Acordos da Comisión 2ª., Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do día 3 de outubro de 2017

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de outubro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 15503 (10/PNC-001343)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 8 máis
Sobre a mellora polo Goberno galego do trazado da rede autonómica de estradas no eixe Palas de Rei-Friol-Begonte
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar o trazado da rede autonómica de estradas no eixo Palas de Rei-Friol-Begonte."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 642 (10/PNC-000037)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do incremento das frecuencias e horarios do eixo atlántico ferroviario A Coruña-Vigo
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno do Estado incrementar as frecuencias e axustar horarios do Eixo Atlántico ferroviario A Coruña-Vigo ao ritmo que as demandas e as necesidades dos cidadáns o requiran".
 
- 15816 (10/PNC-001356)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a solicitude polo Goberno galego ao Ministerio de Fomento da reconversión da antiga vía férrea entre Pontevedra e Arcade, actualmente en desuso, en Vía verde para uso peonil e ciclista, así como a actuación que debe levar a cabo en relación coa redacción do proxecto construtivo e a súa xestión e conservación
BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno a:
 
1.- Solicitar ao Ministerio de Fomento a reconversión en vía verde para uso peonil e ciclista dos treitos da antiga vía férrea entre Pontevedra e Arcade e entre Chapela e Vigo, actualmente en desuso.
 
2.- Colaborar cos concellos de Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa, Redondela e Vigo, e coa deputación de Pontevedra, na redacción dun proxecto construtivo e no estudo dunha estrutura administrativa para a xestión e conservación desta vía que discorre polos concellos citados."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 10277 (10/PNC-001064)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de impulsar a obriga de integrar a perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanístico
BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar un documento guía que sirva de base e ferramenta para todos os técnicos e técnicas involucradas nos procesos de creación de novos ámbitos urbanos ou rexeneración dos existentes, co fin de impulsar a obriga de integrar a perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanístico, desde o deseño, a participación, a planificación e a execución, ata a avaliación e o seguimento."

Imaxes relacionadas