Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 21-01-2019


A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 39639 (10/PNC-003184)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coas intencións de Alcoa de pechar as súas factorías da Coruña e de Avilés
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación por puntos a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 44134) e a autoemenda do G.P. de En Marea (doc. núm. 43969) e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento galego insta ao Goberno do Estado a que, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Goberno do Principado de Asturias e os sindicatos asinantes do Acordo entre os representantes legais dos traballadores a Alcoa, realicen os esforzos necesarios para levar a cabo as seguintes actuacións:
 
- Buscar, identificar e captar investidores industriais que engadan valor e poidan iniciar a súa actividade nas instalacións existentes en A Coruña e Avilés antes do 30 de xuño de 2019. Para iso, activarán tamén os instrumentos públicos de apoio ao investimento e de acompañamento ao investidor.
 
- Promover medidas de política industrial que contribúan ao mantemento das capacidades industriais e laborais en ambas zonas en pro dun desenvolvemento económico sostible.
 
- Que estas actuación teñan como obxectivo principal garantir a continuidade do emprego en ambas plantas, así como o seu impacto indirecto.
 
- Desenvolver, neste mesmo período de tempo, o Real Decreto Lei 20/2018, de 7 de decembro, para garantir un marco enerxético estable, predicible e competitivo para a industria electrointensiva.
 
- Instar aos Ministerio de Industria e Transición Ecolóxica a preparar e establecer, no período de 5 meses, unha nova regulación enerxética (Estatuto das empresas electrointensivas) similar a de outros países europeos, que faga viables esta o outras industrias electrointensivas.
 
- Instar aos Ministerio de Industria e Transición Ecolóxica a execución inmediata e completa da partida orzamentaria de 2018 de 150 M, xa convocada, para mellorar a viabilidade da industria electrointensiva. Do mesmo xeito modificar a partida orzamentaria dos Orzamentos do Estado de 2019 23 425A 471 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, mantendo como mínimo  o mesmo orzamento de 150 M que no ano 2018."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39516 (10/PNC-003171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coas condicións de acceso de Galicia aos recursos económicos dispoñibles para as comarcas mineiras do Estado e a súa inclusión no novo marco para unha transición xusta e un desenvolvemento sustentable desas comarcas, así como as achegas do Plan do carbón 2006-2012 que lles corresponden ás bisbarras das Pontes e de Cerceda
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixial pola unanimidade  dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego acorda instar a Xunta de Galiza a cooperar cos municipios e axentes sociais implicados e dirixirse ao goberno central demandando:
 
1. A inclusión de Galiza no ámbito xeográfico enunciado no artigo 4.1 do Real Decreto 675/2014 en condicións de igualdade de acceso para os recursos dispoñíbeis para as comarcas mineiras do Estado.
 
2. Incluír a Galiza en condicións de igualdade no novo acordo marco para una transición xusta da minaría do carbón e o desenvolvemento sostíbel para as comarcas mineiras para o período 2019-2027."
 

- 39973 (10/PNC-003217)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Industria e Turismo en relación coa situación na que se atopa a empresa Isowat Made, do grupo Invertaresa, asentada no polígono de Agrela, na Coruña
BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 44136) e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1.- Seguir coas actuacións que leva a cabo desde o comezo da situación complexa que atravesa Isowat Made na cidade da Coruña encamiñadas a busca de solución viablbes que faciliten o mantemento dos postos de traballo asociados e dean continuidade ás achegas tecnolóxicas que fai a empresa.
 
2.- Instar ao Ministerio de Industria e Turismo para que colabore nas iniciativas necesarias para dar solución á situación da empresa.
 
3.- Solicitar ao administrador concursal a segregación da actual Isowat Made en dúas compañías diferenciadas, Isowat e Made, para buscar solución independentes para cada una delas.
 
4.- Desenvolver as actuacións necesarias para atopar un inversor ou posible comprador que posibilite un novo futuro á compañía. Contemplando as posibles garantías financeiras ou outras iniciativas financeiras entre as que dispoñe o IGAPE."
 

- 40008 (10/PNC-003221)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para minimizar o impacto que vai ter o "Brexit" para as empresas galegas, nomeadamente para as pemes
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Poñer en marcha un diagnóstico transversal, centrado sobre todo nas Pemes, e que abranga os ámbitos financeiros, laboráis e de innovación, sobre os impactos que o "Brexit" terá na actividade empresarial de Galicia.
 
2. Desenvolver una campaña informativa sobre as consecuencias da saída do Reino Unido dirixida especialmente as Pemes, onde se informará sobre medidas e plans de continxencia dependendo do sector ao que pertenzan.
 
3. Establecer liñas específicas de colaboración co gobernó de España a hora de desenvolver estas iniciativas."

Imaxes relacionadas