Pilar Rojo anima a doar sangue como mostra de solidariedade

Santiago, 22 de marzo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, aproveitou a visita que  unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia efectúa hoxe á Cámara lexislativa para animar ao conxunto dos cidadáns a doar sangue, unha expresión “noble e solidaria”, dado que o sangue non se fabrica.
 
Por iso, explicou, Rojo Noguera, o Parlamento de Galicia  comprácese de recibir a visita da unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia e séntese honrado por poder participar activamente neste tipo de campañas, “porque doando sangue estamos poñendo o noso particular grao de area para salvar unha vida”.

Imaxes relacionadas