saltar ao contido

Francisco José Conde López

Nacemento: Monforte de Lemos - 1968

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor, pola mesma institución académica, en Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse, entre 1995 e 2009, na Universidade CEU San Pablo, na que exerceu como profesor e ocupou diferentes responsabilidades como as de director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto de Estudos Europeos e vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (2002-2004). En 2004 pasou a ocupar o posto de director de Relacións Institucionais desta mesma universidade, que desempeñou ata que, en 2005, foi nomeado vicerreitor deste mesmo departamento.

Entre 2009 e 2012 foi asesor do presidente da Xunta de Galicia. Desde decembro de 2012 ata outubro de 2015 foi conselleiro de Economía e Industria e despois conselleiro de Economía, Emprego e Industria ata setembro de 2020.

Imaxe de Francisco José Conde López

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

saltar ao pe de páxina