ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais. Así mesmo, foi vocal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo de 2009 a 2014 e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009.
Ademais, foi membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior, profesor asociado do Departamento de Dereito Financeiro na Universidade de Vigo de 2002 a 2006 e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.
Desde 2016, José González Vázquez é deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.
Desde setembro de 2018 é conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia.