Pilar Rojo traslada ao embaixador de Xapón a solidariedade e condolencia do Parlamento de Galicia

Remitiu unha carta ao diplomático nipón na que tamén lle informa do minuto de silencio gardado no Pleno do pasado martes
<p class='clearfix'></p>

Santiago, 18 de marzo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, trasladou hoxe ao embaixador de Xapón en España a condolencia e solidariedade da Cámara lexislativa autonómica logo da catástrofe que asola a ese país asiático.

A mensaxe está recollida nunha carta enviada hoxe por Rojo Noguera ao embaixador nipón, na que tamén lle informa do minuto de silencio gardado o pasado martes no Parlamento de Galicia, antes de iniciar o Debate sobre o Estado da Autonomía,  en memoria das vítimas da traxedia e como sinal de solidariedade con toda a sociedade xaponesa.

“Saiba, señor embaixador, que o noso pensamento e os nosos desexos dunha pronta recuperación destas dificultades os acompañan permanentemente”, conclúe a misiva remitida por Rojo Noguera.


Imaxes relacionadas