Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 19-09-2018

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 19 de setembro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 34476 (10/PNC-002798)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre medidas conducentes a paliar as altas temperaturas que se producen no Hospital Provincial de Pontevedra
BOPG n.º 350, do 03.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a tomar todas as medidas precisas para evitar as altas temperaturas dentro do Hospital Provincial de Pontevedra, para o conxunto das persoas e persoal do Hospital e non só para as zonas sensíbeis”.

Imaxes relacionadas