Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 30-10-2018

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 30 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 31347 (10/PNC-002534)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 4 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia, dentro do nodo de interoperabilidade Pasaxe!, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e os colexios profesionais implicados, da implantación dunha plataforma electrónica de tramitación de licenzas e doutras tramitacións urbanísticas
BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a impulsar, dentro do nodo de interoperabilidade Pasaxe!, en colaboración coa Fegamp e colexios profesionais implicados, a implantación dunha plataforma de tramitación de licenzas e doutras tramitacións urbanísticas, que favoreza o traballo en rede para realizar os trámites administrativos de solicitude, seguimento e resolución de licenzas e autorizacións de obras, así como normalizar e simplificar os procesos de visado, validación e supervisión técnica efectuados polos colexios profesionais."
 
- 36367 (10/PNC-002918)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ás deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra, como organismos titulares da ponte de Catoira, da execución das actuacións necesarias para garantir o bo estado e a durabilidade da ponte, así como a seguridade viaria das persoas usuarias
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Deputación Provincial da Coruña e á Deputación Provincial de Pontevedra para que, como organismos titulares da Ponte de Catoira, acometan as actuacións necesarias para garantir o bo estado desta infraestrutura.
 
Específicamente, precísase que as deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra:
 
- Realicen urxentemente una análise estrutural en profundidade e executen as obras que dela se deriven.
- O compromiso de establecer un calendario de inspeccións periódicas a futuro.
 
Todo de cara a garantir a seguridade viaria dos usuarios e a calidade da propia ponte, asegurando tamén así a súa durabilidade."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36255 (10/PNC-002909)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre as demandas que se deben realizar ao Parlamento Europeo e ao Goberno central en relación coa inclusión do corredor Galicia-Portugal (Vigo-Leixões-Porto) no corredor atlántico ferroviario de mercadorías, así como co impulso da mellora da conexión ferroviaria Vigo-Porto
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 39477, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Demandar do Goberno do Estado o impulso da mellora da conexión ferroviaria Vigo-Porto, dotándoa de recursos orzamentarios, solicitando adicionalmente o financiamento á Unión Europea para iso. Entre outras medidas que se poidan impulsar, solicitarase ante o Parlamento Europeo a súa inclusión como parte da rede básica da rede transeuropea de transporte.
 
- Dar traslado do presente acordó á Comisión Europea, Parlamento Europea, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento Europeo."

- 38178 (10/PNC-003058)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a asunción por parte da Xunta de Galicia, antes do remate de 2018, do trinta e cinco por cento do investimento necesario para a creación da primeira vía verde ferroviaria que vai discorrer entre Vilagarcía de Arousa e Portas
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 39478, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, antes de que remate o ano 2018, asine un convenio entre Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, no que se recollan os compromisos de actuación de todas as partes, incluída a asunción polo Goberno galego do 35% do investimento, e un calendario de execución para a creación da primeira vía verde ferroviaria, que discorrerá entre Vilagarcía de Arousa e Portas, na provincia de Pontevedra."

Imaxes relacionadas