Acordos acadados na Comisión 8ª Pesca e Marisqueo, celebrada o día 25.01.2019


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 25 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
 
Aprobación sen modificacións
 
- 36688 (10/PNC-002942)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno central para a reconsideración da decisión de incluír a quenlla entre as especies de maior protección
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno Central a reconsideración da decisión de incluír entre as especies de maior protección ao abeiro da Convención sobre a Conservación de Especies Migratorias e á elaboración de informe sobre a súa abundancia, xestión do recurso e posibilidades de captura."
 
- 41464 (10/PNC-003381)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a implantación, nos centros existentes na Mariña lucense, de ciclos de formación náutico-pesqueira e de formación profesional dual
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a elaborar e desenvolver da man do sector, una planificación que permita fornecer de formación náutica-pesqueira para os profesionais da Mariña lucense, no que se contemple a emisión de Certificados de Profesionalidade Marítimo-Pesqueira, organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias e analizar a disposición da demanda para a implantación nos centros existentes da Mariña de ciclos de formación náutico-pesqueira e da Formación Profesional dual como a que xa está a funcionar."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39771 (10/PNC-003199)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a dotar os mariscadores da ría do Burgo dun posto de control coas condicións mínimas exixibles, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co período de cobro da prestación por cesamento de actividade por presenza de toxinas
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dotar aos mariscadores da Ría do Burgo dun posto de control que reúna as condicións mínimas esixíbeis."
 
- 41743 (10/PNC-003401)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Miranda Pena, Flora María
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación co desemprego xuvenil no sector pesqueiro
BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar os recursos e plans para mellorar e facilitar a incorporación de xente moza ao sector do mar."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 38068 (10/PNC-003051)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas necesarias para paliar a situación de inseguridade existente no porto de Laxe e ofrecerlles aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio axeitado
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego, para que, á vista da grave situación de risco no peirao de laxe, adopte urxentemente as medidas que sexan necesarias para paliar esa situación de inseguridade, ofrecendo aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado."
 
- 42419 (10/PNC-003434)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia a Portos de Galicia en materia de transparencia e publicación da información sobre a súa xestión
BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos *** deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Transmitir a Portos de Galicia a necesidade de que toda a información dispoñible sobre a xestión da institución se atope ao servizo da cidadanía e conte cun acceso fácil e rápido.
2. Esixir a Portos de Galicia a publicación de todos os Informes de Xestión a partir do ano 2013."

Imaxes relacionadas