Acordo da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 7 de abril de 2017

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa
sesión do 7 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 5989 (10/PNC-000591)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da autorización legal necesaria que lles permita ás entidades locais o investimento do seu superávit orzamentario no ano 2017 sen ter que xerar ingresos polo mesmo importe
BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que leve a cabo una revisión do deseño e aplicación da regra de gasto seguindo os criterios e normas aprobados no eido da Unión Europea e tendo en conta criterios de estabilidade orzamentaria e de sostibilidade financeira das administracións públicas."

Imaxes relacionadas