Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, do 28-02-2019

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 28 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 43165 (10/PNC-003475)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Oubiña Solla, Rosa e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central co fin de simplificar a realización dos trámites administrativos que teñen que facer os operadores vitivinícolas
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Poñer en marcha os mecanismos necesarios para facilitarlle e simplificar aos operadores vitivinícolas a realización dos trámites administrativos que teñen que realizar.

2.- Solicitarlle ao Ministerio a modificación da aplicación INFOVI a efectos de simplificar a tramitación das declaracións que están obrigados a presentar os operadores vitivinícolas.

3.- Instar ao Ministerio á creación dun grupo de traballo implicando tamén a Comunidades Autónomas, Consellos Reguladores e a representantes expertos dos operadores do sector que aborde a simplificación administrativa de maneira pormenorizada, co compromiso de levar a cabo a mesma."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 45235 (10/PNC-003640)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 6 máis
Sobre o mantemento polo Goberno galego das medidas e protocolos establecidos para acadar a erradicación da couza guatemalteca da pataca
BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir coas medidas e protocolos establecidos na loita contra a couza da pataca para conseguir a súa erradicación."
 
- 45361 (10/PNC-003647)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e Sánchez García, Antón
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia dos medios humanos e materiais necesarios á Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de Limia
BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dotar de suficientes medios materiais e humanos a Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Xinzo de Limia."
 
- 45797 (10/PNC-003689)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Fernández, Raúl e Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre o remate pola Xunta de Galicia do proceso de concentración parcelaria do monte nas parroquias de Figueiras e Villestro, no concello de Santiago de Compostela
BOPG n.º 434, do 20.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que remate o proceso de concentración parcelaria do monte nas parroquias de Figueiras e Villestro, do concello de Santiago de Compostela, iniciado no ano 1991 e coas bases definitivas aprobadas desde 2009."

Imaxes relacionadas