Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisquero, celebrada o 20-09-2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 15469 (10/PNC-001341)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia de defensa da posición de Galicia ante o marco decisorio europeo para adaptar a normativa de medidas técnicas para o sector pesqueiro ás necesidades galegas
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver unha estratexia de defensa de postura de Galicia, manifestada polo Consello Galego de pesca, diante do marco decisorio europeo para adecuar ás nosas necesidades a normativa de medidas técnicas aplicables á pesca."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28954 (10/PNC-002292)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o inicio das obras do Plan de rexeneración da ría do Burgo e a recuperación dos bancos marisqueiros, así como a súa dragaxe e todas as actuacións necesarias para o seu saneamento integral
BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
Reclamarlle ao goberno do Estado que execute no máis breve prazo de tempo posible as partidas económicas que aparecen nos Orzamentos Xerais do Estado do 2018 e que inclúa nos Orzamentos Xerais do 2019 o montante económico complementario necesario para executar o calendario de actuacións, e que fixe prazos reais -a través do BOE e do DOG- que permitan o inmediato inicio das Obras do Plano de Rexeneración da Ría e Recuperación dos bancos marisqueiros, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as acción necesarias para o seu saneamento integral".
 
- 33172 (10/PNC-002713)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos requisitos que debe cumprir a botica de primeiros auxilios obrigatoria exixida na actualidade nas embarcacións da frota de baixura e a certificación anual da súa idoneidade
BOPG n.º 335, do 11.07.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a realizar os trámites oportunos que permitan á flota de baixura reducir as esixencias do actual botiquín obrigatorio, así como estudar a posibilidade de que a súa revisión anula se poida realizar nas farmacias do país."
- 34153 (10/PNC-002779)

Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a actuación da Xunta de Galicia destinada a iniciar unha campaña de información sobre os métodos de eliminación do parasito anisakis, tanto nas lonxas e puntos de venda como a través de elementos especiais na corporación pública, co obxectivo de eliminar os prexuízos que as alarmas inxustificadas producen ao sector
BOPG n.º 350, do 03.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a iniciar de inmediato una campaña de información veraz sobre os métodos de eliminación do parasito anisakis, tanto nas lonxas e puntos de venda, como a través de elementos especiais na corporación pública (radio e televisión de Galicia), co obxectivo de eliminar os prexuízos que as alarmas inxustificadas producen ao sector."
 

Imaxes relacionadas