saltar ao contido

Coñece as túas institucións

Convenio de colaboración asinado entre Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado 18 de decembro de 2017 que permitirá organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de centros de titularidade pública da Comunidade Autónoma.

O obxectivo deste programa, denominado Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

Xunta e Parlamento asumirán o custo dos desprazamentos que, nunha mesma xornada, permitirán que cada grupo poida visitar as dependencias do lexislativo e mais do executivo e recibir cumpridas explicacións sobre o funcionamento e competencias das institucións.

Se quere saber máis detalles, pode consultar a operativa aplicable ó programa didáctico .

O Parlamento de Galicia ofrece unha unidade didáctica, deseñada para facilitar o aproveitamento académico da visita, que se pode descargar nos seguintes enlaces:

Solicitude de visita

DATOS DO CENTRO PÚBLICO DE ENSINO
DATOS DO ALUMNADO QUE ASISTIRÁ ÁS VISITAS
Curso
Escolle o curso ou cursos do alumnado
DATOS DOS/AS PROFESORES/AS RESPONSABLES DO GRUPO
DATAS DE PREFERENCIA DO CENTRO PARA AS VISITAS GUIADAS
As visitas para este convenio, só se poden realizar en martes, mércores ou venres.
OBSERVACIÓNS
saltar ao pe de páxina