Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

Alberto Núñez Feijóo

Nacemento: Os Peares (Ourense) - 1961

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Dereito pola USC, é membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta. Foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes; vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde; director do Instituto Nacional de Salud (Insalud) e presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S. A. En 2003 foi nomeado conselleiro de Política Territorial e en 2004, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.

Presidente da Xunta de Galicia na VIII lexislatura (2009-2012) e IX lexislatura (2012-2016).

Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006. En xaneiro de 2013 tivo lugar o XV Congreso autonómico do partido, no que Alberto Núñez Feijóo volve ser elixido presidente do PPdeG, un nomeamento que se revalida no XVI Congreso autonómico que os populares celebraron en maio de 2016. Candidato á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do 2009, logrou a maioría absoluta con 38 deputados; nas eleccións autonómicas do 2012, maioría absoluta con 41 deputados; e nas de 2016, maioría absoluta con 41.

Imaxe de Alberto Núñez Feijóo

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios no último mes

Pleno do Parlamento

Abril de 2018
Martes
10
10:00
Mércores
11
10:00