Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de outubro de 2018


 
3.1 34727 (10/PNP-002608)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Agricultura e Pesca para contrarrestar o efecto das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  reclamar  do  Ministerio  de Agricultura   e   Pesca   que   desenvolva   unha   estratexia   de   comunicación   para contrarrestar  o  efecto  que  está  tendo  esta  confusión  sobre  as    medidas  adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis”.
 
 
3.5 36986 (10/PNP-002764)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas axudas de compensación por custos adicionais incorridos por industrias electro-intensivas, previstas na disposición adicional centésima cuadraxésima quinta da Lei de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, por importe de 150 millóns de euros
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que requira do Goberno do Estado:
 
1. Que  poña  en  marcha  e  antes  da  finalización  da  anualidade  orzamentaria  2018 as  compensacións  previstas  na  disposición  adicional  centésima  cuadraxésima quinta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 por importe de 150 millóns de euros. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
2. Que,  para  o  exercicio  2019  e  seguintes,  se  implante  un  novo  réxime  de compensación   por   custos   adicionais   incluídos   no   prezo  da   electricidade soportados pola industrias  electro-intensivas. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para a viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
3. Que   para   os   anos   sucesivos   se   establezan   todos   os   mecanismos   de compensación   necesarios, previo acordo coas Comunidades Autónomas afectadas,   para   que   este   tipo   de   industrias   compitan  en igualdade de condicións coas súas homólogas europeas. Estas compensacións deberán estar condicionadas a inversións para a viabilidade tecnolóxica futura das factorías e o mantemento do emprego.
 
4. Demandar a empresa Alcoa a súa reconsideración e retirada do expediente de extinción de emprego sobre a totalidade da plantilla na súa factoría de A Coruña, tentado buscar solucións entre todos os axentes políticos, económicos e sociais afectados, e a abrir unha mesa de negociación con todas as partes implicadas para buscar unha solución. Solucións que teñen que presentar liñas de actuación adecuadas e de futuro que garantan o mantemento da producción e o emprego en factoría de A Coruña”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas