Acordo da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 11 de abril de 2017

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 11 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 4064 (10/PNC-000379)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia, en colaboración con outras institucións e entidades sen ánimo de lucro dedicadas á protección dos menores, para desenvolver políticas a prol de previr e acabar coa lacra do abuso sexual infantil en Galicia e as actuacións diante do Goberno español para realizar un cambio necesario na lexislación co fin de que non sexa requisito o consentimento de ambos os proxenitores para a intervención psicolóxica de urxencia
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:

" A) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
- Realizar  campañas  de  prevención  da  desprotección  infantil,  en  especial  do maltrato e do abuso sexual.

- Planificar e  programar  accións formativas en materia de valoración e intervención do maltrato infantil e do abuso sexual infantil.

- Actualizar o Protocolo de Actuación en Abusos Sexuais a Menores.

- Desenvolver un programa de asesoramento e coordinación de actuacións na atención do maltrato e o abuso sexual infantil.
 
B) O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para realizar unha revisión da lexislación en materia de consentimento dos proxenitores para garantir a adecuada protección da infancia e garantir o interese superior do menor.
 
C) Impulsar un programa específico de asesoramento e coordinación de actuacións na atención do maltrato e o abuso sexual infantil, contando coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención e protección á infancia".


Imaxes relacionadas