saltar ao contido

Suspéndense as comisións previstas para hoxe no Parlamento tralo falecemento do conselleiro de Facenda

 
 
Santiago, 7 de outubro de 2021.- As sesións da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e da  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, previstas para esta mañá no Parlamento de Galicia foron suspendidas por acordo dos grupos parlamentarios como mostra de pesar polo falecemento, onte mércores, do conselleiro de Facenda da Xunta, Valeriano  Martínez.
 
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, amosuse “consternado” logo de coñecer o falecemento do conselleiro na tarde de onte e trasladou o seu pesar á familia e colaboradores de Valeriano Martínez.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

Últimas Novas

saltar ao pe de páxina