Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada o 20-09-2018

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de setembro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 

 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 24681 (10/PNC-001936)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 7 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Enerxía e Turismo e a Turespaña da execución das obras de recuperación e restauración necesarias no tramo da muralla de Monforte de Lemos comprendido entre a torre da Homenaxe e a porta Nova, e da súa titularidade
BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Dirixirse ao Ministerio de Enerxía e Turismo, e a Turespaña, a fin de que procedan a acometer as obras de recuperación e restauración que resulten procedentes, no tramo da muralla de Monforte de Lemos, da súa titularidade, comprendido entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova e a dotar para tal efecto unha partida económica específica nos vindeiros orzamentos do Estado.
 
2.- A seguir cumprindo coa maior dilixencia as súas competencias sobre o patrimonio cultural de Galicia, e colaborar económica e administrativamente co Concello de Monforte, para garantir a rehabilitación e conservación da muralla, dotando as partidas económicas necesarias para atender os acordos de colaboración que se acaden respecto das actuacións que proxecte o Concello na súa condición de titural da mesma."
 

Imaxes relacionadas