Nacemento: Vilagarcía de Arousa - 1973
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais desde 2001 ata o 2005.
En 1998 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa, foi tenente de alcalde de Vilagarcía e secretaria local do PP de Vilagarcía de Arousa. Formou parte das listas do PP ás eleccións autonómicas en 2009 e foi elixida deputada. Na VII e na IX lexislaturas foi voceira de Servizos Sociais do Grupo Popular, e nesta última tamén foi vicevoceira do Grupo Parlamentario Popular. Na IX Lexislatura, desde xaneiro de 2016, foi nomeada vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia.
Na X Lexislatura é vicevoceira do GPP, presidenta da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, da Comisión non permanente de estudo sobre políticas de discapacidade e da Comisión de investigación das antigas caixas de aforros, así como voceira do GPP en materia de Política Social.