Estudantes de Vigo, Lugo e Mondoñedo, gañadores do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia

• Os finalistas están escolarizados en centros da Coruña, Sarria e Baiona
 
• O xurado propuxo unha mención para dous alumnos de educación especial
 
• Os premios entregaranse o vindeiro 20 de xuño no Parlamento
 
• A presidenta do Parlamento agradece o esforzo desenvolvido polos membros do Xurado, que para seleccionar aos gañadores tiveron que revisar 888 traballos pertencentes a 52 centros educativos
 
Santiago, 10 de xuño de 2011.- O xurado encargado de seleccionar aos gañadores do Concurso Escolar 2010-2011 convocado polo Parlamento de Galicia seleccionou, por unanimidade, aos gañadores e finalistas de cada unha das tres modalidades, –debuxo, redacción e expresión libre- , ademais de propoñer unha mención especial para dous alumnos de educación especial.
 
Os gañadores están escolarizados en centros educativos de Vigo, Lugo e Mondoñedo, mentres que os finalistas cursan estudos na Coruña, Sarria e Baiona. Os alumnos de educación especial que recibiron unha mención especial  pertencen a centros de Vigo e Pontevedra.
 
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro día 20 de xuño, luns, no Parlamento de Galicia, nun acto ao que ademais dos gañadores e finalistas, se convidará á clase de cada un dos galardoados, aos profesores que supervisaron os traballos seleccionados e aos directores dos centros.
 
Agradecemento ao xurado
O Xurado encargado se seleccionar os traballos estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento, José Manuel Baltar Blanco; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Marisol Piñeiro; polos portavoces de Educación dos tres grupos parlamentarios, Román Rodríguez (PPdeG), Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE) e Carme Adán (BNG), así como polo docente Jose Manuel Rosales Noves.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, agradece o esforzo desenvolvido polos membros do xurado, que revisaron cada un dos 888 traballos presentados ao concurso.
 
Esta elevada cifra de participación certifica, en opinión de Rojo Noguera, que sí é posible suscitar o interese dos máis novos polas institucións que articulan o sistema democrático e o autogoberno de Galicia.
 
Os 888 participantes nesta edición do Concurso Escolar do Parlamento están escolarizados en 52 centros educativos. Destes, 21 pertencen á provincia da Coruña, 9 á de Lugo, 5 á de Ourense, e 17 á de Pontevedra.
 
GAÑADORES E FINALISTAS
Os seleccionados foron os seguintes:
 
CONCURSO DE DEBUXO:
Persoa gañadora: NOELIA TINOCO LACOMBA (doc. núm. 64483)
• Centro escolar: Escola Rosalía de Castro. Vigo. Pontevedra.
• Clase: 4º B de primaria
• Profesor que supervisou á gañadora: D. José Manuel Carnero González
 
Persoa finalista: CLARA FERNÁNDEZ CASÁS (doc. num. 64348.1) (alumna de 4º de primaria no CEIP Raquel Camacho. A Coruña)
 
CONCURSO DE REDACCIÓN:
Persoa gañadora: DANIEL VICENTE GUTIÉRREZ SALVADOR (doc. núm. 64510.8)
• Centro escolar: IES Ánxel Fole. Lugo
• Clase: 2º da ESO
• Profesora que supervisou ao gañador: D.ª Carme Millares Fernández
 
Persoa finalista: IRENE LÓPEZ GONZÁLEZ (doc. núm. 64471)(alumna de 2º da ESO no CPR La Merced. Sarria. Lugo)
 
CONCURSO DE EXPRESIÓN LIBRE:
Persoas gañadoras: LARA RUBAL OTERO, CRISTIAN VIZCAÍNO RODRÍGUEZ E PATRICIA MARTÍNEZ PAZ  (doc. núm. 64518.1)
• Centro escolar: IES San Rosendo. Mondoñedo. Lugo.
• Clase: 3º B da ESO
• Profesora que supervisou aos gañadores: D.ª Amparo Bermúdez González
 
Persoa finalista: RAQUEL FERNÁNDEZ BARREIRO (doc. núm. 64401.15 )(alumna de 4º da ESO no CPI Covaterreña. Baiona. Pontevedra).
 
Finalmente, o Xurado propón unha mención especial para as seguintes persoas:
 
ÁLVARO PAZOS FERNÁNDEZ (doc. núm. 64554.2)(alumno de 2º ciclo no Centro de Educación Especial Saladino Cortizo. Vigo)

SARA PEDRIDO GARCÍA (doc. núm. 64552.17) (alumna no Centro de Educación Especial Príncipe Felipe. Pontevedra)
 

Os traballos gañadores e finalistas pódense consultar en: http://concursoescolarparlamentodegalicia.blogspot.com/
 
 
 
 

Imaxes relacionadas