O presidente do Parlamento de Galicia recibe ao secretario xeral de Kontseilua e ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística


 

Santiago, 20 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde ao  secretario xeral de Kontseilua (consello de organismos do éuscaro), Paul Bilbao, e ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, que lle fixeron entrega do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos.
 
Tamén participou no encontro Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, entidade que convidou a Paul Bilbao a a efectuar esta visita a Galicia.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas