Convocatoria de Sesión Plenaria para o vindeiro martes, 16 de outubro

A Presidencia, de conformidade co disposto nos artigos 53 e 98 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 16 de outubro de 2018, ás 12:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de outubro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único: Debate e votación do límite máximo de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 38569, 10/LGNF-000003, BOPG núm. 369, fasc. 4, do 11.10.2018)
 
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Imaxes relacionadas