Nacemento: Cospeito - 1957
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Enxeñeiro de Edificación pola Universidade Europea de Madrid e arquitecto técnico pola Universidade Laboral de Sevilla. En 1982 aproba as oposicións do Ministerio de Economía e Facenda, obtén a praza de arquitecto técnico e desempeña o seu traballo no catastro ata o ano 2009.
Concelleiro do Grupo Popular en Lugo desde 1999 ata xuño de 2017, e voceiro do PP no Concello de lugo desde 2009 ata 2017. Desde 2009 ata 2017 desempeñou as funcións de presidente da Xunta local de Lugo. No ámbito autonómico é deputado desde o ano 2005. Na VII lexislatura foi voceiro de Medio Ambiente e na VIII de Vivenda do Grupo Parlamentario Popular, ademais de presidente da Comisión de Asuntos Europeos. Na IX lexislatura presidiu a Comisión de Asuntos Europeos e foi portavoz do Grupo Popular para asuntos de vivenda.
Na X Lexislatura é presidente da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e voceiro do GPP na área de Vivenda.