Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 14 de febreiro de 2018

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 14 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 23777 (10/PNC-001880)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia dos traballos para a elaboración dunha nova Lei do xogo
BOPG n.º 251, do 01.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 2 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar os traballos para a elaboración dunha nova Lei de xogo que substitúa a normativa en vigor, de xeito que se actualicen os seus preceptos e se recollan as necesidades da sociedade dos nosos días, mantendo os imprescindibles controis que corresponden á Administración, na procura da consecución dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable."
 
 

Imaxes relacionadas