Unha unidade móvil do Centro de Transfusión visita mañá o Parlamento de Galicia coincidindo coa celebración dun Pleno ordinario

 

Santiago, 21 de marzo de 2011.- Deputados, funcionarios e xornalistas acreditados terán oportunidade de doar sangue na unidade móbil do Centro de Transfusión que durante a xornada de mañá, martes, se desprazará ao recinto do Parlamento de Galicia, na primeira xornada do Pleno ordinario desta semana.
 
A unidade móbil permanecerá estacionada a carón da entrada principal do Parlamento de Galicia entre as 09,30 e as 15,00 horas deste martes.
 
Esta campaña enmárcase dentro do programa de recollida de doazóns de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade.
Obxectivos inmediatos
 
O principal obxectivo desta campaña de doazón, que achega a unidade móbil ata o Parlamento de Galicia, é convertelo nun novo punto de referencia para o desenvolvemento periódico de campañas de doazón de sangue.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas