Acordos da Comisión 7ª. Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o día 28-03-2019

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 28 de marzo de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 44968 (10/PNC-003616)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre a recuperación pola Consellería do Medio Rural do servizo de recollida e xestión de plásticos de uso agrícola procedentes de silos, invernadoiros e hortas, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1.-  Estudar a implantación de medidas  para  colaborar  cos  concellos  na  recollida  e transporte dos plásticos de orixe agrícola.
 
2.- Facer unha campaña de concienciación entre gandeiros e gandeiras e agricultores e agricultoras para aumentar o volumen de plástico que se está a recoller e para a súa axeitada xestión.”

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 44051 (10/PNC-003525)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Fernández, Raúl e Pérez Seco, José Manuel
Sobre a modernización das estruturas produtivas agrarias e gandeiras coa finalidade de medir a consecución do obxectivo da incorporación da mocidade ao mercado laboral para facilitar o cambio xeracional
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a apostar pola modernización das estruturas produtivas agrarias e gandeiras, cun seguimento público e verificable no relativo aos seus resultados anuais, coa finalidade de medir a consecución do obxectivo  da  incorporación  da  mocidade  ao  mercado  laboral  para  facilitar  o relevo xeracional."
 
- 45007 (10/PNC-003623)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 12 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en canto ao fomento da modernización das explotacións agrícolas e gandeiras a través da innovación tecnolóxica e a dixitalización
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar fomentando a modernización das explotacións coa introdución de novas solucións tecnolóxicas, a través do fomento e posta en común do coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas, gandeiras e do rural de Galicia”.
 

Imaxes relacionadas