Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, do 10 de marzo de 2011

08/PNP-0954 (57209)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román, e dous deputados máis
  
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Fomento da incorporación da autoestrada AP-53 ao Plan de rescate das autoestradas previsto nos orzamentos do Estado para 2011, co fin de posibilitar a rebaixa da peaxe para os seus usuarios
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 396, do 26.01.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno central (Ministerio de Fomento) que incorpore a AP-53 no Plan de rescate das autoestradas previsto nos orzamentos do Estado para 2011, de xeito que se faciliten axudas á concesionaria desta vía orientadas á rebaixa da peaxe para os usuarios."

08/PNP-1009 (59100)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Veira, Pedro Manuel
  
Sobre o mantemento pola Xunta de Galicia do recurso interposto diante do Tribunal Europeo contra o coñecido como Decreto do carbón, en tanto non se garanta a viabilidade e os postos de traballo que xeran as centrais térmicas galegas, así como a disposición ao diálogo co Goberno central para buscar solucións
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 411, do 16.02.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Que manteña o recurso interposto ante o Tribunal Europeo contra o coñecido como Decreto do carbón, en tanto non se garanta a viabilidade das térmicas galegas e os seus 3.000 postos de traballo que xera en emprego directo e indirecto.
 
2.- Manter a disposición ao diálogo co Goberno central para buscar saída aos problemas das comarcas térmicas e as actividades de transporte e portuarias asociadas."
 

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2011
 

Imaxes relacionadas