Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 7 de setembro de 2018

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 7 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 33338 (10/PNC-002729)

Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e dous deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co uso como vivenda por un particular do inmoble propiedade da Xunta de Galicia coñecido como "casa da Pedragueira",” no lugar de Ribeira, Reis, no concello de Teo
BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a restablecer o uso do inmoble como base operativa para o persoal e medios adscritos ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, que exercen as súas función e cometidos no ZEC ULLA-Deza do Distrito XVI."

Imaxes relacionadas