Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de febreiro de 2018

4.6 22988 (10/PNP-001685)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a pena de cadea permanente revisable introducida no ordenamento xurídico español pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de noviembre, do Código penal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“PRIMEIRO.- O  seu  apoio  á  figura  da  prisión  permanente  revisable  incorporada  ao ordenamento xurídico español pola Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que semodifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal.
 
SEGUNDO.-Instar  aos  diferentes  Grupos  Parlamentarios 
con  representación  no Congreso  dos  Deputados  a  que  reconsideren a  súa  postura  sobre  a  derogación  da prisión permanente revisable.
 
TERCEIRO.- Dar  traslado  destes  acordos  ao  Ministro  de  Xustiza  e  aos  Grupos Políticos do Congreso do Senado”
 
4.7 23160 (10/PNP-001691)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas necesidades existentes e as melloras necesarias no transporte ferroviario entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.-  Esixir do Goberno  central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego para evitar a actual e evidente situación de discriminación  que se ve en función do lugar de residencia dos galegos e galegas.
 
2.- Solicitar do Goberno central unha amliacion das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.
 
3.-   Reformular  os  termos  e  condicións  dos  bonos  de  transporte  Abono  Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe  a  partir  da  data  da  primeira  formalización  da  reserva,  de  forma  que  se  poida empregar en máis tempo que na actualidade.
 
4.- Ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago para mellorar a mobilidade e entre as poboacións intermedias de acordo coa demanda”.

4.8 23560 (10/PNP-001707)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 5 máis
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno do Estado da aplicación, nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países terceiros (que non pertenzan á UE nin ao EEE) nos que resida o causante, o herdeiro ou o donatario, ou no que se atope un inmoble obxecto de doazón, do mesmo criterio que para o caso de residentes na Unión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
O texto aprobado é o seguinte: 
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado:
 
1. Que  nos  casos  de  herdanzas  ou  doazóns  con  residentes  en países  terceiros (que  non pertenzan á UE nin ao EEE), nos que resida o causante, o herdeiro ou o donatario, ou no que se  atope  un  inmoble  obxecto  de doazón,  se  aplique  o mesmo criterio  que  para  o  caso  de residentes  na  Unión  Europea,  en  definitiva  que  tributen  no  ISD  de  acordo  coa  normativa  da Comunidade Autónoma e non a estatal.
 
2. Que  se  ceda  ás  Comunidades  Autónomas  o  rendemento  do  imposto  sobre  sucesións  e doazóns  nestes  casos,  comprendendo  tamén  esta  cesión  a  delegación  das  competencias  de xestión, recadación, inspección e revisión correspondentes”.
 
 
 

Imaxes relacionadas