Pilar Rojo condena o atentado contra a sede do PP de Ordes e reitera que a violencia carece de espazo en Galicia

• Telefoneou ao voceiro municipal do PP de Ordes para expresarlle a súa solidariedade persoal e a da institución que preside

Santiago, 13 de xuño de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, condena o atentado rexistrado a pasada madrugada pola sede local do Partido Popular de Ordes e reitera que calquera forma de violencia carece de espazo na Comunidade Autónoma.
 
A titular do lexislativo autonómico telefoneou esta mañá ao portavoz municipal do PP de Ordes, José Luiz Martínez, para trasladarlle a súa solidariedade persoal e da institución que preside.
 
Rojo Noguera fai votos para que os autores e desta e doutras explosicións que se teñen rexistrado en Galicia acaben sendo detidos e postos a disposición xudicial e se aplique sobre eles todo o peso da lei.

Imaxes relacionadas