Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de xaneiro de 2019


 
4.2 34672 (10/PNP-002600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para favorecer o esclarecemento do accidente ocorrido no marco do festival "O Marisquiño", na cidade de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia    insta  á  Xunta  de  Galicia  a  dirixirse  ás  Administracións competentes  para  que  fagan  pública  toda  a  documentación  pertinente,  así  como  os informes en virtude dos cales se deu a autorización para a celebración do concerto do pasado  día  12  de  agosto  en  Vigo,  a  fin  de  que  se  garanta  a  transparencia  das actuacións das administracións dentro das súas respectivas competencias e favorecer o  esclarecemento  do  ocorrido  no  terrible  accidente  no  marco  do  festival  de O Marisquiño na cidade cidade de Vigo”.
 
4.8 43429 (10/PNP-003246)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 10 máis
Sobre o apoio do Parlamento de Galicia á Xunta de Galicia na súa petición ao Goberno de España dunha resposta inmediata á proposta de establecemento dun marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas electrointensivas
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia apoia á Xunta de Galicia na súa petición ao Goberno de España   dunha    resposta    inmediata    á    proposta    consensuada    coa    industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas, a través de: 
 
1. Implantación  inmediata  dun  Estatuto  da  Industria  Electrointensiva  que  debe  definir diferentes  tipos  de  electrointensivas, diferenciando ás industrias hiperelectrointensivas en  función  tanto  da  intensidade  da  enerxía  que  consomen  para  desenvolver  a  súa actividade como dos diferentes períodos nos que se distribúe este consumo.
 
2. A redución dun 90% das peaxes de acceso na parte relativa ao custo do transporte, sempre  que  os  consumos  sexan  estables  ou  anticíclicos,  e  que  máis  do  55%  dos consumos anuais prodúzanse en período 6.
 
3. Convocatoria das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 ao  comezo   da   anualidade   orzamentaria   cunha dotación suficiente que permita compensar os sobrecustos  do  ano en curso e que  sexa  acorde  cos  máximos autorizados pola normativa europea aplicable. Estas axudas deberían ser pagadas con periodicidade trimestral.
 
4. Exención  do  custe  regulado  correspondente  aos  custos  de  pagos  por  capacidade, así  como  das  achegas  destinadas  ao  financiamento  do  Fondo  Nacional  de  Acción  de Eficiencia Enerxética.
 
5. Elaboración   dun   estudo   das   perdas   técnicas   de   enerxía   que   son   realmente soportadas polos consumidores electrointensivos, dándolle a posibilidade de optar, ben pola  aplicación  dos  coeficientes  de  perdas  de  enerxía  actualmente  imputada  a  cada período, ben pola aplicación das perdas técnicas efectivamente producidas.
 
6. E que estas se apliquen con carácter retroactivo desde o pasado 1 de xaneiro”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas